Amosando publicacións coa etiqueta BARRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BARRO. Amosar todas as publicacións

29 de xuño de 2026

"PASEO DAS CERDEIRAS"

    Como ben sabedes, co gallo do Día internacional do Medio Ambiente, plantamos unhas cerdeiras no acceso principal do colexio. Nas aulas de terceiro de primaria elaboramos un cartaz conmemorativo versionando os seguintes versos de Rosalía de Castro:

 "Miña terra, miña terra,

 terra onde me eu criei, 

hortiña que quero tanto,

 figueiriñas que prantei".

    Quedounos tan bonito que quixemos colocalo no mesmo lugar onde plantamos as cerdeiras.

                                            
                 Mirade que bonita queda a entrada do cole!!
Grazas ás entidades colaboradoras por axudar a facelo posible!!


5 de xuño de 2026

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIOAMBIENTE

     Ao longo desta semana, estivemos levando a cabo diferentes tarefas para conmemorar o Día Internacional do Medioambiente. 

      As horas de ler estiveron adicadas a lecturas relacionadas co monte galego e como previr incendios, plantamos catro cerdeiras donadas polo CIF de Lourizán, traballamos a canción "Verdescente" de Uxía Lambona e a Banda Molona e o venres estivo acompañándonos unha bióloga do CIF de Lourizán.

     Mirade o atarefados que estivemos plantando as nosas cerdeiras!!!




    Tamén elaboramos un cartel conmemorativo,  recollendo uns versos de Rosalía de Castro pero permitímonos unha pequena licenza...

                             Pronto poderemos velo na entrada do cole!!!

 

        Cando pensabamos que o traballo estaba rematado, a maxia, deste día tan importante, quixo facernos un agasallo en forma de dúas árbores. O avó de Raúl de 6º de educación infantil agasallounos con dúas novas árbores que plantaremos a semana que vén. Son dúas nogueiras de Pecán.


                            MOITAS GRAZAS, CARLOS!

    Agradecer, tamén,  a María Eugenia Miranda Fontaíña a doazón das cerdeiras e a súa visita. Agradecer ao Concello de Barro a súa disposición absoluta para levar a cabo este proxecto. 

   

   

26 de setembro de 2025

CONCERTO INICIO CURSO ESCOLAR

O noso alumnado de Primaria gozou hoxe do tradicional concerto didáctico de inicio do curso escolar a cargo da Banda - Escola de Música de Barro. As nenas e nenos escoitaron con moita atención, cantaron e tiveron a grandísima oportunidade de probar os instrumentos. 

Pasárono xenial!!!

Moitísimas grazas!!!












Canto talento musical hai en Barro!!!

Moitísimos Parabéns!!!


22 de setembro de 2025

CIRCO NA BIBLIOTECA DE BARRO

O noso alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria gozou hoxe cunha divertidísima actuación de circo no Salón de Actos da Biblioteca Pública. O espectáculo estivo protagonizado por Dani Blanco, que fixo as ledicias do público coas súas historias, malabares, libros, escapismos... aderezados con moitísimo humor.






Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!


14 de febreiro de 2025

14-F Día do amor e a amizade

 Nos últimos anos ás nenas e aos nenos gústanos celebrar, cada vez máis, esta data. No cole decidimos conmemorala decorando unhas fermosas palabras que teñen que ver co amor dende todos os eidos: familia, amizade, compañeirismo...contorna en xeral.  (Queremos agradecer o uso deste material á profe Inma da páxina de Instagram a Profe Inne.)

 

 
 
 

 
          Así de fermoso loce un dos corredores do cole!!!

27 de setembro de 2024

CONCERTOS DIDÁCTICOS PRIMARIA

A música é para gozala. Nos concertos didácticos de hoxe, o noso alumnado de Primaria aprendeu, divertiuse e participou con moito gusto e emoción. Foron dous concertos memorables, a cargo da Banda-Escola de música de Barro, nos que as nenas e nenos coñeceron de primeira man os instrumentos da escola e, ademais, tiveron a grandísima sorte de probalos.


Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!


28 de setembro de 2023

CONCERTOS DIDÁCTICOS

Moito gozaron hoxe as nosas nenas e nenos de Primaria cos fantásticos concertos didácticos ofrecidos por integrantes da EMBA (Escola de Música de Barro), baixo a maxistral guía de Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro.

Alumnado e ex alumnado do noso centro participou nas xeniais interpretacións de coñecidos temas musicais, que o director intercalou sabiamente con animadas explicacións das familias instrumentais.

Como premio á fantástica participación do público, que demostrou unha vez máis saber estar en silencio e escoitar con moita atención, o alumnado tivo a oportunidade marabillosa de probar os instrumentos que quixeron. Pena que non houbera máis tempo para facelo, porque a experiencia foi un exitazo.

Pasámolo xenial!!!

Bravissimo!!!

Moito talento musical hai en Barro!!!


21 de xuño de 2023

CONCERTO SÚPER EMOCIONANTE

Hoxe asistimos a un concerto súper emocionante do noso alumnado que está na Escola de Música de Barro (EMBA). Acompañado magnificamente por Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro, e as mestras Cristina García e Laura Juncal, interpretou un extenso e variado repertorio, que mereceu longos e cálidos aplausos das súas compañeiras e compañeiros, que prestaron moitísima atención.

O concerto tivo lugar na Nave da Música do Concello de Barro e contou cunha presentadora de excepción, Aroa Tellado, ex alumna do noso centro e integrante da Banda.

Bravissimo, artistas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

Grandísimo pracer escoitarvos!!!