Hoxe ás 18:00 h bota a andar unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Nas vindeiras semanas poderemos gozar dunha chea de actividades e obradoiros relacionados cos libros e a lectura.
O tema deste ano é "O humor" e o traballo do noso centro xa está nas salas da exposición. É un libro recompilatorio de refráns e ditos no que representamos de forma gráfica o seu significado literal.
Esta semana, antes de entregalo, o alumnado participante pasou pola Biblioteca do centro para retratarse co traballo.
O resultado gustounos moitísimo!!
Parabéns, artistas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario