Comeza outubro, mes de celebración para as Bibliotecas, e presentamos o cartaz que acompañará ás Bibliotecas Escolares de Galicia neste curso escolar, obra da ilustradora e muralista Xoana Almar.
Segundo ela explica "Representa unha obra teatral do poema de Xoana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope ( da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai, e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elmentos da súa viaxe (o tapiz que está detrás da nena que está a ler a obra teatral)"
PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.
QUE acades disas patrias a vindima.
QUE amaine o vento, beberás o viño.
QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.»
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior
Ningún comentario:
Publicar un comentario