Páginas

7 de abril de 2020

XUNT@S CREAMOS SAÚDE

Hoxe, 7 de abril, conmemórase en todo o Mundo o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. 
Cada ano, dende o Proxecto de Prevención das Drogodependencias e Outras Condutas Aditivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas realízanse varias actividades como forma de resaltar a importancia da SAÚDE. 
Polas circunstancias nas que nos atopamos, as actividades non poden ser presenciais nos centros escolares pero si se poden realizar igualmente grazas as novas tecnoloxías. 
Por iso, propoñemos a toda a poboación e, especialmente ás familias dos cinco concellos implicados no Proxecto, a participación na actividade XUNT@S CREAMOS SAÚDE. 

Esta actividade consiste na realización dun DEBUXO que represente o que entendemos por saúde e os hábitos que a reforzan e melloran. Posteriormente, solicitamos o envío deses debuxos, escaneados ou en formato fotografía co nome e idade d@s participantes, ata o 14 de abril ao correo electrónico:
  prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es 

   Animádevos a participar!

Todos os debuxos serán utilizados para a elaboración dunha presentación sobre A SAÚDE que se subirá ás redes sociais dos cinco concellos así coma ao blog do Proxecto de prevención nas seguintes semanas.

 Aquí presentamos tamén o manifesto elaborado dende o Proxecto para esta conmemoración. A ilustración é o debuxo gañador do certame do ano pasado. A autora é Sabela García Rey, de 3º de Primaria do noso centro.
 #euquedonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario