Amosando publicacións coa etiqueta Animación Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación Lectura. Amosar todas as publicacións

22 de setembro de 2025

CIRCO NA BIBLIOTECA DE BARRO

O noso alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria gozou hoxe cunha divertidísima actuación de circo no Salón de Actos da Biblioteca Pública. O espectáculo estivo protagonizado por Dani Blanco, que fixo as ledicias do público coas súas historias, malabares, libros, escapismos... aderezados con moitísimo humor.






Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!


20 de xuño de 2025

ENTREGA AGASALLOS "AS VERBAS QUE CONTAN"

 Na mañá de onte, xoves, recibimos na Biblioteca do centro ao Alcalde de Barro, Xosé M. Fernández Abraldes para felicitar ao alumnado de Infantil pola súa participación no Concurso As verbas que contan 2025 ao que presentaron uns magníficos contos creados nas aulas. Fixo entrega, neste breve acto, duns lotes de libros para incorporar ás bibliotecas das respectivas aulas.

Cada encargado ou encargada de aula recibíu o lote de libros e un forte aplauso de todas as personas alí reunidas, logo posaron en grupo co agasallo recibido antes de volver as súas respectivas aulas. 


 




Moitísimos Parabéns!!

Moitísimas grazas!! 

 

6 de xuño de 2025

CASTELAO PARA CRIANZAS

O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria (3º, 4º, 5º e 6º) gozou na mañá de hoxe dunha interesantísima e enriquecedora actividade no Salón de Actos da Biblioteca Pública: "Castelao para crianzas" financiada ao abeiro do Programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, neste 2025 que se celebra o Ano Castelao.

Nesta  sesión, e a través da narración, da música e o debuxo, tiveron a oportunidade de coñecer de cerca a figura do polifacético autor Alfonso D. Rodríguez Castelao, a súa obra e o seu amor pola lingua e cultura galegas.



Moitísimas grazas por iniciativas como esta que apoian a nosa cultura!! 

10 de maio de 2025

21 DÍAS EN GALEGO: PROPOSTAS LECTORAS

O alumnado de 6º de Primaria propón esta semana varias recomendacións lectoras para todos os públicos. Velaquí tedes as súas interesantes propostas:

 

Hecho con Padlet

6 de maio de 2025

ACOMPAÑAMENTO LECTOR

Nunha solleira mañá, e dentro da programación establecida na actividade "Do Libro, ás Letras", todo o alumnado do centro participou nunha xornada conxunta de lecturas compartidas.

Padriños lectores e madriñas lectoras do 2º e 3º Ciclo de Primaria, achegáronse á cativada de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria para gozar dunha "Hora de Ler Compartida"


 





 Unha deliciosa e entrañable actividade!!

Moitísimos parabéns!! 

 

 

26 de abril de 2025

21 DÍAS EN GALEGO: CONTACONTOS INTERACTIVO

No marco das conmemoracións do Día do Libro e do Día das Letras Galegas estemos desenvolvendo diariamente a actividade "Do Libro ás Letras. 21 Días en Galego"

 

No día de hoxe ofrecemos este contacontos interactivo con propostas do equipo de Voluntariado da Biblioteca no que podedes acceder a 10 interesantes e variadas propostas de contadas.

 

5 de abril de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS SAUDABLES

Este proxecto, no que colaboran os Equipos de Biblioteca, EDLG e PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva), botou a andar a comezo deste trimestre. Cada semana as mochilas, cargadiñas de xogos e libros de distintas temáticas, buscan un novo fogar. O seu obxectivo é o de fomentar e aumentar o tempo de xogo, actividade física así como a experimentación da cativada e preferiblemente... en familia.

Trátanse de 10 Mochilas Viaxeiras Saudables nas Aulas de Primaria:

 
Así como as Mochilas Saudables para as Aulas de Infantil (6º de EI no 2º Trimestre)

 


 Grazas familias pola vosa colaboración!

 

8 de marzo de 2025

CANTAREIRAS, CONTADA POLA IGUALDADE

 Esta semana todo o alumnado do centro gozou dunha contada moi especial a cargo do colectivo Polo Correo Do Vento. Esta actividade está promovida polos Servizos Sociais do Concello de Barro dentro do Programa do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

En catro sesións, unha para cada un dos ciclos educativos do centro, escoitamos a Carlos Taboada como emocionado contacontos,  Alba Faro e Marcelo Dobode entusiastas "cantareiras" e acompañados de Tania Solla coas súas magníficas ilustracións.

 

 Interesantísimas e constructivas xornadas!

Moitísimas grazas!


21 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA

 Para celebrar o Día de Rosalía que terá lugar o 23 de febreiro, día do seu nacemento, desenvolvemos ao longo desta semana unha morea de actividades de investigación, lectoescritura, oralidade, plásticas e musicais.

Este ano creamos dous grandes murais colaborativos coas aportacións de todo o alumnado do centro, tomando como referencia á polifacética artista xaponesa Yayoi Kusama e imitando a súa característica obra chea de lunares.

 

Quedaron moi lucidos!

Moitísimas grazas pola vosa colaboración! 

 


26 de outubro de 2024

VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA

 Esta semana visitamos a Biblioteca Pública de Barro para celebrar o Día das Bibliotecas.

Alí agardaban con moito agarimo e ilusión un avó e varias avoas para compartir con  todos e todas nós uns contacontos e interesantísimas experiencias de vida.

O alumnado máis cativo colaborou na preparación dun caldiño coloreando saborosísimas verduras que logo depositou nunha pota. Os nenos e as nenas de 2º e 3º ciclo de Primaria participaron tamén nunha enquisa da OMIX para coñecer un pouquiño mellor os gustos e preferencias culturais e deportivas da cativada.

 
 

 


 


Moitísimas grazas por continuar esta iniciativa igual de entrañable que interesante!!

 

20 de xuño de 2024

CONTACONTOS LUÍSA VILLALTA

Na mañá do martes o alumnado de 3º e 4º de Primaria puido gozar dunha actividade de contacontos e un obradoiro de debuxo impartido por Polo Correo do vento, actividade promovida pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro. 

O contacontos de Quique Mauricio, "Tinta do mar" (homónimo da obra por eles publicada) relata pasaxes da vida da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas, Luísa Villalta. Ao remate, puidemos aprender a facer a súa caricatura guiados moi sabiamente por Carlos Taboada.




A rapazada tivo ocasión de facer un pequeno repaso musical con Antón Ke no que lembraron o motivo da celebración das Letras Galegas, a figura de Rosalía de Castro e detalles da vida de Luisa Villalta. 

Moitísimas grazas!!

Gozámolo moitísimo!!

 

12 de xuño de 2024

ENTREGA AGASALLOS AS VERBAS QUE CONTAN 2024

Recibimos na Biblioteca do centro a Xosé M. Fernández Abraldes (Alcalde de Barro) e a Pilar Álvarez (responsable da OMIX e Biblioteca Pública do Concello) para felicitar á cativada de Infantil pola súa fabulosa participación no Concurso As verbas que contan 2024 e agasallar cuns lotes de libros para incorporar ás bibliotecas das respectivas aulas.

Foi cada encargada ou encargado da clase quen recibíu o lote de libros de mans do alcalde, e tras un breve acto volveron ás súas aulas con moito entusiasmo.

 
 
 
 
 






 Asemade, os rapaces e rapazas de 1º A quedaron moi contentos e contentas por recibir os agasallos por gañar o 1º Premio de Verso na súa categoría polo seu caligrama colectivo "A señorita Xoaniña"

 

 

MOITÍSIMOS PARABÉNS!!
MOITÍSIMAS GRAZAS!!