Páginas

29 de abril de 2017

Exposición, charla e obradoiros do CEIDA.

Esta semana recibimos no colexio os materiais do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
A exposición consta de 9 paneis informativos que estiveron nun primeiro momento no corredor de entrada dos maiores e pasaron a continuación á Biblioteca do noso centro onde estarán ata o vindeiro xoves.
O alumnado dos distintos niveis de Primaria participou nas distintas actividades que desde o equipo didáctico do CEIDA prepararon para eles.
Así, o alumnado de 1º e 2º curso participou no obradoiro "Xogando cos resíduos" consistente nun xogo chamado "O xoga da miñoca" (similar ao da Oca) nos que debían avanzar contestando aos distintos retos e preguntas que o xogo lles plantexou.
O alumnado de 3º e 4º curso recibíu unha charla informativa, "A voltas coa compostaxe" na que de forma amena lembraron e aprenderon máis cousas sobre a xestión de resíduos e a compostaxe.
O alumnado de 6º curso desenvolveu un obradoiro de investigación no que, a partir de mostras de compost, tiveron a posibilidade de analizar e visualizar con lupas e microscopio "Quen vive aí?"
Ao alumnado de 5º curso corresponderalle, a vindeira semana, presentar a exposición ao alumnado de Infantil.

Amosamos a continuación un vídeo resumo desta intensa semana de actividades.

Un saúdo, 
MIMI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario