29 de novembro de 2016

Exposición FRAN REMISEIRO

Nomear a Fran Remiseiro no colexio de Barro é ver a fermosa silueta en madeira policromada de MIMI, a mascota da nosa Biblioteca. Curso tras curso, sen demora e sen descanso, o noso prezado escultor (Barro, 1975) agasállanos co seu bo talante e bo facer, para que teñamos xusto a tempo a prezada xoia na entrega dos  Premios MIMI, aló polo mes de maio, co gallo das Letras Galegas.
De formación autodidacta, amante da pedra e da madeira, a figuración é unha constante na súa obra, na que amosa, máis que corpos, puras emocións.

O xoves 1 de decembro, ás 20:00 horas, o artista realizará unha performance inaugural da súa exposición "De catedral en catedral".

Galería ABOUT ART.
Calle Pasantería, 9 
Pontevedra.


UNHA EXPOSICIÓN QUE NON PODEMOS PERDER.



Concurso de Postais de Nadal

Xa está cerca o Nadal. Un ano máis acollemos con ilusión a convocatoria para participar no XVI Concurso de Postais de Nadal que publica o Concello de Barro, a través da OMIX.,
O concurso vai dirixido a todas e todos os veciños de Barro e conta cunha nova modalidade para participar en familia.
Corresponde coa Categoría 7 : en equipo.

Invitámosvos a colaborar e participar conxuntamente nesta modalidade, tal e como suxiren as bases: avós e avoas cos vosos netos ou netas, pais e nais cos vosos fillos ou fillas, varios  irmáns xuntos,...

Achegamos unha imaxe coas bases da convocatoria deste ano :

Podedes deixar as vosas postais na Biblioteca do colexio
 antes das 14:00 horas do mércores, 14 de Decembro.
Recordade que a postal gañadora aparecerá na recomendación de lecturas do Nadal.

Un saúdo
MIMI

Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino

«Este año, el número de demoliciones de viviendas palestinas y otras estructuras por las fuerzas israelíes se ha duplicado con respecto a 2015. Gaza sigue viviendo una situación de emergencia humanitaria; hay 2 millones de palestinos afectados por el desmoronamiento de las infraestructuras y la parálisis de la economía, y decenas de miles que siguen desplazados, a la espera de la reconstrucción de las viviendas destruidas por el conflicto».
Mensaje del Secretario General en el Día Internacional 
de Solidaridad con el Pueblo Palestino
29 de noviembre de 2016


     Nesta data sinalada, recordamos a fermosa canción Luces Errantes de Ismael Serrano, que dá moito para reflexionar.




Un saúdo,
MIMI

28 de novembro de 2016

Tapóns Solidarios

Un ano máis deu comezo no noso centro a Campaña de recollida de Tapóns Solidarios. Colaboramos desde hai uns anos coa Fundación Amigos de Galicia nesta campaña e somos o Punto de Recollida de referencia do noso Concello.
O alumnado de 5º curso, coordinado pola súa titora, é o responsable de levar adiante o proxecto e conta coa inestimable axuda de Alberto Méndez, o noso prezado conserxe.


A continuación ofrecemos un documento elaborado pola Fundación Amigos de Galicia con indicacións para unha recollida efectiva, pois ofrecen información detallada dos "elementos" de recollida.  
Son máis dos que habitualmente pensamos. Mirádeo con atención.



Un saúdo
MIMI.

27 de novembro de 2016

Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25 N

Foi esta unha semana de moita actividade no noso centro. Como lestes nunha entrada anterior, convocamos - coa colaboración do Concello de Barro - a todas as persoas que quixeran vir para concentrarse con nós no patio de infantil do noso colexio.
O alumnado de 5º e 6º curso foi o encargado de preparar as pancartas e o "manifesto" coas súas "reflexións" para esta concentración. Podedes ler todo o seu traballo na aula se premedes no enlace ao seu blog:

Na biblioteca do centro fixemos, durante a mañá do venres, varios contacontos (que nós chamamos "Venres de conto"). Un grupo de Voluntarias da Biblioteca e a profe Mª Carmen leron aos distintos grupos que por alí pasaron o conto "Unha feliz catástrofe" de Adela Turín & Nella Bosnia, álbum ilustrado publicado pola editorial Kalandraka.

Amosamos un vídeo-resumo destas actividades.





En Barro, á violencia de xénero dicímoslle:  STOP! 


Grazas a todos e todas pola vosa participación!

Un saúdo
MIMI

24 de novembro de 2016

Nova carta de MIMI polo 25N


Esta é a carta que hoxe enviamos ás familias para citar a toda a comunidade educativa e veciñanza a unha concentración no noso centro mañá venres dentro das actividades que se desenvolverán para a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 Contamos con vós!
Animádevos a participar! 
 
Un saúdo
MIMI.

7 de novembro de 2016

Concurso de carteis do PDI

Desde a Biblioteca do cole queremos convocar o " Concurso de carteis" para o noso Proxecto Documental deste curso escolar. 
Lede con moita atención a carta coa convocatoria e ... Animádevos a participar!

Lembrade, o último día para a entrega é o 18 de novembro !

Espérovos na Biblioteca do cole.
Un saúdo.
MIMI

6 de novembro de 2016

Día da Ciencia en Galego na Biblioteca Escolar.

Para celebrar esta data no noso centro e tal como anticipamos nunha entrada anterior, recibimos na mañá do venres a visita de José Sanmartín (Tenente Alcalde e Concelleiro de Servizos e Obras ) para presentarnos o proxecto " Revitaliza. Plan Compost " promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra e no que colabora o Concello de Barro co seu Alcalde ( Xosé M. Fdez. Abraldes) como impulsor da compostaxe comunitaria.
Asistiron tamén, para darnos unha pequena charla, Suso Iglesias e Quique Pintos, mestres composteiros de Vilaboa e Barro respectivamente.
Agradecemos á asociación ecoloxista "Amigos da Terra" a súa colaboración co préstamo dos cartaces que ambientaron a xornada e que estarán expostos na biblioteca do centro durante dúas semanas.
Convidamos a ver o vídeo que resume este acto.



Un saúdo.
MIMI


5 de novembro de 2016

Semana da biblioteca "Semana do medo"

O pasado 24 de outubro celebramos no centro o Día das Bibliotecas e durante toda esa semana houbo unha morea de actividades para celebrar a Semana da Biblioteca cunha "Semana do medo"; Formación de usuarios, obradoiros, exposición e contacontos con esta temática. Incluso nalgúns grupos crearon e deron lectura aos seus "contos de medo".
Resumimos todo no vídeo que vos amosamos a continuación.



Un saúdo.
MIMI.

4 de novembro de 2016

Día da Ciencia en Galego na biblioteca


No día de hoxe en que se celebra o Día da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares a nosa mascota MIMI escribíu unha carta ás aulas para comunicarlles o inicio do noso Proxecto Documental.

Na mesma carta convidaba a todo o alumnado de Primaria a baixar ao ximnasio do centro para recibir a visita que daba inicio a este proxecto.

Podedes lela premendo na imaxe  na marxe esquerda.

Un saúdo.
MIMI.


Novembro, mes da Ciencia en galego na biblioteca.

O lema proposto este curso escolar pola Consellería de Cultura para as bibliotecas escolares galegas é "Biblioteca escolar, Territorio das Artes" e o cartel que o representa é a imaxe que acompaña esta entrada.

O auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, foi o escenario para a presentación do Manifesto escrito pola arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola e as actividades de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, unha iniciativa conxunta da Secretaría Xeral de Cultura (Subdirección de Bibliotecas), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de Bibliotecas Escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en apoio da presenza da divulgación científica en galego en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega.

Podes descargar o díptico das actividades nas Bibliotecas Públicas Galegas premendo aquí.


Un saúdo.
MIMI. 

1 de novembro de 2016

Celebración do Samaín.

Ao longo da semana realizáronse unha serie de actividades no noso centro para conmemorar o "Día da Biblioteca".
O punto final desta celebración tivo lugar o pasado Venres no ximnasio do centro donde nos reunimos en dúas quendas, primeiro o alumnado de Infantil e despois o alumnado de Primaria para interpretar as dúas cancións que preparamos con motivo do "Samaín"



Estivemos moi ocupados nestes días aprendendo a letra e a coreografía que o alumnado de 3º B creou para tal evento. Eles ( xunto co alumnado de 4º, 5º e 6º) foron os encargados de ensinala ao alumnado e Infantil. Trátase da canción composta por Jesús Pareja "Samaín".



Na clase de inglés preparamos tamén a canción "Knock, knock" de Supersimplesongs que bailamos ese mesmo día. Mirade a continuación como quedou.


Un grandísimo traballo!!  Noraboa a todos e todas!!
Un saúdo
MIMI.