4 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e non Violencia. Para esta conmemoración neste ano 2015 decidimos traballar en todas as aulas do noso centro coa letra e música dunha cantiga de Magín Blanco titulada "Rumba das apertas". No canto de aprender a versión íntegra, empregamos unha versión adaptada que todos finalmente bailamos no ximnasio.
A continuación podedes acceder ao vídeo resumo das nosas actividades.
Un saúdo.
MIMI.