Amosando publicacións coa etiqueta Normalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Normalización. Amosar todas as publicacións

20 de maio de 2025

RESOLUCIÓN DO CONCURSO "AS VERBAS QUE CONTAN 2025"

 O Concello de Barro, a través da OMIX e Biblioteca Pública, vén de publicar a resolución do concurso AS VERBAS QUE CONTAN 2025 convocado no marco da conmemoración das Letras Galegas

O acto de entrega de premios e diplomas, xunto coa lectura das obras premiadas e finalistas, tivo lugar o pasado sábado día 17 de maio ás 12:00 horas na Nave da Música.

A relación das obras gañadoras e finalistas do alumnado do noso centro é a seguinte:

PROSA (CONTOS)

Categoría 1º e 2º Primaria

Gañadora: "A pirata rica" de Emma Piñeiro Sánchez (2ºB)

Finalista: "O científico loco" de Vera López Montero (2ºB)

Nominación especial: "O medo de Xian" obra colectiva de 1º A

 

Categoría 3º e 4º Primaria 

Gañadora: "O ruido misterioso" de Alexandre Gil Outeda (3º A)

Finalista: "Por un mundo mellor" de Carmen Vázquez Viqueira (4º B)

 

Categoría 5º e 6º Primaria

Gañadora: "A historia da muller que nunca che contaron" de Elba Güimil Castro (5º B) 

Finalista: "Aventura canina" de Mariña Frieiro Silva (5º B)

 

VERSO (POESÍA) 

Categoría 1º e 2º Primaria

Gañadora: Acróstico "Enxerto"  de Claudia García Becerra ( 2º A)

Finalista: Acróstico "Flor" de Eileen Chan Rincón (2º A) 

 

Categoría 5º e 6º Primaria 

Gañadora: Acróstico "Natureza" de Iria Martiñán Moldes" (6º B)

Finalista: Haiku "Vida" de Daniel Fresco Rodríguez (5º B) 

Nominación especial: 

Acróstico "O moucho" de Mauro Fontán Argibay  (5º A) 

Caligrama " Amor" de Elba Güimil Castro (5ºB)

Haiku (sen título) de Vera Rey Bea (6º B) 

 

Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!!! 

Moitísimos Parabéns a todas as persoas galardoadas!!!  

 

16 de maio de 2024

RESOLUCIÓN DO CONCURSO "AS VERBAS QUE CONTAN 2024"

O Concello de Barro, ao través da OMIX e Biblioteca Pública, vén de publicar a resolución do concurso AS VERBAS QUE CONTAN 2024 convocado no marco da conmemoración das Letras Galegas e que contou cunha altísima participación entre o noso alumnado.

A relación das obras gañadoras e finalistas do alumnado do noso centro é a seguinte:

PROSA (CONTOS)

  • Categoría 1º e 2º Primaria

Gañadora:  "O trasno que converteu á avoa" de Alexandre Gil Outeda (2º)

Finalista: "O pastel" de Daniela Núñez Chaves (2º)

Diplomas:

"O ladrón de fariña"  obra colectiva de 1º B

"O cocodrilo amable" de Asier Rey Bea (2º)

  • Categoría 3º e 4º Primaria
Gañadora: " O gato da lúa" de Elba do Carme Güimil Castro (4º B)

Finalista: "O panda e o paporroibo" de Carmen Vázquez Viqueira (3º B)

Diplomas:
 
"Unha sorpresa inesperada" de Iria Casalderrey Magdalena (3º B)
 
"As lendas da selva australiana" de Mariña Frieiro Silva (4º B)
 
  • Categoría 5º e 6º Primaria
Gañadora: "Constelacións" de Jorge Pereira Santiago (6º B)

Finalista: "Un neno valioso" de Breixo Oubiña Escudeiro (5º B)

Diploma: 

"O soño de Emma" de Leire Rodríguez Sabarís (5ºB)
 

VERSO (POESÍA)
  • Categoría 1º e 2º Primaria
Gañadora: Caligrama " A señorita xoaniña" obra colectiva de 1º A
 
Finalista: Acróstico "Ler" de Helena Sabarís Magariños (1ºB)
 
  • Categoría 3º e 4º Primaria
Gañadora: Caligrama "Clave de sol" de Mariña Frieiro Silva (4º B)
 
Finalista: Acróstico "Ouro" de Sara Landín Castiñeira (4º A)
 
Diplomas: 
 
Acróstico "Ámote" de Zoraima Fabeiro Jiménez (4º A)
 
Acróstico "Auga" de Leo Torres Fandiño ( 4ºA)
 
  • Categoría 5º e 6º Primaria 
Gañadora: Acróstico "Morriña" de Raúl Barreiro Galbán" (6º B)

Finalista: Haiku "O mar" de Jorge Pereira Santiago (6º B)

Diplomas:

Acróstico "Verán" de Noa González Sabarís (6º B)

Acróstico "Gato" de Uxío Pérez Fontán (6º A)
 
Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!!!
 
Moitísimos Parabéns a todas as persoas galardoadas!!! 
 
 

O acto de entrega dos premios e diplomas, xunto coa lectura das obras premiadas e finalistas, terá lugar o vindeiro sábado día 18 de maio ás 12:00 horas na Nave da Música.

Animádevos a asistir!!!



LUISA VILLALTA. LETRAS GALEGAS 2024

Con motivo da conmemoración das Letras Galegas este curso escolar, alumnado e profesorado do centro prepararon gravacións de vídeo coa biografía da homenaxeada, a escritora e música Luisa Villalta.

Velaquí o primeiro destes vídeos.

Feliz Día das Letras!!!

15 de xuño de 2023

ENTREGA DO XIV PREMIO MIMI

A comunidade educativa do CEIP Amor Ruibal de Barro asistiu moi emocionada á entrega do XIV Premio MIMI que o colexio concede a persoas que destacan polo uso, defensa e difusión da lingua e cultura galega.  

O acto tivo lugar na Nave da Música de Barro, e foi conducido marabillosamente polo alumnado de 5º de Primaria, que luciu unhas preciosas pulseiras blanquiazuis, creadas para a ocasión.

A gala inaugurouse con O rap da lingua de Migallas, que todas as nenas e nenos do colexio cantaron e mimaron con grande entusiasmo.

Seguidamente, o alumnado de 5º lembrou as candidaturas recibidas, antes de proclamar ben forte a gañadora: ESTHER ESTÉVEZ, presentadora do programa DígochoEu da TVG.

Unha animadísima Esther subiu ao escenario para recoller o Premio e compartir con nós bromas, risas, bailes, cancións e, sobre todo, moitas, moitísimas emocións. 

Por suposto, non podería faltar a esta festa da lingua Digochiño, o raposiño máis riquiño e marchoso do mundo mundial, que levou unha grandísima sorpresa ao coñecer a Migochiño. 

Pasámolo xenial!!!

Antes da cariñosa despedida, Esther deixou a súa pegada no Libro de Honra da nosa Biblioteca e posou con todas e todos nós.

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

Querémosvos!!!

Moitísimas grazas ao Concello de Barro 

pola súa constante e inestimable colaboración!

9 de xuño de 2023

UN DÍA PARA AS LETRAS

O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria gozou hoxe do contacontos musicado e ilustrado Un día para as letras, centrado na vida e obra de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023.

A actividade, promovida pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Barro, foi desenvolvida por Quique e Carlos, do equipo creativo de Polo Correo do Vento, e o músico Antón Ke, moi ben acompañado pola súa pulguiña cantareira (o ukelele).

O alumnado prestou moitísima atención e foi quen de debuxar unhas boísimas caricaturas de Paco del Riego, baixo a maxistral guía do ilustrador.

Moitísimas grazas!!!

7 de xuño de 2023

AGASALLOS PARA INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

Xosé Manuel Fernández Abraldes Pilar Álvarez estiveron hoxe na nosa Biblioteca para felicitar a todo o alumnado de Infantil pola súa marabillosa participación no concurso convocado polo Concello de Barro ao través da OMIX, AS VERBAS QUE CONTAN 2023, e entregar a cada aula uns lotes de libros, que as crianzas recibiron con grandísima ilusión.

Asemade, as nenas e nenos de 1ºA quedaron a mar de contentas e contentos cos fantásticos agasallos que lles deron por acadar no concurso o 1º premio na súa categoría, coa obra colectiva O coello que non sabía as cores.


MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!


5 de xuño de 2023

CONMEMORAMOS O MEDIOAMBIENTE

Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente, e reafirmar o noso compromiso co coidado da natureza, todo o alumnado recibiu de agasallo unha planta de perexil e unhas tarxetiñas, con inspiradoras frases para reflexionar sobre a nosa responsabilidade co medio que nos rodea.

O acto de entrega correu a cargo das nenas e nenos de 3º de Primaria, responsables do proxecto de investigación Creamos un sementeiro, co desenvolvemento de sesións informativas ao longo do curso, destinadas ao resto do alumnado e, coa chegada da primavera, de xornadas de plantación nas que colaboraron todas e todos.

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

Agora, cada quen terá que seguir coidando na súa casiña do seu perexil, tan beneficioso para a saúde.

Feliz Día do Medioambiente!!!


18 de maio de 2023

O XIV PREMIO MIMI É PARA...

Esta semana tivo lugar, na nosa Biblioteca, a presentación das candidaturas que optan ao XIV Premio MIMI que o CEIP Amor Ruibal entrega a persoas que destacan polo uso, defensa e difusión da lingua galega. As mozas e mozos de 5º de Primaria, responsables do proxecto, presentáronas con moita claridade e desenvoltura ao resto do alumnado e profesorado ao longo de tres intensas sesións.

E hoxe tivo lugar unha emocionadísima xornada electoral na que todo o alumnado e profesorado emitiu o seu voto. 

Unha vez realizado o escrutinio, o alumnado de 5º procedeu á lectura en voz alta da acta co número de votos acadados por cada candidatura.


E resultou que a gañadora é ... 

ESTHER ESTÉVEZ !!!
(presentadora do programa DígochoEu da TVG)

MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

Graciñas de corazón a todas as persoas e entidades que, ano tras ano, colaborades con nós para manter vivo este proxecto!!!


16 de maio de 2023

RESOLUCIÓN DO CONCURSO "AS VERBAS QUE CONTAN 2023"

O Concello de Barro, ao través da OMIX, vén de publicar a resolución do concurso AS VERBAS QUE CONTAN 2023 convocado no marco da conmemoración das Letras Galegas e que contou cunha altísima participación, coa aportación de obras de grandísima orixinalidade e calidade.

A relación das obras gañadoras e finalistas do alumnado do noso centro é a seguinte:

CONTOS

  • Categoría 1º e 2º de Primaria
          Gañadora: O coello que non sabía as cores (1º Aobra colectiva).
                           
          Finalista:  A gatiña abandoada de Carmen Vázquez Viqueira (2º B).
                          
  • Categoría 3º e 4º de Primaria 
          Gañadora: O salmón que non morreu de Hugo Martínez Dios (4º B).
                           
          Finalista:  Unha historia tola de Juan Gabriel Colla Fariña (4º A).
                          
  • Categoría 5º e 6º de Primaria 
          Gañadora: Bolboreta de Jorge Pereira Santiago (5º B).
                           
          Finalista:  As amizades de verdade de Zaira López Montero (6º B).      

POESÍA
  • Categoría 3º e 4º de Primaria
          Gañadora: Río (acróstico) de Anxo Sartal García (3ºA).

          Finalista: Mar (acróstico) de Mateo Corredoira López (3º A).

  • Categoría 5º e 6º de Primaria
          Gañadora: Avoa (acróstico) de Candela Collazo González (5º A).

          Finalista: Haiku de Zaira López Montero (6º B).     



Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!!!

Moitísimos Parabéns ás persoas premiadas e finalistas!!!

O acto de entrega dos premios, xunto coa lectura das obras premiadas e finalistas, terá lugar o vindeiro sábado, 20 de maio, ás 12:00 h na Nave da Música

Animádevos a asistir!!!


27 de abril de 2023

MADRIÑAS LECTORAS E PADRIÑOS LECTORES

Que paisaxes lectoras tan bonitas creou hoxe todo o noso alumnado! 

Aconteceu na `Hora de Ler´nas aulas, nos corredores e nos patios de lecer, onde madriñas lectoras e padriños lectores (alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) fascinaron coas súas marabillosas lecturas ás nenas e nenos de 3, 4, 5, 6, 7 e 8 anos.

Unha auténtica delicia!!!

Moitísimos Parabéns!!!


Mil primaveras máis para esta gozosa actividade 

que celebramos co motivo do Día Internacional do Libro!!!