A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia" convoca a primeira edición do concurso CONTAUMIA co obxectivo de potenciar a oralidade (relatos, contacontos, monólogos, recitados...), sen axuda de texto escrito.
Poden participar todos os centros educativos integrantes na Coordinadora dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Hai dúas categorías:
- A. Primaria
- B. Secundaria
Bases:
- As historias poden ser de base popular, literaria ou de creación propia.
- As historias contaranse en galego.
- Valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe inclusiva e non discriminatoria, linguaxe non sexista...).
- As persoas participantes concursarán individualmente.
- O tempo máximo da actuación non pode exceder os 3 minutos. A superación deste tempo pode supor a descualificación.
- Cada centro pode presentar un participante por categoría que actuará na IX Festa da Lingua.
Prazo de presentación:
- Día 16 de abril.
- Fase clasificatoria no CEIP Amor Ruibal de Barro: Venres 13 de abril.
Xurado:
A Coordinadora nomea á actriz e humorista Isabel Risco.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!