Con ocasión da conmemoración do Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, o venres estiveron no noso centro o Alcalde de Barro e a responsable do Programa de prevención de Drogodependencias e Conductas Adictivas do concello para facer entrega dun diploma á ganadora do "I Certame de Debuxos Saudables" no que participou o alumnado do 2º curso de Primaria, Elisa Figueiro Barreiro.
Julia, a responsable do programa, alabou a calidade dos traballos presentados ( o que supuxo unha difícil decisión para o xurado) e en especial destacou o premiado, non só pola calidade artística senón tamén por reflectir de forma moi clarificadora "hábitos e rutinas saudables"
Para seguir medrando en valores, fixéronlle tamén entrega dun magnífico libro " Manual para soñar" ( de Cristina Núñez Pereira e Rafael R. Valcarcel, editado por Palabras Aladas) coa petición de que o disfruten e que persigan os seu soños e traballen moito para acadar aquelo que máis lles gusta.
Eles aproveitaron a "hora de ler" para dar comezo coa lectura dunha das propostas: "O soño de Martina" recordando á tenista Martina Navratilova.
Unha xoia que entra nos fondos da nosa biblioteca!
Moitísimas grazas!!
Deixamos enlaces aos blogs de Primaria onde podedes ler sobre outras actividades que se desenvolveron no centro dentro dentro deste Proxecto:
Un saúdo,
MIMI
Ningún comentario:
Publicar un comentario