Amosando publicacións coa etiqueta Día da árbore. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da árbore. Amosar todas as publicacións

6 de maio de 2018

Contacontos "As verbas do monte" e exposición "As nosas senlleiras"

Na segunda metade do mes de abril o alumnado do noso centro tivo a oportunidade de realizar visitas guiadas á exposición "As nosas senlleiras" sita no terceiro andar do edificio do Concello e promovida pola Deputación de Pontevedra.
Esta exposición pretende amosar a riqueza e tesouro natural de árbores consideradas "reliquias botánicas" situadas en distintos lugares da xeografía galega, a gran maioría na provincia de Pontevedra.
Testimonio destas visitas quedaron recollidos nos distintos blogs:



Como broche de ouro desta actividade, o pasado 27 de Abril acudimos á Nave da Música. Alí puidemos gozar co contacontos "Verbas do monte" no que Anxo Moure coa súa "Tenda das palabras" e acompañado por Servando Barreiro (coa súa concertina), falou da importancia de protexer os nosos bosques, poñendo máximo coidado nas  árbores autóctonas.



Moitas Grazas por axudarnos a coñecer a importancia de conservar este patrimonio tan importante !!
Grazas pola vosa labor!! 

31 de marzo de 2018

Día Internacional dos Bosques cun Taller de Compostaxe.

Os días 22 e 23 de marzo recibimos na Biblioteca do noso centro a visita de Rocío, mestra do equipo didáctico do CEIDA, para impartir uns obradoiros sobre a Compostaxe ao alumnado de Educación Infantil. Estes obradoiros están contemplados dentro do Programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra e dan continuidade ao noso proxecto BARRRO.

No blog de Infantil recollen información sobre estes obradoiros:

Aquí amosamos un vídeo resumo da actividade destes dous días.



Moi divertido e instructivo ao mesmo tempo!
Grazas Rocío polo teu labor!!

4 de abril de 2017

Visita do SEPRONA no Amor Ruibal

O pasado venres, día 31 de marzo, dous axentes do Servicio de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil estiveron no noso centro para presentar o seu traballo a todo o alumnado.
Amosaron como eles poden axudar e contribúen no rescate de animais que atopan atrapados, feridos, ou incluso como capturan aos que poden presentar algún tipo de perigo á veciñanza.
Falaron tamén da importancia que ten o coidado do medio ambiente e do respecto pola natureza así como o uso responsable dos recursos naturais.
Resultou unha xornada moi interesante e todo o alumnado gozou coas distintas actividades que lles ofreceron.
Un resumo desta visita queda recollida no vídeo que vos ofrecemos a continuación.



Un saúdo
MIMI

31 de marzo de 2013

Visita de ANXO MOURE.

Quérovos amosar tamén esta presentación fotográfica dos mellores momentos da visita de Anxo Moure cos alumnos de Primaria.
Houbo tres sesións diferentes, unha para cada ciclo, nas que tod@s quedamos engaiolados co bo facer deste gran narrador de historias.


Saúdos.
MIMI.

Visitounos... ANXO MOURE.

O pasado venres día 22 de marzo (como xa vos anunciara) visitou o noso centro o Contacontos Anxo Moure.
Quixemos celebrar con él dun xeito diferente o día da árbore. Unir dun xeito especial o amor polas árbores e o coidado da natureza co amor pola lectura.
Todos no centro (alumnado, profesorado, e eu)  quedamos engaiolados coa música das ábores e co bo facer deste gran "carballo".
Velaí unhas imaxes da sesión co alumnado de Educación Infantil...




Saúdos.
MIMI.