Páginas

31 de outubro de 2023

SEMANA DA BIBLIOTECA E SAMAÍN

No mes de outubro poñemos a punto a nosa Biblioteca para dar comenzo o servizo de préstamo e iniciar a programación de actividades cada curso escolar. O pasado día 24 foi o Día da Biblioteca e celebramos esta data cun contacontos musicado a cargo de Luis Vallecillo para o alumnado máis cativo. Ademais a partir desta data podemos gozar cos variados recantos e actividades que nos ofrece a Biblioteca durante os recreos.

 


Como colofón ás actividades deste mes de outubro reunímonos na mañá de hoxe durante a Hora de Ler, no ximnasio do centro, para cantar e celebrar o Samaín.

O alumnado de Infantil e Primaria lucindo os seus disfraces interpretou marabillosamente tres fermosas cancións:

- Samaín de Jesús Pareja e Andrea Picos.

- Knock, knock de Super simple songs e 

- We love Halloween! de Pancake Manor.
 


Moitísimas grazas a todos e todas!  

Fixéstelo moi ben!

Happy Halloween!

Feliz Samaín!


23 de outubro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MAZÁ

O pasado sábado 21 de outubro celebrouse o Día Internacional da Mazá. Con tal motivo, a ANPA do CEIP Amor Ruibal repartiu saborosas mazás entre o noso alumnado. Un xesto xeneroso, co obxectivo claro de fomentar entre as nosas nenas e nenos unha alimentación saudable.

Moitísimas grazas pola vosa inestimable colaboración!!!


20 de outubro de 2023

ESCOLA E SAÚDE

Neste mes de outubro iníciase o Proxecto de Prevención das Condutas Adictivas no que o concello de Barro participa desde o ano 2013, xunto con outros da contorna (Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas), a través dun convenio de colaboración e co cofinanciamento da Consellería de Sanidade.


Ao longo deste curso escolar, realizaranse no CEIP Amor Ruibal obradoiros e actividades de prevención das condutas adictivas nos que se traballarán os hábitos saudables, habilidades sociais, habilidades de rexeitamento, autoestima, intelixencia emocional... así como os riscos asociados ao uso das novas tecnoloxías e ao consumo de tabaco, alcol e outras drogas.

Estas actividades serán reforzadas con obradoiros destinados ás familias e con diversas campañas de información e sensibilización para a prevención de adiccións e a promoción de hábitos de vida saudables.

Un proxecto imprescindible!!!


16 de outubro de 2023

BOÍSIMAS MANDARINAS!!!

Mmmmmmm...!!!

Que boísimas estaban as mandarinas 

que merendamos hoxe!!!

Moitísimas grazas á ANPA  Ceip Amor Ruibal polo convite!!!

Moitísimos Parabéns pola iniciativa!!!

Mens sana in corpore sano