Páginas

12 de febreiro de 2026

MANDADIÑOS DE ENTROIDO 2026

Un ano máis, Mimi, a mascota da biblioteca, invitounos a celebrar o Entroido presentando os tradicionais mandadiños que seguimos con tantísima ilusión. Este ano, as primeiras peticións estiveron relacionadas coa forma de vestir de coñecidas personaxes de banda deseñada: Mafalda, Tintín e Snoopy. 

Queredes ver o ben que o recreamos? Estade atent@s que haberá máis! 🎭 🎉

 

 



9 de febreiro de 2026

OBRADOIRO SAÚDE E FAMILIA

 O Concello de Barro a través do Proxecto de Prevención das Condutas adictivas, realizará o martes 24 de febreiro un obradoiro en liña sobre comunicación familiar positiva: "Mellora da convivencia en familias con adolescentes"


Con este obradoiro búscase informar e dar ferramentas ás familias para promover unha maior e mellor comunicación e convivencia familiar a través da cal fomentar hábitos e estilos de vida saudable.

A sesión será realizada en liña por persoal especializado da UNAF (Unión de Asociacións Familiares).

ANIMÁDEVOS!

A vosa presenza é moi importante.

 

Onde?  En liña

Cando?  24 de febreiro de 18:30 a 20:00 hs

Inscrición: Premendo a continuación ou no cartel en "INSCRÍBETE" 

Posteriormente recibiredes un enlace de acceso ao obradoiro (Zoom) 

 

1 de febreiro de 2026

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2026

Con motivo do PDI deste curso "NovenArte-BD", o Día da Paz e da Non Violencia e o Día da Ilustración (30 de xaneiro) centráronse na creación de murais colaborativos a modo de viñetas nas que o alumnado reflexionou sobre a situación que está a vivir o noso planeta. 

A través de dúas tiras de Mafalda, iniciouse a reflexión acerca do que lle ocorre e cales son os problemas que está "a sufrir", o que supuxo reflexionar sobre o  significado da non violencia, a empatía, a solidariedade, a cooperación, o compañeirismo, a tolerancia... 

Como non podía ser doutro xeito, as nenas e os nenos do CEIP Amor Ruibal propuxeron fermosas mensaxes e bos desexos que van facer deste, un mundo moito mellor!

Aquí tedes o resultado do traballo realizado de maneira conxunta por todo o alumnado do centro 😍