O alumnado de 5º de Primaria participou o pasado mércores, 29 de novembro, nunha actividade coa CMVMC de Perdecanai: A plantación de castiñeiros nos terreos que esta Comunidade de Montes dispón ao pé do campo de fútbol de Outeiro.
Esta actividade está enmarcada nun proxecto de colaboración coa CMVMC de Perdecanai e que queremos estender ás outras CMVMC do Concello cun obxectivo dobre: Por unha banda implicar a nenos e nenas no coidado do seu entorno e, por outra, achegar ao alumnado a importante labor das CMVMCs como un elemento esencial da nosa cultura e tecido comunitario.
O acontecemento contou cunha testemuña de excepción: A TVG, en concreto o programa Aquí Galicia que, co gallo da II Raxofesta, fará presenza en Barro o sábado 9 de decembro no campo de fútbol de Outeiro. Haberá unha pantalla para seguir o programa en directo.
Na plantación dos castiñeiros utilizouse compost do composteiro comunitario de Barro e o alumnado tivo uns padriños de excepción: José Sanmartín (tenente de alcalde do Concello), José Güimil, José Mera, Gerino Calvo, Quique Pintos (mestre composteiro de Barro) e empregados de Escavacións Outeda e Otero Forestal.
Foi unha experiencia tan gozosa como enriquecedora e exemplar.
Moitísimas grazas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario