As mozas e mozos de 5º curso de Primaria presentaron onte a todo o alumnado e profesorado as candidaturas recibidas este ano para o XIII Premio MIMI que o noso centro concede a persoas que destacan polo uso, defensa e difusión da lingua galega. Son as seguintes:
E hoxe tivo lugar unha emocionadísima xornada electoral, na que alumnado e profesorado emitiu o seu voto. Unha vez realizado o escrutinio, deuse a coñecer a candidatura gañadora que resultou ser
TANXUGUEIRAS!!!
Moitísimos Parabéns!!!
E graciñas de corazón a todas as persoas e entidades colaboradoras que, ano tras ano, colaborades con nós para manter vivo este fermoso proxecto!!!
No seguinte vídeo podedes ver un resumo do proxecto coa presentación de candidaturas, votacións, escrutinio e proclamación da candidatura gañadora:
Ningún comentario:
Publicar un comentario