Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións

2 de maio de 2026

2 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o acoso escolar. O Departamento de Orientación, en colaboración cos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, elaborou unha guía con interesantes propostas lectoras e audiovisuais para traballar valores como a tolerancia, a inclusión, o respecto, a empatía... e previr condutas contrarias á convivencia.  

 

Ademais, gustaríanos recordarvos que o "Punto Laranxa" está dispoñible tanto en formato físico como na páxina web do centro.

Propostas lectoras para o "Día contra o acoso escolar"

  • Orejas de mariposa, Luisa Aguilar.
  • Invisible, Eloy Moreno.
  • Wonder, R.J. Palacio.
  • Y luego ganas tú, varios autores.
  • Elmer y el gran pájaro, David McKee.
  • A banda dos insectos, Celtia Figueiras e Iago Araujo.


Propostas audiovisuais para o "Día contra o acoso escolar"

29 de maio de 2025

RECANTO MUSICAL

 Esta semana e grazas unha vez máis á colaboración coa ANPA, estreamos recanto musical nos patios de lecer. Trátase duns coloridos e vistosos paneis provistos de elementos cotiás cos facer percusión, e cos que a rapazada goza explorando e facendo música.


 Moitísimas grazas!!

22 de maio de 2025

NOVOS RECANTOS NOS PATIOS DE LECER

 Compartimos hoxe imaxes de dous novos recantos nos patios, ámbolos dous grazas á colaboración e promoción da ANPA Amor Ruibal.

Por unha banda o rocódromo, instalado no muro da fachada noroeste e pola outra o invernadoiro preto das aulas de infantil.

 

 
 Moitísimas grazas pola vosa inestimable
colaboración!!

2 de maio de 2025

2 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

No marco da conmemoración do Día Internacional contra o Acoso Escolar o Departamento de Orientación, en colaboración cos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, elaborou unha guía con interesantes propostas para a reflexión buscando promover valores que favorezan a convivencia tales como a tolerancia, a inclusión, o respecto e a empatía.

 

Dia contra el Acoso Escolar Bullying de Ceip Barro

 

Ademais, o alumnado do 3º ciclo de Primaria participou esta mañá, no marco do Programa do Plan Director, nunhas charlas sobre esta temática impartidas por José Manuel Lustres, tan necesarias como interesantes.

Ao  alumnado de 5º curso de Primaria explicoulles que é o acoso escolar, onde ocorre, cales son as tres partes implicadas no mesmo: vítima, acosador ou acosadora e observadores. Tamén cales son os diferentes tipos de acoso: físico, psicolóxico, verbal, social, sexual e ciberacoso; así como as medidas a adoptar en caso de ser vítima ou persoa observadora dalgún problema de acoso no centro ou na súa contorna.


 

Na sesión co alumnado de 6º de Primaria a charla versou sobre "O uso das TRICS (Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación)" Nela explicou unha serie de consellos para navegar de maneira segura pola rede, así como o que debemos facer para evitar situacións desagradables derivadas do mal uso das tecnoloxías.


 

 Moitísimas grazas!!

Moi moi interesante!!

Por unha sociedade máis inclusiva e mellor! 

 

2 de abril de 2025

2A: DÍA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 


Cada 2 de Abril, ademais do Día do Libro Infantil e Xuvenil, conmemoramos o Día Mundial da Concienciación Sobre o Autismo para dar visibilidade e coñecer mellor ás persoas que o padecen.

No seguinte "canva" podedes atopar o cartel conmemorativo e dúas páxinas que conteñen enlaces a curtas de vídeo así como a varias recomendacións e propostas de lecturas sobre esta temática.


 

Día do Autismo 2025 de Cole de Barro

 

Na mañá de hoxe e buscando dar visibilidade a esta data, todo o alumnado e profesorado saimos ao corredor exterior de entrada ao centro para atar lazos de cor azul nas barandas que loceran estes días.

 


 
 


28 de novembro de 2024

3D, DÍA DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE

Como cada ano, o 3 de Decembro conmemora o Día Internacional das persoas con Discapacidade, coñecido tamén como Día da Diversidade Funcional.

 

Este ano confeccionamos un mural colaborativo a partir do conto "Diferentes no voo, pero co mismo dereito a voar", un dos recursos propostos no cartaz elaborado para esta data que inclúe ademais  curtametraxes e recomendacións lectoras moi diversas para todas as idades.


3D_Día da Diversidade de Cole de Barro

20 de abril de 2024

BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

O mércores recibimos unha visita mooooi especial, a de xogadores e xogadoras de baloncesto en cadeira de rodas do Club Iberconsa Amfiv de Vigo.

Despois dunha breve exposición para coñecer as normas deste deporte e saber un pouquiño sobre as vivencias e motivacións destes e destas deportistas, gozamos moitísimo cunha exhibicióndo seu xogo. A continuación, parte do alumnado puido probar o deporte dunha maneira máis práctica.

 

  

Viva a inclusión, tamén no deporte!

Moitísimas grazas!


4 de decembro de 2023

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Cada ano comemoramos o día 3 de decembro como Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O obxectivo é o de promover os dereitos e o benestar das personas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e desenvolvemento, así como de concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da súa vida.

Para traballar este tema, o Departamento de Orientación do noso centro eleborou unha infografía con abundantes recursos que podedes atopar premendo en cada un dos enlaces.

3 DECEMBRO. Día Discapacidade de Cole de Barro

11 de setembro de 2023

INICIO DE CURSO CON SORPRESA

Volvemos ás aulas con moita ilusión neste inicio de curso 2023- 24 e atopámonos con algunha sorpresiña nos patios de lecer, actuacións que segue promovendo a ANPA no noso cole.



Este fantástico mural interactivo co alfabeto en lingua de signos, creación da ilustradora Ana Seoane, ocupa a parede lateral do ximnasio. Seredes quen de adiviñar a mensaxe secreta?

 

 

Instaláronse tamén nos patios de Infantil e 1º nivel de Primaria estas fermosas cociñas, robustas e ben xeitosas, como novos recantos simbólicos. 

 




Moitísimos parabéns!!!

Moitísimas grazas!!! 

Boa andaina no novo curso!!!


31 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL AUTISMO 2023

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e contribuír a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Con tal motivo, o Departamento de Orientación do CEIP Amor Ruibal elaborou unha presentación con interesantes contos e vídeos para todos os niveis educativos.

https://diamundialautismo.com/wp-content/uploads/2023/01/Banner_LIUB2023-1030x580.png de ana castillo

3 de decembro de 2022

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O lema proposto pola ONU para este ano 2022 é "Innovación para impulsar un mundo accesible e equitativo". E, para traballar sobre este tema, o Departamento de Orientación do CEIP Amor Ruibal elaborou unha infografía con interesantes recursos que podedes atopar premendo aquí.


22 de marzo de 2022

CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

No marco da conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down (21 de marzo), o alumnado da unitaria de Curro e do noso colexio asistiu hoxe na Nave da Música a unha sesión de cine desenvolvida en tres pases diferentes. A actividade, organizada e promovida polo Concello de Barro a través de Festivaliño on the road, consistiu na proxección da película Valentina, dirixida por Chelo Loureiro e gañadora dun Goya. 

Foi unha magnífica oportunidade para visibilizar a diferenza e promover a diversidade, a tolerancia, a igualdade e a inclusión plena e real de todas as persoas.

Pasámolo pipa!!!

Moitísimas grazas!!!