Para celebrar esta data no noso centro e tal como anticipamos nunha entrada anterior, recibimos na mañá do venres a visita de José Sanmartín (Tenente Alcalde e Concelleiro de Servizos e Obras ) para presentarnos o proxecto " Revitaliza. Plan Compost " promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra e no que colabora o Concello de Barro co seu Alcalde ( Xosé M. Fdez. Abraldes) como impulsor da compostaxe comunitaria.
Asistiron tamén, para darnos unha pequena charla, Suso Iglesias e Quique Pintos, mestres composteiros de Vilaboa e Barro respectivamente.
Agradecemos á asociación ecoloxista "Amigos da Terra" a súa colaboración co préstamo dos cartaces que ambientaron a xornada e que estarán expostos na biblioteca do centro durante dúas semanas.
Convidamos a ver o vídeo que resume este acto.
Un saúdo.
MIMI
Ningún comentario:
Publicar un comentario