Nomear a Fran Remiseiro no colexio de Barro é ver a fermosa silueta en madeira policromada de MIMI, a mascota da nosa Biblioteca. Curso tras curso, sen demora e sen descanso, o noso prezado escultor (Barro, 1975) agasállanos co seu bo talante e bo facer, para que teñamos xusto a tempo a prezada xoia na entrega dos Premios MIMI, aló polo mes de maio, co gallo das Letras Galegas.
De formación autodidacta, amante da pedra e da madeira, a figuración é unha constante na súa obra, na que amosa, máis que corpos, puras emocións.
O xoves 1 de decembro, ás 20:00 horas, o artista realizará unha performance inaugural da súa exposición "De catedral en catedral".
Galería ABOUT ART.
Calle Pasantería, 9
Pontevedra.
UNHA EXPOSICIÓN QUE NON PODEMOS PERDER.
Ningún comentario:
Publicar un comentario