Páginas

29 de novembro de 2023

COÑECENDO A LOITA OLÍMPICA

O alumnado de 3º e 5º de Primaria realizou a actividade de Xoga loita, coñecendo o deporte de Loita Olímpica a través de Lydia Pérez e Saúl Bello, integrantes da selección española de Loita.



Unha experiencia novedosa e moi gratificante!

Moitas grazas Lydia e Saúl!

 

27 de novembro de 2023

OS BOLECHAS FALAN DAS FAMILIAS

Na tarde de hoxe, o CEIP Amor Ruibal acolleu a actuación Os Bolechas falan das familias, financiada polo Ministerio de Igualdade a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, no marco do proxecto Facemos Corresponsabilidade 2023.

De forma lúdica e didáctica, o público asistente foi partícipe dunha posta en escena co obxectivo de poñer en valor a diversidade familiar e interiorizar a necesidade de colaborar nas tarefas da casa. E ata nos agasallaron cuns contos e cadernos!

Moitísimas grazas!!!



CONTACONTOS BILINGÜE CON TREMOLA TEATRO

Na mañá de hoxe o alumnado de Primaria gozou de dúas sesións de contacontos bilingüe: galego - inglés a cargo da compañía Trémola Teatro

En "Ada's terrifying story" a pirata Ada contou en inglés terroríficas á vez que entretidas historias que coa axuda de Emma puidemos entender mellor co seu apoio en lingua galega.


 
 

Pasámolo de medo!

24 de novembro de 2023

25N 2023

Hoxe, 24 de Novembro, autoridades municipais e comunidades educativas do IES de Barro e do CEIP Amor Ruibal reunímonos diante do edificio do Concello para comemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e reivindicar o fin desta eiva social.

Fixémolo cantando a canción "Olvídame" de Xosé Lois Romero e Aliboria, coa participación especial de alumnas de ambos centros, integrantes do Grupo de danzas Amor Ruibal, que acompañaron con bombo e pandeiretas.




Ao longo das últimas semanas, desenvolvéronse nas aulas actividades diversas de concienciación e reflexión sobre a  violencia contra as mulleres, a igualdade e os roles de xénero.

Ademais, participamos no Concurso, convocado este ano polo Concello, do deseño de logo e lema para a conmemoración do 25N.


 

O deseño gañador é resultado da fusión do logo da alumna Lía Maquieira de 5º de Primaria e do lema presentado polo equipo de 6º de Primaria integrado  por Lara Aboy, Daniel Bugallo, Xiana Freire e Mateo González.

Merecidísimos Parabéns!!!


 
Como agasallo pola boísima participación, todo o alumnado recibiu unha pulseira e unha pegatina co logo e lema conmemorativo. Asemade, no acto fíxose entrega de cartaces co deseño gañador a cada un dos centros educativos do Concello.
 
 

 

Moitísimas grazas a todas as persoas e

 entidades colaboradoras!!!

Graciñas especiais ás alumnas que acompañaron instrumentalmente o noso cantar!!!

 

ESCOLA DE FAMILIAS. CHARLA PREVENCIÓN DO ABUSO DAS TICS

Na tarde de onte desenvolveuse na aula de Audiovisuais do centro a primeira das charlas-coloquio da Escola de Familias 23/24: Prevención do abuso das tic dende a familia. Foi impartida por Belén Montesa e Juan Carlos Permuy, especialistas na Prevención das Condutas Adictivas e en Terapia Familiar Sistémica.


Unha xornada moi interesante!!!

Moitísimas grazas ás persoas e entidades colaboradoras!!!

19 de novembro de 2023

CELEBRAMOS O MAGOSTO

A pasada semana celebramos o noso Magosto. A pesar do mal tempo reinante, puidemos gozar dunha xornada moi activa de xogos no ximnasio, nos corredores, nas aulas de inglés e de música así como nos patios cubertos.

Velaquí unha pequena mostra fotográfica da xornada:



 

Durante a hora de ler, alumnado e profesorado, reunímonos no ximnasio para cantar a canción "O noso magosto" e, a continuación, degustamos unhas deliciosas castañas asadas.

Moitas grazas, familias, pola vosa colaboración!

Moitísimas grazas ás familias que asaron castañas nas súas locomotoras!


17 de novembro de 2023

VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA.

Ao longo das últimas semanas o alumnado do centro visitou a Biblioteca Pública de Barro onde os agardaban con moita ilusión un avó e avoas para compartir xornadas de contacontos e interesantes experiencias de vida. Unha fermosa iniciativa coa que celebramos o mes da biblioteca, este curso un pouquiño máis tarde do habitual.




Moitísimas grazas un ano máis por esta iniciativa, 

tan entrañable como interesante!

8 de novembro de 2023

ESCOLA DE FAMILIAS NO AMOR RUIBAL

O vindeiro luns 20 de novembro levarase a cabo a primeira sesión deste curso escolar 2023-2024 da Escola de Familias do CEIP Amor Ruibal. Versará sobre a Prevención do abuso das Novas Tecnoloxías dende a familia, xa que a gran expansión das novas tecnoloxías, a ampla oferta de videoxogos, a mercadotecnia dos xogos en liña, das apostas en liña e os riscos das redes sociais, contribuíron a un aumento do número de persoas, especialmente a mocidade, que abusa ou é adicta ás novas tecnoloxías. Para atallar esta situación, resulta imprescindible a formación das familias como axentes preventivos, co obxectivo de  fomentar un uso seguro, saudable e responsable das TICS (Tecnoloxías da información, comunicación e relación).

A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy, persoas expertas en psicoloxía xeral sanitaria, especializadas na Prevención das Condutas Adictivas e en Terapia Familiar Sistémica.



Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada poderá permanecer nas instalacións do centro educativo co acompañamento de persoal do servizo de conciliación, mentres as súas familias participan na actividade.

IMPORTANTE: Para facer unha previsión das persoas participantes, agradecemos a confirmación da asistencia mediante o correo electrónico ceip.amor.ruibal@edu.xunta.es ou no teléfono 886151996.

Onde?       Aula de Audiovisuais do CEIP Amor Ruibal de Barro
Cando?     20 de novembro ás 18:00h
Organiza: CEIP Amor Ruibal de Barro en colaboración co Proxecto de Prevención das Condutas Adictivas no eido local do Concello de Barro.


AGARDÁMOSVOS!!!
 A vosa presenza é moi importante.



7 de novembro de 2023

CONCURSO "LOGOTIPO E LEMA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

       O Concello de Barro convoca Concurso para deseñar o lema e logo contra a violencia de xénero.

    Os traballos deben ser novos, libres de dereitos. Non podendo presentarse imaxes xa existentes.

    As obras presentadas non poden ser discriminatorias por razón de sexo, polo que se debe facer uso non sexista da linguaxe e garantir presenza equilibrada de ambos os dous sexos.

 - Formato/Soporte: jpg, png ou papel/cartulina.

 - Técnica e cor: libre.

 - Lema: Máximo 6 palabras.

 - Poden ser traballos individuais ou en grupos.

 - Non se admiten traballos con nome das persoas autoras. Na parte de atrás da obra escribirase código coa aula e o número de lista.

    Presentación e plazo:

 - Na Biblioteca do CEIP Amor Ruibal

 - Ás 12:00 horas do mércores, día 15 de novembro.

 

    Animádevos a participar!