Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos. Amosar todas as publicacións

31 de maio de 2025

PROXECTO "AS NOSAS CANTIGAS" DE BARRO

Ao longo do curso, alumnado e familias colaborastes na recompilación de cantigas, xogos, adiviñas... Propios da nosa zona e doutros lugares nos que temos achegados, amizades...


Compartimos con outros centros de Galicia algunhas cantigas deste proxecto como xa mencionamos nunha entrada anterior:

Proxecto intercentros: As nosas cantigas 

Hoxe queremos amosar o resultado da nosa escolma, na que agrupamos as follas de recollida por parroquias do noso concello e outros lugares de Galicia. Esperamos que vos gusten.


Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!

29 de maio de 2025

RECANTO MUSICAL

 Esta semana e grazas unha vez máis á colaboración coa ANPA, estreamos recanto musical nos patios de lecer. Trátase duns coloridos e vistosos paneis provistos de elementos cotiás cos facer percusión, e cos que a rapazada goza explorando e facendo música.


 Moitísimas grazas!!

22 de maio de 2025

NOVOS RECANTOS NOS PATIOS DE LECER

 Compartimos hoxe imaxes de dous novos recantos nos patios, ámbolos dous grazas á colaboración e promoción da ANPA Amor Ruibal.

Por unha banda o rocódromo, instalado no muro da fachada noroeste e pola outra o invernadoiro preto das aulas de infantil.

 

 
 Moitísimas grazas pola vosa inestimable
colaboración!!

8 de maio de 2025

XVI PREMIO MIMI

 Na mañá de onte, mércores, mozos e mozas de 5º de Primaria presentaron na Biblioteca ante todo o alumnado e profesorado as candidaturas recibidas este ano para o XVI Premio MIMI que o noso centro concede a persoas ou entidades que destacan polo uso, defensa e difusión da lingua galega.

 


As candidaturas recibidas son as seguintes:

1. Queremos Galego

2. Fillas de Cassandra

3. Paco Nogueiras

4. Orgullo Galego

5. Paula Carballeira 

6. Escola de Música e Danza Coda

 


E hoxe tivo lugar unha intensísima xornada electoral na que alumnado e profesorado emitíu o seu voto.



Unha vez rematado o escrutinio, a alumnado de 5º procedeu á lectura en voz alta da acta co número de votos acadado por cada candidatura.

 


A gañadora resultou ser:

 

FILLAS DE CASSANDRA!!!

 

 Moitíííííísimos parabéns!!! 

 

E graciñas a todas as persoas e entidades colaboradoras que, ano tras ano, ofrecedes as vosas aportacións e apoio para manter vivo este fermosísimo proxecto!!

 

5 de abril de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS SAUDABLES

Este proxecto, no que colaboran os Equipos de Biblioteca, EDLG e PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva), botou a andar a comezo deste trimestre. Cada semana as mochilas, cargadiñas de xogos e libros de distintas temáticas, buscan un novo fogar. O seu obxectivo é o de fomentar e aumentar o tempo de xogo, actividade física así como a experimentación da cativada e preferiblemente... en familia.

Trátanse de 10 Mochilas Viaxeiras Saudables nas Aulas de Primaria:

 
Así como as Mochilas Saudables para as Aulas de Infantil (6º de EI no 2º Trimestre)

 


 Grazas familias pola vosa colaboración!

 

31 de marzo de 2025

OBRADOIROS FAMILIA E SAÚDE

 O Concello de Barro, a través do Proxecto de Prevención das Condutas Adictivas, realizará o mércores 2 de abril un Obradoiro en Liña de Prevención de Condutas Alimentarias de Risco no Ámbito Familiar. Alimentándonos de Saúde.

INSCRÍBETE

 
Con este obradoiro búscase informar e dar ferramentas ás familias para a xestión da adolescencia, aumentar o seu coñecemento sobre as condutas de risco, e promover unha mellor educación nutricional e alimentaria coa que previr trastornos da conduta alimentaria entre as súas crianzas.

A sesión será realizada en liña por personal especializado da UNAF (Unión de Asociacións Familiares)

ANIMÁDEVOS!

A vosa presenza é moi importante.

 

Onde?     En liña

Cando?   O mércores 2 de abril. De 18:30 A 20:00 hs.

Inscrición: Clicando a continuación ou no cartel en "INSCRÍBETE" 

Posteriormente recibiredes un enlace de acceso ao taller (Zoom)

 

 

15 de febreiro de 2025

DELICIOSAS PERAS

O noso alumnado degustou na mañá do venres unhas peras que estaban a mar de deliciosas, cortesía, unha vez máis, da ANPA Amor Ruibal.


 

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns pola iniciativa!!!


7 de decembro de 2024

OBRADOIROS DE PREVENCIÓN. ESCOLA E FAMILIA

Xa están en marcha as actividades do Proxecto de Prevención das Condutas Adictivas no que o Concello de Barro participa desde o ano 2013, xunto con outros da contorna (Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas) contando cun convenio de cofinanciamento da Consellería de Sanidade.

 


Para complementar as actividades preventivas que se levan acabo no centro escolar (hábitos saudables, habilidades sociais, habilidades de rexeitamento, de autoestima, intelixencia emocional, riscos e mitos TRICs, mitos e riscos drogas, etc.), dende o Proxecto de prevención de Barro facilítase material preventivo para poñer a disposición das familias. Con el, e seguindo pautas breves e sinxelas, poderedes mellorar a vosa competencia preventiva, favorecendo a promoción da saúde e a prevención de riscos psicosociais asociados á xuventude (condutas violentas, consumo drogas, abuso TRIC).

 

MATERIAIS INTERACTIVOS:

  • DECÁLOGO INTERACTIVO: 10 consellos para mellorar a relación cos fillos e fillas. 
Genially: 10 consellos para mellorar a relación cos fillos e fillas
  • PAUTAS FAMILIARES: Contribuir ao desenvolvemento saudable dos fillos e fillas. 
Parentalidade positiva: Pautas para familias
  • PREVENCIÓN CONDUTAS DE RISCO EN ADOLESCENTES: Comportamentos violentos, fracaso escolar, consumo de drogas, alteracións da alimentación, sexualidade e abuso de tecnoloxías. 
UNAF: Condutas de risco en adolescentes

XOGOS EN FAMILIA: 

  • FAMILIAS: Xogo para mellorar o clima e convivencia familiar. 
Xogo: Competencias persoais e sociais
  • ROLEANDO EN FAMILIA: Xogo para a mellora das relacións familiares e a prevención das condutas de risco na adolescencia. 
Xogo: Roleando en familia 

Nesta liña, ao longo deste curso escolar ofertaranse, dende o Proxecto de prevención das condutas adictivas, en colaboración co noso centro e coa ANPA Obradoiros presenciais e en liña destinados ás familias, cos que fomentar o papel preventivo da familia, como principal axente de socialización.

Para finalizar, incluímos os datos de contacto do Departamento de prevención das condutas adictivas de Barro, ao que pode recurrir de forma gratuíta e confidencial calquer familia ou persoa que necesite asesoramento, orientación e/ou tratamento relacionado coas condutas adictivas.

 

Contacto Servizo de prevención das condutas adictivas: 

Dirección: Centro Ocupacional “A Ran”, Cuntis.

Teléfono: 986 59 59 22 (Horario de 9:00 a 14:30h)

E-mail: prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es

Blog:www.prevenciondrogodependencias2020.blogspot.com   

Servizos prestados:
Asesoramento sobre tratamentos de deshabituación de drogas, derivación centros asistenciais. Asesoramento sobre tratamentos das adiccións sen substancias (abuso TRIC, xogos de azar), derivación centros asistenciais. Tratamento para deixar de fumar (individual e grupal). Asesoramento familiar sobre a prevención das condutas adictivas dende a familia (prevención consumo de drogas, abuso das TRIC e uso/adicción a xogos de azar).


Un proxecto moi necesario e 

interesante para toda a comunidade!



15 de novembro de 2024

APETITOSAS MAZÁS

Moitísimas grazas á ANPA do CEIP Amor Ruibal polas apetitosas mazás coas que agasallaron a todo o alumnado do noso centro.

Mens sana in corpore sano



Moitísimos Parabéns pola iniciativa!!!



18 de outubro de 2024

DELICIOSAS MANDARINAS

Todas as nenas e nenos do colexio merendamos hoxe mandarinas, servidas pola ANPA Amor Ruibal.

Estaban deliciosas!!!

Moitísimas grazas!!!



11 de xuño de 2024

ENTREGA DO XV PREMIO MIMI

Na mañá de hoxe, todo o alumnado e profesorado do centro asistiu emocionadísimo á entrega do XV Premio MIMI que o noso centro concede a persoas ou entidades que destacan polo uso, defensa e difusión da lingua e cultura galegas.
 
 
O acto tivo lugar na Nave da Música e foi marabillosamente conducido polo alumnado de 5º curso, responsable do Proxecto.


Comezou a gala con "O rap da lingua" de Migallas, que todos e todas cantamos con moito entusiasmo.


A continuación, o alumnado de 5º lembrou todas as candidaturas recibidas este ano antes de proclamar ben forte o nome da gañadora:  

UXÍA LAMBONA  E  A BANDA MOLONA!!!


E xa coa banda no escenario, unha agradecidísima Uxía fíxonos vibrar e saltar con dúas cancións que moi ben coñecemos: "Parabéns para ti"  e  "Rock molón" que foron coreadas e bailadas con moitísima devoción por todos os nenos e nenas.

Foi unha gozada!

Pasámola xenial!!

Mil veces grazas!!!

Antes de despedírmonos, Uxía e a Banda Molona posaron moi pacientemente  con todos os grupos do colexio e deixaron a súa pegada cunha bonita dedicatoria no Libro de Honra da nosa Biblioteca así como un fermoso agasallo para incorporalo aos nosos fondos.









Moitísimas grazas ao Concello de Barro por facilitar a organización do acto e a Santi Pazos polo seu apoio técnico!!!


7 de xuño de 2024

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Cada 5 de xuño conmemoramos o Día do Medioambiente para lembrar e reafirmar o noso compromiso por coidar o noso entorno, a natureza que nos rodea.

Este curso escolar organizamos unha andaina por un tramo do Camiño de Santiago dende o noso centro ata o parque da Carballeira de A Portela na que participou o alumnado de 6º de Infantil e de todos os niveis de Primaria. 

Ao chegar, nenas e nenos de 3º e 4º curso leron un breve manifesto e recitaron uns bonitos versos. A continuación, procederon a plantar unha oliveira.

Ao remate deste breve acto, merendamos e puidemos repoñer forzas antes de iniciar o camiño de volta ao colexio.

 
Unha mañá intensa e emocionante!!!

Moitísimas grazas ao Concello de Barro e

 á Xunta de Montes da Portela 

pola súa colaboración!!!