Páginas

16 de outubro de 2021

VISITA DE POLO CORREO DO VENTO

O pasado xoves tivemos a sorte de recibir na nosa Biblioteca a Quique e Carlos, do equipo creativo Polo Correo do Vento, moi ben acompañados polo músico Antón Ke e a súa pulguiña cantareira (o ukelele). 

As crianzas de Infantil foron as primeiras en gozar das contadas ilustradas e musicais dos nosos amigos en dúas sesións moi divertidas, protagonizadas pola andoriña Mariquiña, a pita Agapita e a vaca Florentina, co amor e a amizade como temas principais. 


Pola súa banda, o alumnado de 4º de Primaria participou animadamente no obradoiro “Ciberseguridade con Sofía” no marco do programa “Ciberseguranza Kids” promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Dun xeito lúdico, as nenas e nenos recibiron claras recomendacións ilustradas e musicadas para navegar pola rede de forma segura e sen riscos. 

A actividade finalizou coa creación duns debuxos xeniais baixo a certeira guía do ilustrador.


Antes da despedida, os nosos visitantes asinaron no libro de honra da nosa Biblioteca.


Moitísimas grazas!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario