Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller. Amosar todas as publicacións

13 de marzo de 2026

8M. DÍA DA MULLER 2026

Este ano, no noso cole conmemoramos o 8M, Día Internacional da Muller, cunha serie de actividades pensadas para reflexionar sobre a igualdade. Ao longo desta semana, realizamos lecturas de biografías de mulleres importantes na historia, creacións plásticas e pequenos debates nas aulas.

Estas actividades permitíronnos aprender, compartir ideas e lembrar que entre todos e todas podemos construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.

 Queredes ver o proceso e os resultados? Que vos parece? 


💜💜 Feliz Día da Muller!! 💜💜