Páginas

15 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

Hoxe gozamos dun marabilloso concerto no marco da conmemoración do Día das Letras Galegas, adicadas este ano ás cantareiras, que tanto e tan ben fixeron, fan e farán pola lingua e cultura galega.


Unha boa mostra do seu legado escoitámola hoxe na Nave da Música, que se encheu de talento local, completamente entregado a preservar e transmitir de xeración en xeración a música tradicional e a poesía popular oral. Así, integrantes da Asociación PeñaflorInés Tilve, Felipe Rea e nenas e mozas do Grupo de Danzas Amor Ruibal fixeron as delicias de todas as persoas alí reunidas.

 





Como colofón da magnífica celebración, todas e todos cantamos a todo cantar Olvídame.

 
Unha auténtica gozada!!! 

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

Ao remate deste concerto, todas as persoas participantes recibiron un bonito agasallo conmemorativo.

 


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario