9 de xuño de 2023

PATRULLAS VERDES NO COLE!

No mes de decembro comezaba un proxecto de educación medioambiental no noso cole: Patrullas Verdes, o noso patio limpo!

Cada venres, que o tempo o permitise, un equipo composto por varias nenas e nenos de todos os cursos, reuníanse no patio para recoller a basura presente nos nosos patios, dende primeiro a sexto de primaria.

Hoxe entregáronse os diplomas que recoñecían dito noso labor, foi un gusto ver as caras de felicidade da rapazada! 






MOITÍSIMAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!!


UN DÍA PARA AS LETRAS

O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria gozou hoxe do contacontos musicado e ilustrado Un día para as letras, centrado na vida e obra de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023.

A actividade, promovida pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Barro, foi desenvolvida por Quique e Carlos, do equipo creativo de Polo Correo do Vento, e o músico Antón Ke, moi ben acompañado pola súa pulguiña cantareira (o ukelele).

O alumnado prestou moitísima atención e foi quen de debuxar unhas boísimas caricaturas de Paco del Riego, baixo a maxistral guía do ilustrador.

Moitísimas grazas!!!

7 de xuño de 2023

AGASALLOS PARA INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

Xosé Manuel Fernández Abraldes Pilar Álvarez estiveron hoxe na nosa Biblioteca para felicitar a todo o alumnado de Infantil pola súa marabillosa participación no concurso convocado polo Concello de Barro ao través da OMIX, AS VERBAS QUE CONTAN 2023, e entregar a cada aula uns lotes de libros, que as crianzas recibiron con grandísima ilusión.

Asemade, as nenas e nenos de 1ºA quedaron a mar de contentas e contentos cos fantásticos agasallos que lles deron por acadar no concurso o 1º premio na súa categoría, coa obra colectiva O coello que non sabía as cores.


MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!


5 de xuño de 2023

CONMEMORAMOS O MEDIOAMBIENTE

Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente, e reafirmar o noso compromiso co coidado da natureza, todo o alumnado recibiu de agasallo unha planta de perexil e unhas tarxetiñas, con inspiradoras frases para reflexionar sobre a nosa responsabilidade co medio que nos rodea.

O acto de entrega correu a cargo das nenas e nenos de 3º de Primaria, responsables do proxecto de investigación Creamos un sementeiro, co desenvolvemento de sesións informativas ao longo do curso, destinadas ao resto do alumnado e, coa chegada da primavera, de xornadas de plantación nas que colaboraron todas e todos.

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

Agora, cada quen terá que seguir coidando na súa casiña do seu perexil, tan beneficioso para a saúde.

Feliz Día do Medioambiente!!!


XOGAMOS CON MIUDIÑO

Hoxe, Día Mundial do Medioambiente, todo o alumnado gozou no patio de lecer dunhas divertidas sesións de xogos e creación de xoguetes con materiais naturais, dirixidas e desenvolvidas por integrantes da Cooperativa Miudiño.

Grandísimo pracer!!!

Moitísimas grazas!!!


2 de xuño de 2023

O LEGADO MUSICAL DO MESTRE LANDÍN

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria visitou, ao longo desta semana, a magnífica exposición Arquivo Musical Francisco Landín Pazos, que acolle o Concello de Barro dende o pasado 17 de maio.

O mestre Landín Pazos foi quen inculcou ao músico Felipe Rea, pai do noso alumno Fiz, a paixón pola música e, no ano 2005, tivo a sorte de recibir gran parte do arquivo musical do compositor da man da súa filla pequena, Carolina. Felipe non dubidou en facerlle unha merecida homenaxe ao seu mestre, investigando e divulgando a súa vida e obra por salas e museos de diferentes cidades. 

A exposición conta con partituras orixinais, rexistros das súas composicións, instrumentos, unha proxección audiovisual e obxectos persoais do mestre Landín.

As nosas nenas e nenos tiveron a grandísima sorte de percorrer a mostra baixo a certeira guía do propio Felipe, e a verdade é que o fixeron con moita atención, curiosidade e admiración.

Moitísimos Parabéns!!!

Moitísimas grazas!!!

Unha exposición moi recomendable!!!


27 de maio de 2023

SEMANA DOS XOGOS POPULARES

No marco do PDI deste curso escolar, Inventos, e tendo en conta que mañá é o Día Internacional do Xogo, o alumnado de 6º de Primaria traballou colaborativamente para organizar e dinamizar, ao longo desta semana, unhas estupendas xornadas de xogos populares para todo o alumnado do centro.

Ademais de practicar co xogo do que cada alumna e alumno de 6º era responsable, estas mozas e mozos tiveron que prever e analizar os posibles inconvintes, as necesidades de espazo, o sistema de puntuación que empregarían...

E hai que dicir que foron quen de ter a paciencia de explicar con claridade, comprender e adaptar o xogo ás distintas idades do alumnado participante, que gozou a tope destas exitosas xornadas culturais nas que o xogo foi o protagonista absoluto. 

MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!


Como sorpresa, o alumnado de 6º recibiu unhas fermosas cartas de agradecemento e felicitación por parte das crianzas da aula de 5 anos.


MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

26 de maio de 2023

MUSEO ETNOGRÁFICO DE BARRO

No marco do Proxecto Documental Integrado deste curso escolar, Inventos, o alumnado de 6º de Primaria investigou a fondo sobre antigos obxectos de grande utilidade para a sociedade (radio, tocadiscos, ferros, lámpadas, candís, lanternas, muíños, utensilios agrícolas, tenaces, sopretes, teléfonos, máquinas de afeitar, cámaras de fotos, regras de cálculo, abanos, binoculares, máquinas de escribir, chaves...). 

Coa información recompilada, crearon e expuxeron liñas de tempo onde situaron os inventos cronoloxicamente e fixeron fichas coa autoría do invento, lugar, ano e utilidade.

Como colofón, e contando coa inestimable colaboración familiar, montaron na Biblioteca do centro o Museo Etnográfico de Barro para que todas e todos puidésemos ver estes inventos tan curiosos. Asemade, a partir de fotografías antigas do profesorado, o alumnado visitante xogou a Quen é quen? para tentar adiviñar que profe estaba en cada foto. 


EXCELENTE TRABALLO!!!

MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS, FAMILIAS, POLA VOSA COLABORACIÓN!!!