Páginas

30 de novembro de 2015

A D. XOSÉ NEIRA VILAS.

 A D. XOSÉ NEIRA VILAS
IN MEMÓRIAM


Grazas, D. Xosé, por vir
o pasado día oito de abril.
Aquel si que foi un día especial:
Recibir no cole a un galego universal!

Que honra! Que emoción!
Dedicámoste ledos unha canción.

Delicado de saúde andabas
mais incansable preguntabas:
Gústavos ler? Gústavos xogar?
Ai! Con eses teus ollos de amigar.

Que honra! Que emoción!
Palpitaba forte o noso corazón.

O colexio infatigable percorriches
regalando a todos parabéns,
polos traballos feitos de espantallos
e doutros libros tamén.

Que honra! Que emoción!
Admirando todos a túa condición.

Sementaches pronto en nós
simpatía e amizade
sen esquecer, por suposto que non!
o teu exemplo de modestia e xenerosidade.

Que honra! Que emoción!
Compartir o teu tempo con nós.

Grazas, D. Xosé, por vir
aquel día oito de abril.
Grazas, D. Xosé, grazas mil,
moitas grazas por escribir.

Que honra! Que emoción!
Por sempre, no noso corazón.
Lectura da dedicatoria que nos deixou no libro de visitas.
Dedicatoria de D. Xesé Neira Vilas.



A continuación quedan os enlaces aos blogs do noso centro onde quedou recollida documentación do proxecto e a visita tan entrañable que recibimos o pasado mes de Abril.






BLOG DA BIBLIOTECA

LIBRO "Amigos"

BLOG 3º CICLO

BLOG 2º CICLO

BLOG 1º CICLO

BLOG INFANTIL "Pequecholandia"

Un saúdo.
MIMI.

25 de novembro de 2015

Concurso de Postais de Nadal, 2015

http://www.barro.es/eportal/portal/index.php?js=si&ajax=si&id_seccion=551&solo_caja=2545Un ano máis o Concello de Barro acaba de convocar o seu Concurso de Postais de Nadal a través da OMIX e Biblioteca Pública Municipal. O concurso vai dirixido aos veciños e veciñas de Barro - pequenos e maiores.

Premendo na imaxe do cartel enlazades coa súa páxina web e podedes acceder directamente ao cartel e ás bases do Concurso.

Na Biblioteca do cole recolleremos tamén postais para o concurso con data tope do 14 de Decembro, luns.

Sabedes que a gañadora aparecerá tamén no boletín de lecturas da biblioteca.
Mans á obra e ... Animádevos a participar !!  

Un saúdo.
MIMI.
 

22 de novembro de 2015

Novembro, mes da tradición oral. "IDENTIDADES"


Xustificación do proxecto

 "IDENTIDADES" é o nome do proxecto que con motivo da Semana da Tradición Oral puxo en marcha e dirixe a Biblioteca Pública e no que estamos colaborando xunto co IES de Barro.
Este proxecto trata de recopilar e plasmar nun mapa dun xeito gráfico e textual a localización de parcelas, camiños, ou zonas que non están todavía nos mapas pero que os nosos maiores coñecen e poden contar e trasmitir.
 Se premedes na imaxe superior, accederedes á paxina web.
Sheila e Begoña, monitoras da Biblioteca Pública e responsables do proxecto, viñeron á biblioteca do cole o pasado venres para amosarnos como se está desenvolvendo o proxecto, amosarnos a web e tamén como podemos colaborar.


Na pestana de "INICIO" desta web podemos explorar no mapa e buscar entre as "chinchetas" o nome das distintas parcelas que van introducindo na aplicación e van localizando.
Aparecen tamén en distinta cores aportacións de cursos anteriores coas recopilacións de refráns, ditos, contos ...
Na pestana "COLABORA" ofrece a posibilidade de cubrir direcatmente os datos nunha ficha coa nosa aportación. 
Sheila díxonos que o número da Referencia Catastral que nos piden, só se usa para poder localizar as parcelas no mapa. Non ten uso máis alá que para este fin.

Amosamos algunhas fotografías tomadas durante a súa visita.













Foi moi interesante!    Grazas Sheila!    Grazas Begoña!
E a todos/as  veciños e veciñas de Barro,...    Animádevos a colaborar!!

Un saúdo.
MIMI.

Celebramos o Magosto

Os maiores do cole, alumnos de 6º curso, adoitan axudar aos máis pequenos na preparación desta celebración. Este ano non podía ser menos e fixeron uns obradoiros para ensinar a canción e o baile así como a elaboración de cucuruchos. Premede no enlace a continuación para ver como o reflexaron eles no blog do 3º ciclo:

E chegou o gran día...!!
O pasado venres día 13 celebramos tal como anunciaban os carteis "O noso Magosto".
Organizamos a mañá para poder desenvolver distintos xogos repartidos por distintos lugares do centro e patios, cantar e bailar a cantiga todos xuntos e comer as castañas que ao longo da mañá asaron nas súas locomotoras para todos e todas nós as familias de Ángel, Tiffany, Melody e Wendy.
Estaban boísimas!!  Grazas!!
Queremos amosar os videos que preparamos coa celebración en Infantil e en Primaria.
Por cuestións organizativas só coincidimos xuntos no momento da canción, pero foi unha mañá emocionante para todos e todas nós.
Pasámolo fenomenal!!







Un saúdo.
MIMI.

11 de novembro de 2015

Xa temos carteis gañadores!!!

O Concurso de carteis do Magosto xa ten gañadores!
En primeiro lugar, queremos decir:
Grazas a todos e todas os participantes no concurso polos vosos traballos!!
Tras unha primeira selección, un cartel de cada unha das aulas do centro quedou finalista. Unha escolma de carteis que deu en reñida votación para elexir aos tres gañadores do centro.
Decimos reñida certamente, porque os tres conseguiron o mesmo número de votos. Un empate triple para o primeiro lugar.
A continuación amosamos un video que amosa os carteis seleccionados como finalistas así como os gañadores.
A NOSA NORABOA!!
Un saúdo.
MIMI.

3 de novembro de 2015

Chega o magosto !!

Xa ven aí o magosto e trae novidades.
Mirade, lede ben  o que vos digo !!




2 de novembro de 2015

O noso magosto"

O alumnado de 5º e 6º curso leva uns días preparando a interpretación desta cantiga inspirada na melodía popular galega "Na beira do mar".
Leva por título "O NOSO MAGOSTO". A letra foi escrita por alumnado do noso centro así como os acompañamentos.
Aquí vos amosamos o resultado nesta gravación para que todos e todas a bailedes na celebración do noso magosto.



Non podía faltar a continuación a letra  desta cantiga para que a vaiades aprendendo.

Un saúdo.
MIMI




CANTIGA: O NOSO MAGOSTO

(Melodía popular galega: Na beira do mar / Letra: Alumnado do CEIP Amor Ruibal)

Castañas asadas queremos comer,

castañas asadas que saben moi ben.

Que saben moi ben, que saben moi ben,

castañas asadas queremos comer.



A castaña no ourizo

quixo rir e regañou.

Caeu do castiñeiro abaixo,

vaia golpe que levou!

Caeu do castiñeiro abaixo,

vaia golpe que levou!

(Retrouso)



Imos comer as castañas

que asaron José e Isabel.

Fixemos uns cucuruchos

para non queimar os dedos.

Fixemos uns cucuruchos

para non queimar os dedos.

(Retrouso)



Que castañas saborosas!

Un aplauso para eles.

Coa barrigola cheíña,

agora a xogar contentos.

Coa barrigola cheíña,

agora a xogar contentos.

(Retrouso)

1 de novembro de 2015

Sección Familias

Unha novidade da Biblioteca para este curso escolar é a posta en marcha dunha sección da nosa Biblioteca destinada ás familias.
Situámola no recibidor da entrada principal do noso centro e aínda que non conta con moitos títulos todavía, queremos desde aquí convidar á compartir lecturas e reflexións con todos e todas os que aquí paredes.

Para ambientar este recanto tomamos como punto de partida unha actividade plástica que levamos adiante o pasado curso (2014-15)  no Mes da Biblioteca e que titulamos "Qué é para ti o colexio?"




De todos os traballos recollidos fíxose unha escolma por nivel que serviron para decorar e ambientar, como unha gran cenefa, esta sección da nosa Biblioteca. Os traballos orixinais están encuadernados como un documento de produción propia do noso centro e o podedes atopar aquí tamén.

Infantil 3 e 4 anos

Infantil 4 e 5 anos

 1º e 2º de Primaria

3º, 4º, 5º, 6º de Primaria













































En breve daremos máis información desta sección.
Un saúdo.
MIMI.