Onte foi un día moi emotivo e alegre para a comunidade educativa do CEIP Amor Ruibal de Barro, que asistiu no Salón de Actos da Biblioteca Pública á entrega do XI Premio MIMI a PETER PUNK PALLASO polo seu compromiso coa lingua e cultura galega nos seus espectáculos, destinados a un público de 0 a 99 anos. O Premio consiste nunha talla en madeira de MIMI, a mascota da Biblioteca do colexio, feita polo artista de Barro, Fran Rodríguez Remiseiro.
O acto, que tamén contou coa presenza de alumnado e profesorado do IES de Barro, foi conducido polo alumnado de 5º de Primaria, responsable do proxecto, e estivo cheo de música, color, calor, amor e moito moitísimo humor. Non podía ser menos.
E, dende o momento en que PETER PUNK saíu ao escenario, as risas e gargalladas inundaron o Salón coa frescura e orixinalidade do pallaso galego máis destacado e xeneroso, agasallando ao público cunha boa mostra da súa xenialidade.

Ante a petición do alumnado, PETER PUNK posou pacientemente con todos os grupos do colexio e asinou unha fermosa dedicatoria no libro de visitas da nosa Biblioteca así como unha chea de autógrafos solicitados pola cativada.
MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Moitísimas grazas ao Concello de Barro por facilitarnos a organización do acto no Salón de Actos da Biblioteca Pública e gracias especiais a Manuel Fariña e Adrián Silva Magdalena polo seu apoio técnico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario