Páginas

31 de marzo de 2015

Os contos que contan, 2015.

Un ano máis os Concellos de Barro e Portas veñen de convocar o popular concurso de contos "Cóntame un conto veciño".
Desde a biblioteca do cole animamos a toda a comunidade educativa a participar. Recordade que o plazo de entrega remata o luns, 27 de Abril.
Si premedes na imaxe, podedes acceder ás bases da convocatoria.
Cartaz do concurso.

Un saúdo.
MIMI.

19 de marzo de 2015

Recitamos os nosos poemas.

Celebramos, como cada 21 de marzo, o Día da Poesía lendo os poemas que elaboramos para participar no Concurso de Micropoemas Terras do Umia. Ao ser festivo, adiantamos a data e fixemos a lectura o mércores 18 e o xoves 19 durante a hora de ler.
Un saúdo.
MIMI.
Martín fai lectura do seu poema aos compañeiros.
Laura le o seu poema ante os compañeiros.

15 de marzo de 2015

21 de marzo, Día da Poesía.

Este ano para celebrar o día da poesía queremos compartir con vós este recurso que nos introduce un fermoso poema de José de Espronceda que nos fala sobre a vida pirata.

Xogade e aprendédeo.



Un saudo.
MIMI.

14 de marzo de 2015

Once upon a time... ou... Había unha vez ...

Un dos traballos de ciencias do 3º nivel, partíu dunha nova no xornal. A investigación sobre o lanzamento e aterraxe no cometa 67-P da sonda espacial Roseta e o robot Philae.
Hoxe ofrecemos dous videos de animación elaborados pola Axencia Espacial Europea (ESA), responsable do proxecto.

Preparándose para a aterraxe no cometa:




A aterraxe no cometa:


Un saúdo.
MIMI.

9 de marzo de 2015

Mulleres na Historia.

Co gallo do día da muller traballadora ofrecémosvos este LIM feito por Belén Junquera para aprender e saber máis da interesante vida e oficios dalgunhas mulleres que fixeron historia. Descubre cal delas foi unha intrépida pirata.

Premede no seguinte enlace:

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2013/03/8-de-marzo-mulleres-que-fixeron-historia.html

Un saúdo.
MIMI.