Páginas
21 de novembro de 2024
15 de novembro de 2024
APETITOSAS MAZÁS
Moitísimas grazas á ANPA do CEIP Amor Ruibal polas apetitosas mazás coas que agasallaron a todo o alumnado do noso centro.
Mens sana in corpore sano
13 de novembro de 2024
O NOSO MAGOSTO
Na soleada mañá do pasado venres, tivo lugar a celebración do Magosto.
Unha intensísima xornada chea de xogos distribuidos por todo o patio ademais do ximnasio e das aulas de inglés e música, e na que o alumnado de Infantil e de Primaria participou con moito gozo e ilusión.
Podedes seguir o percorrido que fixeron nesta mostra fotográfica:
Durante a "Hora de ler" fixemos unha gran roda no patio para cantar "O noso magosto" e a continuación degustamos unhas saborosísimas castañas asadas con moito agarimo para todos e todas nós.
Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!
Moitísimas grazas ás familias que asaron as castañas!
30 de outubro de 2024
SEMANA DA BIBLIOTECA E SAMAÍN
Un ano máis o 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca poñendo en marcha o servizo de préstamo da nosa Biblioteca e iniciando así a programación de actividades de cada curso escolar.
Unha exposición de libros de medo, curtametraxes terroríficas durante os recreos e Hora de Ler, e ambientación de aulas e corredores foron algunhas das actividades destes días.
Na soleada mañá de hoxe, reunímonos no patio de Infantil durante a Hora de Ler para celebrar o Samaín. Lucindo magníficos e terroríficos disfraces, alumnado e profesorado de infantil e Primaria, interpretamos dúa cancións:
- Samaín de Jesús Pareja e Andrea Picos.
- Halloween Stomp! de The singing walrus.
Moitísimas grazas a todos e todas!
Happy Halloween!
Feliz Samaín!
26 de outubro de 2024
VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA
Esta semana visitamos a Biblioteca Pública de Barro para celebrar o Día das Bibliotecas.
Alí agardaban con moito agarimo e ilusión un avó e varias avoas para compartir con todos e todas nós uns contacontos e interesantísimas experiencias de vida.
O alumnado máis cativo colaborou na preparación dun caldiño coloreando saborosísimas verduras que logo depositou nunha pota. Os nenos e as nenas de 2º e 3º ciclo de Primaria participaron tamén nunha enquisa da OMIX para coñecer un pouquiño mellor os gustos e preferencias culturais e deportivas da cativada.
Moitísimas grazas por continuar esta iniciativa igual de entrañable que interesante!!
18 de outubro de 2024
DELICIOSAS MANDARINAS
Todas as nenas e nenos do colexio merendamos hoxe mandarinas, servidas pola ANPA Amor Ruibal.
Estaban deliciosas!!!
Moitísimas grazas!!!
1 de outubro de 2024
BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCENA!
Comeza outubro, mes de celebración para as Bibliotecas, e presentamos o cartaz que acompañará ás Bibliotecas Escolares de Galicia neste curso escolar, obra da ilustradora e muralista Xoana Almar.
Segundo ela explica "Representa unha obra teatral do poema de Xoana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope ( da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai, e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elmentos da súa viaxe (o tapiz que está detrás da nena que está a ler a obra teatral)"
PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.
QUE acades disas patrias a vindima.
QUE amaine o vento, beberás o viño.
QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.»
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior
27 de setembro de 2024
CONCERTOS DIDÁCTICOS PRIMARIA
A música é para gozala. Nos concertos didácticos de hoxe, o noso alumnado de Primaria aprendeu, divertiuse e participou con moito gusto e emoción. Foron dous concertos memorables, a cargo da Banda-Escola de música de Barro, nos que as nenas e nenos coñeceron de primeira man os instrumentos da escola e, ademais, tiveron a grandísima sorte de probalos.
Moitísimas grazas!!!
Moitísimos Parabéns!!!
21 de xuño de 2024
GRADUACIÓNS 2024
Na mañá de onte, xoves, celebramos os actos de Graduación e entrega de orlas do alumnado que rematou Educación Infantil e Educación Primaria este curso 2023-24.
En ámbolos dous actos o alumnado estivo acompañado de familiares e compañeiros e compañeiras da misma etapa.
Ás 10:15 h comezou o acto para 6º de Infantil.
Comezaron representando marabillosamente a obra A que sabe a lúa? de Michael Grejniec.
No acto de Primaria, que comezou ás 12:15 h, Lara Aboy, en representación de todo o alumnado de 6º curso, leu un emotivo discurso no que lembrou a súa estadía no CEIP Amor Ruibal. Despedíronse cantando fabulosamente Mi madriña, unha orixinal versión do afamado tema Mamma mía do grupo ABBA.
MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!
BOA ANDAINA NA NOVA ETAPA!!!
FELIZ VERÁN!!!
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!