Páginas

30 de outubro de 2024

SEMANA DA BIBLIOTECA E SAMAÍN

 Un ano máis o 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca poñendo en marcha o servizo de préstamo da nosa Biblioteca e iniciando así a programación de actividades de cada curso escolar.

Unha exposición de libros de medo, curtametraxes terroríficas durante os recreos e Hora de Ler, e ambientación de aulas e corredores foron algunhas das actividades destes días.

 




Na soleada mañá de hoxe, reunímonos no patio de Infantil durante a Hora de Ler para celebrar o Samaín. Lucindo magníficos e terroríficos disfraces, alumnado e profesorado de infantil e Primaria, interpretamos dúa cancións:

  • Samaín de Jesús Pareja e Andrea Picos.
  • Halloween Stomp! de The singing walrus.

 

 


 

Moitísimas grazas a todos e todas!

Happy Halloween!

Feliz Samaín! 

 

26 de outubro de 2024

VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA

 Esta semana visitamos a Biblioteca Pública de Barro para celebrar o Día das Bibliotecas.

Alí agardaban con moito agarimo e ilusión un avó e varias avoas para compartir con  todos e todas nós uns contacontos e interesantísimas experiencias de vida.

O alumnado máis cativo colaborou na preparación dun caldiño coloreando saborosísimas verduras que logo depositou nunha pota. Os nenos e as nenas de 2º e 3º ciclo de Primaria participaron tamén nunha enquisa da OMIX para coñecer un pouquiño mellor os gustos e preferencias culturais e deportivas da cativada.

 
 

 


 


Moitísimas grazas por continuar esta iniciativa igual de entrañable que interesante!!

 

18 de outubro de 2024

DELICIOSAS MANDARINAS

Todas as nenas e nenos do colexio merendamos hoxe mandarinas, servidas pola ANPA Amor Ruibal.

Estaban deliciosas!!!

Moitísimas grazas!!!



1 de outubro de 2024

BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCENA!

Comeza outubro, mes de celebración para as Bibliotecas, e presentamos o cartaz que acompañará ás Bibliotecas Escolares de Galicia neste curso escolar, obra da ilustradora e muralista Xoana Almar.

 


Segundo ela explica "Representa unha obra teatral do poema de Xoana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope ( da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai, e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elmentos da súa viaxe (o tapiz que está detrás da nena que está a ler a obra teatral)" 

PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:

   «QUE á banda do solpor é mar de mortos,
   incerta, última luz, non terás medo.

   QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
   QUE cor malva se decide o acio.

   QUE acades disas patrias a vindima.
   QUE amaine o vento, beberás o viño.

   QUE sereas sen voz a vela embaten.
   QUE un sumario de xerfa polos cons.”

Así falou Penélope:

   “Existe a maxia e pode ser de todos.
   ¿A que tanto novelo e tanta historia?

   EU TAMÉN NAVEGAR.»
 
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior