Páginas

27 de abril de 2016

Día do libro 2016.

Para a celebración do Día do libro deste ano decidimos, como contamos hai uns días nunha entrada anterior, lembrar a data da morte do ilustre escritor manchego Don Miguel de Cervantes por coincidir co 400 aniversario o día 22 de Abril.

Tivo lugar a pasada semana e contamos coa grandísima axuda dos voluntarios e voluntarias da biblioteca que durante toda a semana acudiron durante os recreos á biblioteca para realizar un obradoiro de marcapáxinas con que poder agasallar na data da celebración.

Foi moito traballo, pero o seu esforzo pagou a pena. 
O modelo ou plantilla elexida para este ano levaba dúas pezas: Un muíño (grande para os mais cativ@s ou pequeno para os maiorciñ@s) que montaron no obradoiro, e un medallón coa faciana de "Don Quijote" para que cada quen o puidera personalizar.


QUEDARON CHULÍSIMOS! 
Chegado o día, fixemos lecturas diferentes na Biblioteca do cole. Para o alumnado de Infantil, mais o 1º e 2º cursos de Primaria unha versión en verso dun fragmento da novela, "La aventura de los molinos" que disfrutaron.  Os restantes cursos de Primaria leron, guiados polas voluntarias, unha adaptación da novela de Cervantes: "Don Quijote" publicada por Renfe y El país. Resumimos todo o proceso no vídeo que acompaña.



GRAZAS A TODOS E A TODAS !!
FOI UN DÍA MEMORABLE !!
Un saúdo,
MIMI. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario