No marco da conmemoración do Día da Poesía 2021, o alumnado de Infantil e Primaria reuniuse por quendas na nosa Biblioteca para gozar dun emotivo recital poético cun repertorio variado, no que cobraron especial protagonismo os micropoemas creados o curso anterior para o concurso Terras do Umia, que quedou truncado polo confinamento.
Xa que logo berce foi a palabra clave dos poemas creados, ambientouse a Biblioteca cun berce auténtico de máis de cen anos de antigüidade, pertencente á familia da nosa compañeira Elen.
Moitísimas grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario