O pasado mércores, véspera do Día das Letras Galegas, reunímonos no ximnasio do centro durante a "Hora de Ler" para rendir a nosa pequena homenaxe a María Victoria Moreno, interpretando todas e todos xuntos a canción creada para o concurso Sondoumia: "Tecendo voces". Resultou un acto sinxelo pero moi emotivo.
"As persoas estamos feitas para levarmos adiante
os proxectos máis fermosos, dixo María Victoria Moreno"
(Retrouso da canción "Tecendo voces", cita do seu libro "Anagnórise")
Os corredores locen tamén cartaces alusivos a esta Galega de corazón que foi María Victoria Moreno.
Ademais, estanse a realizar nas aulas, ao longo deste mes, variadas actividades como podemos apreciar nos blogs dos distintos niveis:
Ningún comentario:
Publicar un comentario