Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

25 de febreiro de 2026

FIN DO ENTROIDO 2026: VISITA DE "O CORVO DA CORALIA"

No día de hoxe recibimos a Xosé M. Fernández Abraldes, alcalde de Barro, para presentarnos un ano máis á personaxe que representa ao entroido de Barro.

Todo o alumnado do colexio reuniuse no ximnasio para coñecer de primeira man a súa historia. Esta remóntase aos anos sesenta do século pasado e din que no lugar d'O Curuto en Barro, había un corvo moi popular e falador chamado "O corvo de Coralia" que debe o seu nome a súa dona. 

Este ano, ademais, varias persoas do noso concello, reuníronse para falar del. Animámosvos a ver o vídeo do perfil do Concello de Barro. Grazas polo marabilloso traballo o das veciñas e veciños!


🎉 🎭 FELIZ ENTROIDO! 🎭 🎉

Moitas grazas pola vosa colaboración! 

CORRIDA DO GALO 2026

Por mor das inclemencias do tempo atmosférico, soamente o alumnado de 2º e 3º de Primaria puido desfrutar das xornadas de demostración da "Corrida do galo" organizadas polo Concello de Barro a través da OMIX. O alumnado nas sesións de EF participou neste xogo tradicional que se celebra cada ano nas distintas parroquias do concello.

 O xogo consiste en bater, cos ollos tapados, nunha ristra de laranxas bravas ensertadas nunha vara de vimbio ata tiralas todas.

 


                        Un magnífico xogo cooperativo!

18 de febreiro de 2026

ENTROIDO DE CÓMIC 2026

Despois dos tres mandadiños, o do xoves nos invitaba a lucir os disfraces relacionados con noso PDI "NovenArte-BD". Por iso, cada nivel/ciclo caracterizouse seguindo esta temática: viñetas, bocadillos, Pitufos, Policán e superheroes e superheroínas. A chuvia non nos impediu facer un pequeno desfile polo pavillón municipal, onde nos sentimos como grandes estrelas da banda deseñada!





O venres, Mimi invitounos a facer un novo desfile polos corredores e estancias do cole no que puidemos ver os orixinais disfraces dos maiores e pequenos/as do cole. Pasámolo xenial!




🎉 🎭 FELIZ ENTROIDO! 🎭 🎉

Moitas grazas pola vosa colaboración! 

12 de febreiro de 2026

MANDADIÑOS DE ENTROIDO 2026

Un ano máis, Mimi, a mascota da biblioteca, invitounos a celebrar o Entroido presentando os tradicionais mandadiños que seguimos con tantísima ilusión. Este ano, as primeiras peticións estiveron relacionadas coa forma de vestir de coñecidas personaxes de banda deseñada: Mafalda, Tintín e Snoopy. 

Queredes ver o ben que o recreamos? Estade atent@s que haberá máis! 🎭 🎉

 

 



14 de marzo de 2025

O CORVO DE CORALIA

 Na mañá de hoxe recibimos a Xosé M. Fernández Abraldes (Alcalde de Barro) para presentarnos á que por primeira vez é mascota do entroido en Barro.

Repartido en dous grupos, todo o alumnado do centro reuniuse no ximnasio para coñecer de primeira man a súa historia, pois parece ser que aló polos anos 60 do pasado século XX había no lugar d'O Curuto en Barro un corvo moi popular chamado "Paco", rescatado do olvido como figura carnavalesca: "O corvo de Coralia" 

 



3 de marzo de 2025

ENTROIDO ... DE CINE

Ao longo desta semana e como vén sendo costume no centro, MIMI, a mascota da Biblioteca, presentou diariamente os mandados que seguimos con moita ilusión.



O mandado do xoves facía alusión ao noso PDI "Cine de Barro" e por esta razón cada ciclo ou nivel caracterizouse seguindo a temática do mesmo. Ese día fixemos un pequeno desfile desde o centro ata a explanada diante do pavillón, onde nos agardaban familiares para acompañar o noso percorrido.

 








Chegado o venres, puidemos gozar novamente cun desfile, baile e moitísima ilusión por mostrar os nosos disfraces favoritos.


 










FELIZ ENTROIDO!

Moitísimas grazas pola vosa colaboración! 

 

CORRIDA DO GALO

 Estas últimas semanas e condicionadas polas inclemencias do tempo atmosférico, desenvolvéronse no centro as xornadas de demostración da "Corrida do galo" organizadas polo Concello de Barro a través da OMIX. O alumnado de Primaria gozou nas sesións de EF coa participación neste xogo tradicional que se celebra cada ano nas distintas parroquias do concello.

 O xogo consiste en bater, cos ollos tapados, nunha ristra de laranxas bravas ensertadas nunha vara de vimbio ata tiralas todas.

 

Un magnífico xogo cooperativo!

18 de febreiro de 2024

CORRIDA DO GALO

Nas últimas semanas todo o alumnado de Primaria gozou coas xornadas de demostración da "Corrida do galo" organizadas polo Concello de Barro a través da OMIX. Pili Álvarez explicou a orixe deste xogo tradicional que cada ano se celebra nas distintas parroquias do concello.

O xogo consiste en bater (cos ollos tapados) nunha vara de vimbio na que hai ensertadas 12 laranxas bravas (non comestibles) ata lograr tiralas todas.




 

 Unha gozada, xogar cooperativamente!!!

17 de febreiro de 2024

Entroido 2024

A celebración do Entroido comenzou, como ven sendo habitual no noso centro, cos mandados de MIMI, a mascota da Biblioteca, e culminou co "Desfile Olímpico" que tivo lugar na mañá do venres 16.

Realizamos un pequeno percorrido desde o centro ata a explanada diante do pavillón para gozo e deleite das familias que nos acompañaron.




 






 



Grandísima festa!!

Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!