28 de setembro de 2023

CONCERTOS DIDÁCTICOS

Moito gozaron hoxe as nosas nenas e nenos de Primaria cos fantásticos concertos didácticos ofrecidos por integrantes da EMBA (Escola de Música de Barro), baixo a maxistral guía de Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro.

Alumnado e ex alumnado do noso centro participou nas xeniais interpretacións de coñecidos temas musicais, que o director intercalou sabiamente con animadas explicacións das familias instrumentais.

Como premio á fantástica participación do público, que demostrou unha vez máis saber estar en silencio e escoitar con moita atención, o alumnado tivo a oportunidade marabillosa de probar os instrumentos que quixeron. Pena que non houbera máis tempo para facelo, porque a experiencia foi un exitazo.

Pasámolo xenial!!!

Bravissimo!!!

Moito talento musical hai en Barro!!!


26 de setembro de 2023

OBRADOIRO ILLAS VERDES

Gozosa e fermosísima actividade na que participamos mestras, familias e alumnado para dotar aos nosos patios de espazos verdes que aportarán frescor, colorido e novas zonas de xogo e interacción.





Moitísimas grazas á ANPA e ao Colectivo Espazo 16 (Especies de Espazos) por esta interesante e revitalizadora iniciativa así como a todas as persoas colaboradoras.

 





 

 


11 de setembro de 2023

INICIO DE CURSO CON SORPRESA

Volvemos ás aulas con moita ilusión neste inicio de curso 2023- 24 e atopámonos con algunha sorpresiña nos patios de lecer, actuacións que segue promovendo a ANPA no noso cole.



Este fantástico mural interactivo co alfabeto en lingua de signos, creación da ilustradora Ana Seoane, ocupa a parede lateral do ximnasio. Seredes quen de adiviñar a mensaxe secreta?

 

 

Instaláronse tamén nos patios de Infantil e 1º nivel de Primaria estas fermosas cociñas, robustas e ben xeitosas, como novos recantos simbólicos. 

 




Moitísimos parabéns!!!

Moitísimas grazas!!! 

Boa andaina no novo curso!!!