Páginas

23 de xuño de 2025

GRADUACIÓN 2025

 O pasado martes celebramos os actos de Graduación e Entrega de Orlas ao alumnado que neste curso 2024/25 rematou as etapas de Infantil e Primaria.

O primeiro acto, ás 10:00 horas, foi para o alumnado de Infantil. Contaron coa compañía dos seus compañeiros e compañeiras de etapa ademais de familiares.  


 Despois de mirar un emotivo vídeo no que recordaron a seu paso por esta etapa, comezaron bailando con moito ritmo a canción "Greased lightning" que prepararon con moita ilusión. A continuación recibiron cadansúa Orla e posaron coas súas mestras.

 


Ás 12:30 hs comenzou o acto de Primaria no que recibiron de man das súas titoras un diploma e a Orla conmemorativa. 

 

  

  

  

 


A continuación Yaniri Domínguez, Alba Fontenla, Iria Martiñán e Sabela Carrera en representación das súas compañeiras e compañeiros falaron do seu paso polo centro e tiveron unhas palabras de agarimo e recordo para o profesorado.


 

Despedíronse cantando "Flipante!", unha orixinal e divertida versión do afamado tema da película Grease: "Greased Lightning"

 

Moitísimos Parabéns!!

Boa andaina na nova etapa!!

Feliz Verán!! 

20 de xuño de 2025

ENTREGA DE AGASALLOS VOLUNTARIADO

 O alumnado de 5º e 6º de Primaria, axudante da Biblioteca Escolar e participante no Programa de Voluntariado de Lectura, recibíu na mañá de hoxe un agasallo pola súa participación no devandito programa.

Por cuestións loxísticas non puidemos facer entrega dos diplomas, que entregaremos tan pronto sexa posible ao alumnado de 6º curso e na primeira semana de setembro ao alumnado de 5º curso.



Merecidos Parabéns!

Moitísimas grazas pola vosa colaboración! 

Vémonos na Biblioteca! 

ENTREGA AGASALLOS "AS VERBAS QUE CONTAN"

 Na mañá de onte, xoves, recibimos na Biblioteca do centro ao Alcalde de Barro, Xosé M. Fernández Abraldes para felicitar ao alumnado de Infantil pola súa participación no Concurso As verbas que contan 2025 ao que presentaron uns magníficos contos creados nas aulas. Fixo entrega, neste breve acto, duns lotes de libros para incorporar ás bibliotecas das respectivas aulas.

Cada encargado ou encargada de aula recibíu o lote de libros e un forte aplauso de todas as personas alí reunidas, logo posaron en grupo co agasallo recibido antes de volver as súas respectivas aulas. 


 




Moitísimos Parabéns!!

Moitísimas grazas!! 

 

6 de xuño de 2025

CASTELAO PARA CRIANZAS

O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria (3º, 4º, 5º e 6º) gozou na mañá de hoxe dunha interesantísima e enriquecedora actividade no Salón de Actos da Biblioteca Pública: "Castelao para crianzas" financiada ao abeiro do Programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, neste 2025 que se celebra o Ano Castelao.

Nesta  sesión, e a través da narración, da música e o debuxo, tiveron a oportunidade de coñecer de cerca a figura do polifacético autor Alfonso D. Rodríguez Castelao, a súa obra e o seu amor pola lingua e cultura galegas.



Moitísimas grazas por iniciativas como esta que apoian a nosa cultura!!