Baixo este nome recollemos no noso centro as actividades que desenvolvemos entorno á lectura de libros de contos e á celebración do Día das Letras Galegas e polo tanto das producións na nosa lingua.
No centro desenvolveremos unha morea de actividades: Contacontos, lecturas compartidas, obradoiros para facer marcapáxinas... e queremos contar tamén coa vosa participación.
Queremos contar convosco para animar aos nenos e nenas a ler.
Animádevos a preparar un conto ( o que máis vos guste) para o grupo-clase dos vosos fillos e fillas, e presentádeo na biblioteca do noso centro.
Estaremos encantados de recibirvos!
Un saúdo.
José Antonio e Yolanda, pais de Héctor (2ºB) e de Emma, alumna de 3 anos B de educación Infantil, estiveron na biblioteca do centro. Jose contoulles o conto da "Carapuchiña vermella" e tivo axuda dunha carapuchiña moi coqueta.
Os nenos e nenas gozaron co conto e cunha sorpresa que lles prepararon os pais de Enma.
Ofrecemos unha imaxe e en breve un pequeno video desta visita.
Un saúdo,
MIMI.

Grazas Jose!! Agardámoste noutra visita.
Un saúdo,
MIMI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario