Amosando publicacións coa etiqueta DíaInternacionalContraAcosoEscolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DíaInternacionalContraAcosoEscolar. Amosar todas as publicacións

2 de maio de 2026

2 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o acoso escolar. O Departamento de Orientación, en colaboración cos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, elaborou unha guía con interesantes propostas lectoras e audiovisuais para traballar valores como a tolerancia, a inclusión, o respecto, a empatía... e previr condutas contrarias á convivencia.  

 

Ademais, gustaríanos recordarvos que o "Punto Laranxa" está dispoñible tanto en formato físico como na páxina web do centro.

Propostas lectoras para o "Día contra o acoso escolar"

  • Orejas de mariposa, Luisa Aguilar.
  • Invisible, Eloy Moreno.
  • Wonder, R.J. Palacio.
  • Y luego ganas tú, varios autores.
  • Elmer y el gran pájaro, David McKee.
  • A banda dos insectos, Celtia Figueiras e Iago Araujo.


Propostas audiovisuais para o "Día contra o acoso escolar"

2 de maio de 2025

2 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

No marco da conmemoración do Día Internacional contra o Acoso Escolar o Departamento de Orientación, en colaboración cos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, elaborou unha guía con interesantes propostas para a reflexión buscando promover valores que favorezan a convivencia tales como a tolerancia, a inclusión, o respecto e a empatía.

 

Dia contra el Acoso Escolar Bullying de Ceip Barro

 

Ademais, o alumnado do 3º ciclo de Primaria participou esta mañá, no marco do Programa do Plan Director, nunhas charlas sobre esta temática impartidas por José Manuel Lustres, tan necesarias como interesantes.

Ao  alumnado de 5º curso de Primaria explicoulles que é o acoso escolar, onde ocorre, cales son as tres partes implicadas no mesmo: vítima, acosador ou acosadora e observadores. Tamén cales son os diferentes tipos de acoso: físico, psicolóxico, verbal, social, sexual e ciberacoso; así como as medidas a adoptar en caso de ser vítima ou persoa observadora dalgún problema de acoso no centro ou na súa contorna.


 

Na sesión co alumnado de 6º de Primaria a charla versou sobre "O uso das TRICS (Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación)" Nela explicou unha serie de consellos para navegar de maneira segura pola rede, así como o que debemos facer para evitar situacións desagradables derivadas do mal uso das tecnoloxías.


 

 Moitísimas grazas!!

Moi moi interesante!!

Por unha sociedade máis inclusiva e mellor! 

 

6 de maio de 2024

OBRADOIROS SOBRE ACOSO ESCOLAR

No marco da conmemoración do Día Internacional contra o Acoso Escolar e ao través da Fundación Amigos de Galicia, desenvolvéronse hoxe no centro escolar uns interesantes obradoiros, nos que participou con moita atención o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Moitísimas grazas!!!



2 de maio de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Con motivo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, o Departamento de Orientación, en colaboración cos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega do CEIP Amor Ruibal, elaborou unha guía con interesantes propostas didácticas para reflexionar e concienciar sobre esta eiva social, e promover valores que favorezan a convivencia como o respeto, a tolerancia, a inclusión, a igualdade, a empatía e o afecto.

Por unha sociedade mellor!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR de Mestra de AL Ceip Amor Ruibal