20 de decembro de 2014

POSTAIS DE NADAL 2014

Amosamos as postais gañadoras e finalistas da categoría de Educación Primaria do concurso convocado polo Concello de Barro.
Convidamos a que as vexades todas na exposición que se fará no Pabillón Municipal co gallo da Cabalgata de Reis, momento no que se fará entrega de agasallos aos gañadores.
Desde a Biblioteca do centro, queremos desexar un BO NADAL e FELICES FESTAS a toda a comunidade educativa do CEIP Amor Ruibal.




Un saúdo.
MIMI.

19 de decembro de 2014

As nosas recomendacións.

Estas son as nosas recomendacións de lectura para este Nadal. Animádevos a incluir algún destes libros nas vosas cartas aos Reis Magos.



Un saúdo
MIMI

Pequenos Grandes Científicos.

O alumnado de 3º curso de Primaria levou adiante varios Proxectos de Ciencias no 1º Trimestre. Botade un ollo ao seu blog premendo nos enlaces para saber do seu traballo.
En xaneiro terémolos na Biblioteca para amosarnos a tod@s sobre a súa labor.


VOLCÁN

MOCO VERDE

ROBOT "PHILAE"

NORABOA A TOD@S POR ESTE GRAN TRABALLO !!
Un saúdo.
MIMI.


18 de decembro de 2014

Visita de MANOLO RUIBAL.

O  pasado día 12 de Decembro visitou o noso centro Manolo Ruibal. Escultor, pintor, artista polifacético da nosa terra e de recoñecemento internacional.
O alumnado do 3º ciclo de Primaria recibíuno na Biblioteca do noso centro onde lle tiñan preparada unha pequena exposición coas "obras" que eles mesmos elaboraran na clase de Plástica.

http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/search/label/MANOLO%20RUIBAL

Deixamos constancia cunha fotografía da visita (se clicades nela, enlaza coas tarefas do 3º ciclo relacionadas coa mesma) e a dedicatoria que deixou no libro de visitas da nosa Biblioteca.
Autógrafo Manuel Ruibal para o CEIP Amor Ruibal.
Un saúdo.
MIMI.

17 de decembro de 2014

Espantallo amigo.

Ao longo deste 1º Trimestre o Proxecto de lectoescritura no que traballou todo o alumnado do centro foi con esta obra de Xosé Neira Vilas, Espantallo amigo.

O alumnado leu, comentou, ilustrou e escribíu a súa propia versión deste clásico. Iremos amosando a través dos blogs dos distintos ciclos unha pequena mostra do resultado.

Cubertas da 3ª Edición, ano 1979
Deixamos os enlaces a continuación:

ED. INFANTIL

1º CICLO.

2º CICLO.

3º CICLO.


Un saúdo.
MIMI.

29 de novembro de 2014

MAGOSTO

O pasado 10 de novembro celebramos no noso cole a festa do Magosto. José e Isabel (pais de alumnos do centro) estiveron asando castañas para tod@s nós. Cantamos a canción do Magosto, fixemos actividades diversas coa temática da castaña e preparámonos para a celebración dos xogos populares. Por mor do mal tempo tivemos que cambiar a programación das actividades do día e non puidemos salir ao exterior, pero participamos igualmente nos xogos que tiveron lugar nos patios cubertos, aula de audiovisuais, ximnasio e corredores do centro.
Podedes mirar como gozamos do día nos vídeos que preparamos coas actividades de E.Infantil e as de E. Primaria.
Un saúdo.
MIMI.





27 de outubro de 2014

SAMAÍN

Chega o tempo do Samaín, no noso centro estamos preparando cancións nas clases de música e de lingua inglesa. Coas nosas titoras estamos tamén investigando e buscando as raíces desta celebración que nos gusta tanto. Ide tomando nota con este sinxelo vídeo.




Ide preparando todo, en breve teremos "Os contacontos e a exposición de medo"
Un saúdo.
MIMI

12 de outubro de 2014

Axudantes de biblioteca.

Esta semana iniciamos a formación de ususarios cos axudantes da biblioteca. O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria colabora dende hai dous cursos nalgunha das tarefas da biblioteca.


O alumnado de 6º curso, xa comprometido coa súa tarefa, comezou o seu labor recolocando e ordenando os documentos da sección de información.
Uns expertos xa nestas tarefas !
Mirade que ben o fan!


O alumnado de 5º curso, moi interesado en participar, prepárase para asumir o seu compromiso escoitando cales serán as tarefas a realizar si así o deciden.
Podedes ler a continuación a guía de axudantes sobre a que falaron e que deben asinar os que deciden comprometerse.


Ánimo a todos e todas!  Espéranos moito traballo e moitas experiencias xuntos na biblioteca!
Un saúdo.
MIMI.

24 de setembro de 2014

Tapóns solidarios.

Benvid@s todos e todas a este novo curso escolar. Demos inicio un ano mais á campaña de recollida de tapóns plásticos para a súa reciclaxe.
 


Nesta ocasión contamos coa presenza de Mª Jesús Longa, en representación da Fundación Amigos de Galicia, que nos deu unha charla informativa.

Contounos unha morea de cousas sobre o traballo desta Fundación axudando aos máis cativos. A recollida deste ano vai axudar a ALEX. Podedes saber del premendo no seu nome. Amosamos algunhas imaxes da charla.
Un saúdo.
MIMI.

9 de xullo de 2014

FIN DE CURSO

O remate do curso, este ano como os dous anteriores, celebrámolo co festival que demos en chamar "TALENT SHOW". Toda unha mostra de talento, de esforzo e preparación dos nosos artistas. Ofrecemos a continuación un enlace a cada un dos vídeos do festival que tivo lugar en dúas partes.

TALENT SHOW. 1ª PARTE. (E.Infantil - 3º E.P.)

TALENT SHOW. 2ª PARTE. (4º - 6º E.P.)

Un merecidísimo aplauso pola vosa entrega e participación. 
Disfrutade das vacacións, e... non esquezades : 


Un saúdo.
MIMI.
 

28 de xuño de 2014

Graduación 2014

Chegamos ao final deste curso escolar e, un ano mais despedímonos co Acto de Graduación e Entrega de Orlas ao alumnado de Educación Infantil e 6º curso de Primaria. Contamos coa presenza do cuarteto BXBRASS, membros da Banda Xuvenil de Barro, que amenizaron o acto.
Tamén foron convidados os pais e nais do alumnado que se graduou, foi moi emotivo.
Para acceder ao enlace dos videos da graduación, só tedes que premer na imaxe da orla correspondiente.

http://youtu.be/P2SnJmqhZh8
http://youtu.be/PJkvHtTY4v8









FELIZ VERÁN A TOD@S,
 DISFRUTADE DAS VACACIÓNS
  E  BOA  ANDAINA  NA VOSA  NOVA  ETAPA !
Un saúdo.
MIMI.

21 de xuño de 2014

As nosas recomendacións.

Estas son as nosas recomendacións para este verán. Pásao ben lendo.




Un saúdo.
MIMI.

20 de xuño de 2014

COUSAS NOSAS XIV

Xa está entre nós a revista escolar deste curso, "Cousas nosas XIV".Nela danse a coñecer a portada gañadora e as finalistas do noso concurso.
GRAZAS ARTISTAS! e por suposto, disfrutádea.

revista 13-14 by Amor_Ruibal



Un saúdo.
MIMI.

19 de xuño de 2014

Ciencia na biblioteca.

O alumnado de 2º nivel (2ºA e 2ºB ) estivo na biblioteca esta semana para agasallarnos con dous impresionantes castelos que elaboraron nas respectivas aulas coas súas titoras como punto final do seu proxecto de Historia chamado "O paso do tempo..."
Podedes ler o libro que elaboraron premendo aquí




 




Este castelo da esquerda foi elaborado polo alumnado de 2º A.

O que aparece na seguinte fotografía mais abaixo é o elaborado por 2º B.

Empregaron caixas de cartón, periódicos, cola blanca e pintura.
Un bó traballo de reciclaxe.




 



Quedaron chulísimos.

A mín gustáronme moitísimo. 

Xa forman parte da familia de "amigos da biblioteca"

Moitas grazas artistas! 

Un saúdo.
MIMI.

17 de xuño de 2014

Visita de FINA CASALDERREY.

A pasada semana recibimos no noso centro a visita da escritora Fina Casalderrey. Levabamos un tempo agardando recibila, despois de ler e traballar durante todo o curso o seu libro "Ás de mosca para Anxo".
Fina falounos do importante que é ler moito para escribir ben. Contounos moitas anécdotas e curiosidades, e respondeu amablemente ás nosas preguntas.
Primeiro estivo na biblioteca co alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria. Tras un pequeno descanso, quixemos ofrecerlle un agasallo especial que fala de bicos e apretas reuníndonos tod@s no ximnasio para facer un baile dunha cantiga popular " A carrasquiña". Podedes mirar que ben nos salíu e cómo disfrutamos picando aquí.
Logo chegou o turno dos mais pequenos que tamén escoitaron encantados as historias que Fina lles traía preparadas. Pasámolo moi ben!!
Unhas alumnas de 5º curso tamén lle fixeron entrega dunha carta na que lle informaban sobre a súa candidatura ao Premio MIMI e amosouse moi interesada por coñecer a historia deste Proxecto que xa vai pola súa sexta edición.
Grazas Fina e ata moi pronto!!

Ofrecémosvos a continuación un video resumo da súa visita:
Un saúdo.
MIMI.


4 de xuño de 2014

SÉS recolle o VI Premio MIMI.

O alumnado de 5º curso, encargado deste proxecto de  investigación, entrevistou a Sés con motivo da entrega do Premio. Atoparala publicada no blog do 3º ciclo.Se a queres ler, preme AQUÍ.

Xa está dispoñible o video do acto de entrega do VI Premio MIMI. Podes miralo se premes AQUÍ.

Se prefires un resumo fotográfico, preme AQUÍ.

Un saúdo.
MIMI.


22 de maio de 2014

Entrega do VI Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.

E chegou o día...
O premio que este ano recaeu na cantautora coruñesa Mª José Silvar "SÉS",  foille entregado onte na Biblioteca Pública do Concello.
Amosamos unhas fotografías do acto, en breve... ofreceremos máis.




Sés falounos da importancia de coidar e defender a nosa lingua e a nosa cultura.
Tamén do importante que é cantar e bailar sen deixar atrás os libros, o estudo e a lectura.








Deixounos tamén un autógrafo e moi boas vibracións.
BICOS MIL E APRETAS PARA TI TAMÉN.

Un Saúdo.
MIMI.

19 de maio de 2014

Falamos de bicos...e de abrazos.

Este ano temos unha nova "amiga" na biblioteca. Chegou alí no Nadal, cando nós estabamos de vacacións pois ela sentíase soa na clase de infantil de 5 anos (nenos e nenas cos que estivera ata entón).

http://youtu.be/9DWz6mOONuE

Os que coñecedes esta rapariga sabedes que estou a falar de ESTRELA, a protagonista do libro de Fina Casalderrey "Ás de mosca para Anxo" que todo o colexio está lendo e traballando dentro do proxecto: " Escribir e ler para ser competentes".

Pois teño que contarvos que segundo dicen os seus compañeiros,  "Estrela dá bicos que estoupan coma estralotes", é una cativa moi agarimosa, espontánea, desexosa de facer amigos e amigas...  por ese motivo, na clase de música bailamos e cantamos unha cantiga popular galega chea de bicos e abrazos : "A Carrasquiña".

Podedes ver como o facemos picando na súa imaxe.

Un saúdo.
MIMI.

Os contos que contan. Gañadores 2014.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e dentro da programación cultural dos concellos de Barro e Portas, tivo lugar este fin de semana a entraga de premios deste concurso que levaba por título "Cóntame un conto veciño".
E así foi.
Primeiro, nun acto que tivo lugar na Biblioteca Pública de Barro o pasado venres 16 de Maio entregáronse os agasallos aos vencedores do 1º e 2º ciclo de Primaria así como ao 1º ciclo de Secundaria que leron os seus contos aos seus veciños.
Despois, na Azucreira de Portas tivo lugar a entrega de premios e lectura aos veciños dos contos gañadores de 2º e 3º ciclo de Primaria, así como do 2º ciclo de Secundaria.
Parabéns a todas e todos os gañadores e parabéns pola masiva participación.

Picando aquí tedes a resolución cos vencedores do concurso.

Un saúdo.
MIMI.

9 de maio de 2014

Concurso micropoemas.

Publicabamos en entradas anteriores a convocatoria do concurso de micropoemas e microrrelatos convocado pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística "Terras do Umia".
A alumna de 4º de Primaria Carla Vázquez Palacios, e o alumno Rodrigo Romero Castro de 5º curso de Primaria e participantes na categoría " B 2 ", resultaron gañadores.
Amosamos unhas imaxes do acto de recollida do premio que se celebrou en Portas hoxe, venres e ao que acudíron acompañados polos seus compañeiros, así como os seus poemas.


" O meu despertar"

Si de noite desperto, quero ir xogar
pero miña nai dime:
non é hora de xogar
senón de soñar.

Carla Vázquez, 4º









Era unha noite escura
que pasei na chaira
era rochosa, era de papel
e sentía que algo non ía ben.


Rodrigo Romero, 5º

 
Noraboa poetas!!

Un súdo.
MIMI.

E na VI edición gañou ...

Xa está resolta a segunda fase do proxecto. O alumnado de 5º curso presentou na biblioteca do cole o resultado da súa investigación.
Ofrecemos un video-resumo do proceso de exposición de candidatos, das votacións, do escrutinio, e ... o candidato gañador deste ano descubrirédelo ahí tamén.
Agardamos que vos guste.



Un saúdo.
MIMI.

8 de maio de 2014

Candidatos VI Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.

Por sexto ano, o alumnado de 5º curso de Primaria, responsable do proxecto interdisciplinar que finaliza coa entrega do Premio MIMI, nos presentou aos candidatos desta edición e sobre os que investigaron:

Por vez primeira e con moito pesar pola nosa parte, sucedeu que quedaron fóra de concurso dúas candidaturas :
  •    Os deportistas pontevedreses ANTÓN PAZ BLANCO (vela) e JUAN SAAVEDRA (tiro) propostos pola ANPA do colexio por non cumplir os requisitos indicados nas bases do concurso.
  •    "ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA" proposta polo blogue "Novas de Barro" por recibir a candidatura "fóra de plazo" e non poder cubrir a investigación por parte do alumnado. 
Gracias a todos os que tan xenerosamente participades ano a ano con nós no desenvolvemento deste proxecto.
Un saúdo.
MIMI.

O neno e a estrela.

Presentamos este fermoso conto sobre a infancia do autor homenaxeado nas letras este ano, Xosé Mª Díaz Castro. Achéganos á figura do autor, da súa vida e obra.



Se queres ler o libro na pantalla preme no seguinte enlace:

O neno e a estrela.



Unha publicación dixital con licencia creative commons que podemos atopar tamén en papel editado por Fabaloba edicións.

Un saúdo
MIMI





7 de maio de 2014

Abril de libros.

Baixo este epígrafe presentamos as diferentes actividades que se desenvolveron no colexio ao longo do mes de abril para comemorar o día do libro.
  • Un obradoio de papiroflexia, no que aprendimos como facer uns marcapáxinas moi orixinais. Primeiro na biblio e logo cos compañeiros na clase.
  • Visitounos o contacontos e autor teatral Inacio Vilariño.
  • Fixemos nós de contacontos, na actividade de "contacontos interciclos" na que todos os cursos contamos e escoitamos contos.
  • Recomendamos lecturas. Falamos dos contos e libros que máis nos gustan.
Ollade o resumo no seguinte video.
Un saúdo.
MIMI.

8 de abril de 2014

Os Contos que contan

Desde a Biblioteca Pública e a OMIX de Barro chéganos a convocatoria do concurso anual de contos "Os contos que contan". Este ano leva por título "Contame un conto veciño" e está convocado polos concellos de Barro e Portas.
Para informarte das bases do concurso clica no seguinte enlace:

BASES DO CONCURSO "Conta un conto veciño"

Bótalle ganas, moita imaxinación, e...  participa co ilusión!
Un saúdo.
MIMI.





13 de febreiro de 2014

Cámbiocho por un conto.

Un ano máis tivo lugar na biblioteca esta actividade na que o alumnado de Primaria agasallou á biblioteca coas súas creacións a cambio dun conto.
Presentaremos, nas seguintes entradas, algunhas das súas fermosas creacións.
Este ano o proxecto e obradoiro de lecto-escritura xira en torno á obra de Fina Casalderrey  "ÁS DE MOSCA PARA ANXO".

Grazas a este proxecto temos unha nova amiga na biblioteca ... o seu nome ...

Un saúdo.
MIMI

ÁS DE MOSCA PARA ANXO.

Manuel Uhía
www.finacasalderrey.com
Fina Casalderrey

Este é o título da obra que este curso escolar estamos lendo como partida do noso proxecto de lecto-escritura: "Escribir e ler para ser competentes" e do que iremos amosando as producións feitas nas aulas.

"Ás de mosca para Anxo" é unha obra da escritora Fina Casalderrey e ilustrada por Manuel Uhía.
Un saúdo.
MIMI.

12 de febreiro, Nenos e nenas soldado.

Tal e como vos anticipamos na entrada anterior, celebramos no colexio a comemoración desta data traballando nas aulas coa letra da canción "A ronda do soldadinho" que danzamos todos no ximnasio.
Podedes ver o vídeo a continuación.




Un saúdo.
MIMI.

5 de febreiro de 2014

Contra a utilización dos nenos e nenas soldado.

Estamos a comemorar este ano o Día da Paz dun xeito diferente.
Nestes días imos traballar polo Día Interncional contra a Utilización dos Nenos e Nenas Soldado que se comemora o día 12 de febreiro.

Con tal motivo estamos aprendendo a letra da canción "A RONDA DO SOLDADINHO"  na fermosa versión que fixo a cantante portuguesa ISABEL SILVESTRE do célebre tema composto polo cantautor JOSÉ MÁRIO BRANCO.

Podedes ver  AQUÍ  ao alumnado de 6º curso de Primaria que danza e canta esta canción mentras que AQUÍ atoparedes aos máis cativos (Educción infantil).

 O alumnado de educación infantil decorou os corredores coas sús propostas para a Paz. Temos unha pequena mostra nos vídeos que AQUÍ vos deixamos e que aparecen no seu blog.

Un saúdo.
MIMI.

O soldadiño de chumbo.

Nestes días traballaremos na biblioteca a historia de "O soldadiño de chumbo". Deixámosvos esta fermosa e premiada curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde.




Un saúdo.
MIMI.