29 de abril de 2013

Cantamos HANI KUNI.

O pasado día 16 de Abril recibimos no colexio a visita de Laura Benítez, coordinadora en Galicia do proxecto de lecto-escritura no que está a traballar todo o centro co libro "ojo de Nube".
Quixemos adicar a "hora de ler" dese día a Laura deste xeito tan especial.
Recibímola no ximnasio do cole para cantarlle esta canción orixinal dos indios canadienses e adaptada pola profe Claudia como parte deste proxecto.
Esperamos que a disfrutedes.

Saúdos.
MIMI.



23 de abril de 2013

Día do libro.

Con motivo da celebración do día do libro imos levar a cabo esta semana unha serie de actividades das que vos iremos dando conta.
Hoxe presentamos o punto de lecturas que nos fixo chegar a rede de bibliotecas escolares e agradecemos a Paula Carballeira o precioso texto co que nos agasalla.


descarga o punto de lectura.


Só un libro.
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un lbro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?.
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademáis de letrase debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo…
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se dacata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de mín.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber se escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces pensó que a miñairmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.

Paula Carballeira.

Saúdos.
MIMI 

21 de abril de 2013

CLUB TELÉMACO.

    O Club de Escritura Telémaco posto en marcha pola Fundación SM e a Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE), organiza este proxecto co que pretende fomentar o acercamento dos nenos/as e adolescentes á literatura.
   Este curso, todo o centro, infantil e primaria,  participa nun Proxecto do Equipo da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE). Dirixido por Estela D´ Angelo Menéndez e coordinado por Laura Benítez Sastre. A obra literaria coa que estamos a traballar é "Ojo de Nube" do escritor Ricardo Gómez.

Saúdos.
MIMI.

Para máis información:
 http://www.clubescrituratelemaco.org/index.php


20 de abril de 2013

As Novas na escola.

O alumnado de 6º A prepararon nas clases de linguas un programa de telexornal. Este é o resultado.



Saúdos.
MIMI.




16 de abril de 2013

Pisadas

Mentres liamos o libro "Ojo de Nube",os nenos e nenas de 5 anos,descubrimos que os nenos indios aprendían a identificar pisadas dende ben pequenos. Traendo a experiencia o noso contorno tratamos de identificar as pisadas dos animais máis coñecidos entre nós. Ademais, recollemos algunhas pistas para identificalos. ¡¡¡A ver ser os adiviñades!!!!


La Voz de los Crow.

O alumnado de 6º A traballou nas clases de linguas na elaboración, redacción e producción dun xornal despois da lectura do libro " Ojo de nube" de Ricardo Gómez.
Botade unha ollada.




Un saúdo.
MIMI.





14 de abril de 2013

Sacos de medicina.

O alumnado de 3º e 4º curso de Primaria coseron e decoraron os sacos de menciñas coma os que usaban os indios Crow. Velaí o video cunha pequena mostra.



Saúdos.
MIMI.






10 de abril de 2013

Canción "HANI KUNI"

Preséntovos o vídeo da interpretación feita por alumnos e alumnas do CEIP Amor Ruibal da cantiga india "Hani Kuni".



Saúdos.
MIMI.

8 de abril de 2013

Puntos de lectura



Con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO anímovos a participar elaborando puntos de lectura.
Propóñovos facelo a partir da obra OJO DE NUBE coa que estamos a traballar nas aulas.
Saúdos.
MIMI.

1 de abril de 2013

Día do libro infantil e xuvenil.

O 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, se celebra o día do libro infantil e xuvenil.
O IBBY, organismo internacional que o promove, encargoulle á sección norteamericana este ano o cartel conmemorativo. Ilustrado por Ashley Bryan e cun poema de Pat Mora titulado "Book joy around the wortd". A traducción ao galego é de Concha Blanco.


Cartel conmemorativo
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios,
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan estrelas.

Lemos xuntos. Tí e eu, dando voltas e voltas
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


Saúdos.
Mimi.