31 de marzo de 2017

Actividades na Semana da Poesía.

O pasado 21 de Marzo celebramos o Día da Poesía. Quixemos lembrarnos este ano dun xeito especial de Gloria Fuertes, poeta madrileña á que homenaxeamos este ano 2017 polo seu Centenario dedicándolle a nosa "Semana da Poesía"
Os peques de infantil traballaron varias poesías e irán amosándoas no seu blog para tod@s nós:

O equipo de voluntari@s convidaron aos seus compañeiros e compañeiras para compartir e ler poesías de Gloria Fuertes na Biblioteca, durante os recreos todos os días da semana.
Traballamos, como actividade artística, o "retrato" e a  "caricatura" e así cada quen podía escoller cal entregar na proposta que fixo a Biblioteca para o panel do corredor. 
Se premedes na imaxe poderedes ver unha escolma dos mellores, incluidos tamén no vídeo-resumo.
https://issuu.com/colexiodebarro/docs/gloria_fuertes_retratos
Durante a "Hora de ler" acudimos á Biblioteca para recitar os poemas creados por nós para o "Concurso de micropoemas Terras do Umia".
Encantounos escoitar a todos e todas as compañeiras!!
Xa sabemos tamén que son os e as finalistas do noso centro. Hoxe fixéronlle entrega dun pequeno agasallo.
Este ano ademais quixemos facer unha "mención especial" a varios compañeiros e compañeiras de 5º e 6º curso de Primaria polo ben que souberon recoller o espíritu do noso Proxecto BARRRO no seu poema, na súa creación, máxime cando o venres 24 conmemoramos tamén " O Día da Auga"
Parabéns polo voso traballo!!

Amosamos un vídeo-resumo no que recollemos imaxes de todas estas actividades.

Un saúdo,
MIMI

28 de marzo de 2017

"Mulleres no tempo"

O alumnado de Primaria do noso centro acudíu ao Salón de Actos da Biblioteca Pública para realizar unha visita á exposición fotográfica "Imaxes no tempo" organizada polo Concello de Barro a través da OMIX e B.P.
Dentro da programación de actividades para conmemorar o 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, ofrecéronnos unha charla baixo o título: "Mulleres no tempo"
Alí nos esperaba Pili, a encargada da OMIX e Biblioteca, para explicar o seu contido e presentarnos a "algunha" das propietarias das fotografías que amablemente se brindaron para darnos unha charla sobre aqueles tempos tan difíciles e contarnos algunhas anécdotas da súa mocidade e dos seus oficios.
Con nós estiveron María, Sofía, Elena e Maruja. 
A todas elas temos que decir:  GRAZAS!


No blog de 5º e 6º curso podedes ler máis polo miudo sobre esta visita:

  Podemos  ver como foron estas xornadas no vídeo-resume que a continuación amosamos:


Un saúdo.
MIMI.

27 de marzo de 2017

Día da Muller. Visita de Sheila García.

Durante as pasadas semanas (do 8 ao 17 de marzo) estivemos investigando acerca da data desta Conmemoración e sobre as mulleres que desde a Biblioteca nos propuxeron.

Cada día apareceu unha imaxe e unha pista e debiamos averiguar de quen se trataba e cal era a súa profesión, o seu oficio. Este ano a maioría delas estaban relacionadas coas Artes:


O último día, o venres 17, reservámolo para unha muller do noso entorno e presentamos igualmente unha imaxe e pista:
Ao ver a súa fotografía, os e as "maiores" enseguida a recoñeceron pois Sheila García Prado foi a promotora do proxecto "Especies de espazos" e da exposición fotográfica sobre o mesmo que foi visitada polo noso alumnado. Ademais, segue colaborando co noso centro impartindo os obradoiros "Transforma II".

Amosamos a continuación un vídeo-resume da súa visita:



 Podedes ampliar información e ler máis sobre esta actividade no blog de 5º e 6º curso:

"UNHA VIAXE CARA A ARQUITECTURA" Sheila García Prado

Moitísimas grazas, Sheila!!
Un saúdo.
MIMI

Exposición do Proxecto "Xoguetes BARRRO SL"

O alumnado de 3º e 4º cursos de Primaria presentaron na Biblioteca do centro o seu proxecto deste curso escolar. Baixo o nome de "Xoguetes BARRRO, SL" (Salón do Libro) estes nenos e nenas amosáronnos e contáronnos que precisaron e como fixeron os seus xoguetes con materiais de refugallo.

No seu blog podemos ler o libro que elaboraron coas fichas de investigación de cada xoguete.
http://amorruibalsegundociclo.blogspot.com.es/2017/03/xoguetes-barrro-no-salon-do-libro.html

Aquí vos amosamos os vídeo que resumen a súa exposición:
O alumnado de 3º curso presentou o seu traballo a 5º e 6º de Primaria e ao alumnado de 6º de Infantil.



O alumnado de 4º curso fixo a súa exposición ante o alumnado de 1º e 2º de Primaria, así como a 4º e 5º de Infantil.



Bo traballo!!
Gustounos moitísimo!!

Un saúdo.
MIMI

22 de marzo de 2017

Visitamos o Salón do Libro en Pontevedra

O alumnado de 3º e 4º curso de Primaria foi o responsable de elaborar o traballo que representa ao noso centro no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que leva por título: "O mundo que queremos"
Pensando nun mundo, nun pobo, e nun cole mellor o noso colexio elexíu como tema para o Proxecto deste ano " A Reciclaxe " e daquela puxémoslle o nome: " BARRRO coas 3 Rs".

Amosamos un vídeo resumo da súa visita á Exposición do Salón e a participación nos obradoiros cos que nos agasallaron desde a organización por participar co noso traballo.



 Resultou unha mañá fabulosa!
Bo traballo a todos e todas!
Un saúdo.
MIMI

10 de marzo de 2017

XVIII Salón do Libro

Arranca hoxe a XVIII edición do Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra baixo o título " O mundo que queremos " no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A visita ás instalacións e a maioría das actividades do Salón para o público familiar é de balde
As exposicións e as instalacións estarán abertas ao público xeral ata o día 2 de abril de 2017.

 Podes descargar o programa no seguinte enlace para saber mais:


O horario de visitas é:
De luns a venres :  
De 17:00 a 20 :00 h.
Os sábados, domingos e festivos :  
De 11:00 a 14:00  e de 17:00 a 20:00 h.

"Achégate ao Salón. Entrarás nun conto"
Un saúdo.
MIMI.

9 de marzo de 2017

Club de lectura



Novo libro nesta sesión do club... e moi interesante!!!!
  Rapaces co pelo de cores.... un toxo que pincha dunha forma un tanto "peculiar"... unha profesora algo "rarita"...   e a conta atrás sin saber como volver....  buffff,  está do mais entretidooooo!!!
Un saúdo.
MIMI.

8 de marzo de 2017

8M, Día internacional da Muller.

A Biblioteca do cole propón esta actividade de investigación para todas e todos os que queirades participar. Ao longo destas semanas  descubriredes quen son e cal é a profesión ou oficio das mulleres que vos amosaremos.

Para saber máis deste traballo premede no seguinte enlace:

 ANÍMATE E PARTICIPA CON NÓS !

Un saúdo.
MIMI.

7 de marzo de 2017

O entroido dos pequechos.

O alumnado de Infantil participou tamén ao longo da semana cumprindo cos mandados de MIMI, deixan no seu blog o vídeo resume das súas actividades.
Preme no seguinte enlace para poder miralo:


Un saúdo.
MIMI.

6 de marzo de 2017

Celebración do Entroido

Desde a Biblioteca do centro, como cada ano, se propoñen "Os mandados de MIMI" como actividade para quecer motores ao longo da semana e celebrar o venres a festa de disfraces.
Este ano quixemos recordar tempos pasados nos que a figura das "mascaritas", "entroidos" ou "choqueiros" facían da Reutilización unha arte para gozar desta festa.
Aquí vos amosamos o vídeo do alumnado de Primaria que resume esta semana de festa.



Un saúdo.
MIMI

Recordamos o Entroido

Xa pasou o entroido 2017, será o último no centro do alumnado do 6º de Educación Primaria.
Facemos memoria????


Un saúdo
MIMI