Amosando publicacións coa etiqueta BXB. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BXB. Amosar todas as publicacións

26 de setembro de 2025

CONCERTO INICIO CURSO ESCOLAR

O noso alumnado de Primaria gozou hoxe do tradicional concerto didáctico de inicio do curso escolar a cargo da Banda - Escola de Música de Barro. As nenas e nenos escoitaron con moita atención, cantaron e tiveron a grandísima oportunidade de probar os instrumentos. 

Pasárono xenial!!!

Moitísimas grazas!!!












Canto talento musical hai en Barro!!!

Moitísimos Parabéns!!!


27 de setembro de 2024

CONCERTOS DIDÁCTICOS PRIMARIA

A música é para gozala. Nos concertos didácticos de hoxe, o noso alumnado de Primaria aprendeu, divertiuse e participou con moito gusto e emoción. Foron dous concertos memorables, a cargo da Banda-Escola de música de Barro, nos que as nenas e nenos coñeceron de primeira man os instrumentos da escola e, ademais, tiveron a grandísima sorte de probalos.


Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!


28 de setembro de 2023

CONCERTOS DIDÁCTICOS

Moito gozaron hoxe as nosas nenas e nenos de Primaria cos fantásticos concertos didácticos ofrecidos por integrantes da EMBA (Escola de Música de Barro), baixo a maxistral guía de Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro.

Alumnado e ex alumnado do noso centro participou nas xeniais interpretacións de coñecidos temas musicais, que o director intercalou sabiamente con animadas explicacións das familias instrumentais.

Como premio á fantástica participación do público, que demostrou unha vez máis saber estar en silencio e escoitar con moita atención, o alumnado tivo a oportunidade marabillosa de probar os instrumentos que quixeron. Pena que non houbera máis tempo para facelo, porque a experiencia foi un exitazo.

Pasámolo xenial!!!

Bravissimo!!!

Moito talento musical hai en Barro!!!


21 de xuño de 2023

CONCERTO SÚPER EMOCIONANTE

Hoxe asistimos a un concerto súper emocionante do noso alumnado que está na Escola de Música de Barro (EMBA). Acompañado magnificamente por Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro, e as mestras Cristina García e Laura Juncal, interpretou un extenso e variado repertorio, que mereceu longos e cálidos aplausos das súas compañeiras e compañeiros, que prestaron moitísima atención.

O concerto tivo lugar na Nave da Música do Concello de Barro e contou cunha presentadora de excepción, Aroa Tellado, ex alumna do noso centro e integrante da Banda.

Bravissimo, artistas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

Grandísimo pracer escoitarvos!!!


2 de decembro de 2018

Concerto en Familia 25N

O domingo 25 de Novembro, co motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, tivo lugar na Nave da Música de Outeiro un Concerto en Familia organizado pola Banda de Música Xuvenil de Barro coa colaboración do Concello e o CEIP Amor Ruibal de Barro.

O director da Banda, Santi Mella, e a mestra de música do CEIP Amor Ruibal, Claudia Favorecido,  en consonancia co sentir do Concello de Barro e de todas as persoas presentes, compartiron a súa repulsa pola violencia contra as mulleres e a firme crenza na coeducación como potente ferramenta de prevención desta eiva social, pois educar na igualdade e no respeto é, precisamente, educar contra a violencia.

O magnífico repertorio musical ofrecido pola Banda contou coa animada participación coral de alumnado do CEIP Amor Ruibal nas pezas Heijamano de Bert Appermont e Depende de los 2 de Javier Cortés (letra) e Jaime Arilla (música).

O concerto foi seguido con grande entusiasmo por un público entregado que soubo valorar o esforzo colaborativo e ben coordinado de 150 persoas, facéndonos vivir unha experiencia marabillosa.

Ao final, o alumnado participante recibiu, como agasallo por parte da Banda, cadanseu exemplar do libro `Froito dunha ilusión´ do veciño Celso García Alonso, que recolle as diferentes etapas e momentos máis destacados polos que pasou a Banda e que foi editado o ano pasado co motivo do seu 25 aniversario.

Moitísimos Parabéns!

Moitísimas Grazas á Banda de Música Xuvenil de Barro por brindármonos a oportunidade de participar neste proxecto tan fermoso!

Moitísimas Grazas a todas as persoas que fixestes posíbel este concerto memorábel, en especial ás familias polo voso apoio!

Por unha igualdade real necesaria no mundo!

A continuación, ofrecémosvos un vídeo resumo do acontecemento. Agardamos que vos guste.


14 de setembro de 2017

Concerto didáctico da BXB

Esta mañá gozamos dun interesante concerto didáctico, O país dos instrumentos, a cargo de compoñentes da Banda de música xuvenil de Barro, algúns deles mestres e mestras da Escola de música do noso Concello.
Por xentileza do Concello, membros de Protección Civil escoltaron a nosa subida á Nave da Música que foi cedida para a realización desta actividade. 

Manuel Fariña actuou de narrador ademais de amosarnos algúns instrumentos de percusión e a trompa; Iván amosou como sona a trompeta; Óscar, o trombón e o bombardino; Marcos, percusión, o óboe e o corno inglés; Anabel, o fagot; Alejandra, o clarinete; Martín, o saxo; Ana, a frauta travesa e Laura, o cello.
No seguinte vídeo podedes ver unha escolma fotográfica da súa actuación.



Que ben o pasamos!
Moitísimas grazas!

Un saúdo
MIMI

5 de maio de 2017

Participamos coa Banda no seu XXV Aniversario

O pasado domingo, 30 de abril, a Banda de Música Xuvenil de Barro celebrou cun concerto moi especial o seu XXV Aniversario, pois convidou a participar con eles ao alumnado do noso centro.
Este concerto, de título Musicolandia, foi realizado coa colaboración de Esteban Acuña  de Tarabelos Teatro (autor dos textos) que nos guiou a través dunha historia na que relatou todos os coñecementos que o profesor Corchea lle transmitiu sobre os instrumentos musicais e as súas familias e que foi magníficamente interpretado pola Banda de Música Xuvenil de Barro.
Finalizado este conto musical, o director da Banda de Música, Alberto Busto, deu paso ao alumnado de Primaria do noso centro alí presente que interpretou dous temas xunto coa Banda: "La escala Sido"  e  "El caracol Mifasol" de Ferrer Ferran que ensaiaron con moito entusiasmo coa nosa infatigable profe de música, Claudia Favorecido no transcurso das súas clases ao comenzo, e cun ensaio xeral no ximnasio do colexio nos días previos. 
Tras informar e pedir autorización ás familias, case un centenar de rapaces e rapazas ensaiaron as tardes dos sábados xunto coa Banda para mellorar a súa interpretación.

Así o recolle o Faro de Vigo nun artigo esta semana:
Parabéns a todos e todas, fixéstelo moi ben!!
Moitísimas grazas ás familias polo voso imprescindible apoio 
e colaboración nesta actividade!!


Na parte final do concerto o Presidente da BXB, Diego Escudero, fixo entrega dun agasallo ao noso centro que foi recollido por Rafael Ruibal, o noso director quen a súa vez fíxolle entrega dun diploma de recoñecemento á Banda de Música Xuvenil de Barro pola súa labor no eido musical do Concello de Barro e de agradecemento pola súa implicación e colaboración co noso centro.
OS NOSOS PARABÉNS Á BXB
 POR 25 ANOS MÁIS!!

Amosamos, a continuación, o vídeo resumo deste concerto. Agardamos que vos guste.


Un saúdo
MIMI