26 de setembro de 2023

OBRADOIRO ILLAS VERDES

Gozosa e fermosísima actividade na que participamos mestras, familias e alumnado para dotar aos nosos patios de espazos verdes que aportarán frescor, colorido e novas zonas de xogo e interacción.





Moitísimas grazas á ANPA e ao Colectivo Espazo 16 (Especies de Espazos) por esta interesante e revitalizadora iniciativa así como a todas as persoas colaboradoras.

 





 

 


11 de setembro de 2023

INICIO DE CURSO CON SORPRESA

Volvemos ás aulas con moita ilusión neste inicio de curso 2023- 24 e atopámonos con algunha sorpresiña nos patios de lecer, actuacións que segue promovendo a ANPA no noso cole.



Este fantástico mural interactivo co alfabeto en lingua de signos, creación da ilustradora Ana Seoane, ocupa a parede lateral do ximnasio. Seredes quen de adiviñar a mensaxe secreta?

 

 

Instaláronse tamén nos patios de Infantil e 1º nivel de Primaria estas fermosas cociñas, robustas e ben xeitosas, como novos recantos simbólicos. 

 




Moitísimos parabéns!!!

Moitísimas grazas!!! 

Boa andaina no novo curso!!!


24 de xuño de 2023

GRADUACIÓNS 2023


O pasado luns, 19 de xuño, celebramos no CEIP Amor Ruibal os actos de Graduación do alumnado que rematou as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria neste curso 2022-23. Nos dous actos, o alumnado estivo moi ben acompañado de familiares e demais compañeiras e compañeiros de etapa. 

Ás 10:30 h tivo lugar a Graduación do alumnado de 6º de Infantil; ás 12:30 h celebrouse a de 6º de Primaria.

Velaquí amosamos os vídeos resumo destes emocionadísimos actos:

 

MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

FELIZ ANDAINA NA NOVA ETAPA!!!

BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS 

A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!


22 de xuño de 2023

ENTREGA DIPLOMAS VOLUNTARIADO

 O alumnado de 5º e 6º de Primaria, axudante da Biblioteca Escolar e participante no Programa de Voluntariado de lectura - A, recibíu onte un diploma acreditativo pola súa colaboración no devandito programa. 



 

Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

Vémonos na Biblioteca!

21 de xuño de 2023

CONCERTO SÚPER EMOCIONANTE

Hoxe asistimos a un concerto súper emocionante do noso alumnado que está na Escola de Música de Barro (EMBA). Acompañado magnificamente por Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro, e as mestras Cristina García e Laura Juncal, interpretou un extenso e variado repertorio, que mereceu longos e cálidos aplausos das súas compañeiras e compañeiros, que prestaron moitísima atención.

O concerto tivo lugar na Nave da Música do Concello de Barro e contou cunha presentadora de excepción, Aroa Tellado, ex alumna do noso centro e integrante da Banda.

Bravissimo, artistas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

Grandísimo pracer escoitarvos!!!


20 de xuño de 2023

CONCERTOS-BAILE CON PESDELÁN

Hoxe, as nosas nenas e nenos do CEIP Amor Ruibal gozaron cos fantásticos concertos-baile Na punta do pé de PESDELÁN, desenvolvidos en dúas quendas de case unha hora de duración cada unha.

Que ben bailaron!!!

Que ben o pasamos!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!



15 de xuño de 2023

ENTREGA DO XIV PREMIO MIMI

A comunidade educativa do CEIP Amor Ruibal de Barro asistiu moi emocionada á entrega do XIV Premio MIMI que o colexio concede a persoas que destacan polo uso, defensa e difusión da lingua e cultura galega.  

O acto tivo lugar na Nave da Música de Barro, e foi conducido marabillosamente polo alumnado de 5º de Primaria, que luciu unhas preciosas pulseiras blanquiazuis, creadas para a ocasión.

A gala inaugurouse con O rap da lingua de Migallas, que todas as nenas e nenos do colexio cantaron e mimaron con grande entusiasmo.

Seguidamente, o alumnado de 5º lembrou as candidaturas recibidas, antes de proclamar ben forte a gañadora: ESTHER ESTÉVEZ, presentadora do programa DígochoEu da TVG.

Unha animadísima Esther subiu ao escenario para recoller o Premio e compartir con nós bromas, risas, bailes, cancións e, sobre todo, moitas, moitísimas emocións. 

Por suposto, non podería faltar a esta festa da lingua Digochiño, o raposiño máis riquiño e marchoso do mundo mundial, que levou unha grandísima sorpresa ao coñecer a Migochiño. 

Pasámolo xenial!!!

Antes da cariñosa despedida, Esther deixou a súa pegada no Libro de Honra da nosa Biblioteca e posou con todas e todos nós.

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

Querémosvos!!!

Moitísimas grazas ao Concello de Barro 

pola súa constante e inestimable colaboración!

10 de xuño de 2023

HORA DE LER

A Hora de Ler é un proxecto de animación á lectura que levamos desenvolvendo con todo o alumnado do noso centro dende hai moitos anos. Despois do tempo de lecer, dedícanse quince ou vinte minutos diarios á lectura en diversos soportes, formatos e modalidades, utilizando fondos da nosa Biblioteca destinados ao Proxecto Lector e outros considerados de interese.

Como actividad novidosa, que deu moi bos resultados, hai que mencionar a Hora de Ler compartida entre 1º e 6º de Primaria (os mércores, un grupo de 6º; e os xoves, outro). Nese tempo, a metade do alumnado de 1º quedaba na súa aula, e a outra metade, ía á aula correspondente de 6º, rotando ao longo do segundo e terceiro trimestre. A misión do alumnado de 6º consistiu en acompañar, guiar, axudar, animar e, sobre todo, escoitar a lectura en voz alta das nenas e nenos de 1º, que escollían previamente os libros que querían ler.

Unha actividade moi motivadora e gratificante!!!

Moitísimos Parabéns!!!