A Hora de Ler é un proxecto de animación á lectura que levamos desenvolvendo con todo o alumnado do noso centro dende hai moitos anos. Despois do tempo de lecer, dedícanse quince ou vinte minutos diarios á lectura en diversos soportes, formatos e modalidades, utilizando fondos da nosa Biblioteca destinados ao Proxecto Lector e outros considerados de interese.
Como actividad novidosa, que deu moi bos resultados, hai que mencionar a Hora de Ler compartida entre 1º e 6º de Primaria (os mércores, un grupo de 6º; e os xoves, outro). Nese tempo, a metade do alumnado de 1º quedaba na súa aula, e a outra metade, ía á aula correspondente de 6º, rotando ao longo do segundo e terceiro trimestre. A misión do alumnado de 6º consistiu en acompañar, guiar, axudar, animar e, sobre todo, escoitar a lectura en voz alta das nenas e nenos de 1º, que escollían previamente os libros que querían ler.
Unha actividade moi motivadora e gratificante!!!
Moitísimos Parabéns!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario