O alumnado de 5º e 6º de EP participou, coma tódolos anos, no Cros Escolar organizado a través do XOGADE. Este ano foi na azucreira de Portas. Noraboa a todos e todas.
6 de outubro de 2026
CROS ESCOLAR
VISITA TEUCRO
O alumnado de primaria recibimos a visita de xogadores e entrenadores do Clube Balonmán SD Teucro para ensinarnos o deporte e animar a que o alumnado participe na actividade extraescolar de balonmán a través da ANPA do noso cole. Moitas grazas.
CAMPIONATO SUB14 DE TENIS
O alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria visitou o Clube de Tenis da Caeira para practicar tenis, pádel e observar como xogaban rapaces e rapazas de todo o mundo. Unha gran experiencia.
29 de xuño de 2026
"PASEO DAS CERDEIRAS"
Como ben sabedes, co gallo do Día internacional do Medio Ambiente, plantamos unhas cerdeiras no acceso principal do colexio. Nas aulas de terceiro de primaria elaboramos un cartaz conmemorativo versionando os seguintes versos de Rosalía de Castro:
"Miña terra, miña terra,
terra onde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei".
Quedounos tan bonito que quixemos colocalo no mesmo lugar onde plantamos as cerdeiras.
28 de xuño de 2026
ENTREGA DE DIPLOMAS AO VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA
O alumnado de 5º e 6º de Primaria, axudante da Biblioteca Escolar e participante no Programa de Voluntariado de Lectura, recibiu a última semana o diploma que acredita a súa colaboración durante todo o curso.
23 de xuño de 2026
GRADUACIÓNS 2026
O pasado martes celebramos os actos de Graduación e Entrega de Orlas ao alumnado que neste curso 2025/26 rematou as etapas de Infantil e Primaria.
O primeiro acto, ás 10:30 horas, foi para o alumnado de Infantil. Contaron coa compañía dos seus compañeiros e compañeiras de etapa ademais de familiares.
Despois de mirar un emotivo vídeo no que recordaron a seu paso por esta etapa, as persoas titoras fixeron entrega da Orla conmemorativa.Ás 12:30 hs comenzou o acto de Primaria no que recibiron de man das súas titoras un diploma e a Orla conmemorativa.
Despedíronse cantando unha versión adaptada ás súas alegrías, medos, inquedanzas... da coñecida "Superestrella" de Aitana.
Moitísimos Parabéns!!
Boa andaina na nova etapa!!
Feliz Verán!!
21 de xuño de 2026
FESTIVAL DE FINAL DE CURSO 2026
O pasado venres celebramos no pavillón municipal o esperado Festival de Fin de Curso, unha xornada moi especial coa que puxemos o broche final a este curso escolar 2025-26.
Durante o festival, o alumnado de todos os niveis participou con moita ilusión e entusiasmo, interpretando diferentes cancións que prepararon ao longo das últimas semanas.
As familias e demais membros da Comunidade Educativa puideron gozar dun espectáculo cheo de música, ritmo e emoción, no que os nenos e as nenas do noso centro demostraron o seu talento. Desde as cancións máis animadas ata as interpretacións máis emotivas, todas as actuacións contribuíron a crear unha mañá inesquecible.
Queremos agradecer a implicación do alumnado, do profesorado, do concello e das familias, xa que a súa colaboración foi fundamental para o éxito desta celebración. Parabéns a todos e todas polo magnífico festival!
Felices vacacións!
16 de xuño de 2026
A MAXIA NA CIENCIA
Este luns, o alumnado do CEIP Amor Ruibal participou nunha actividade, organizada pola Biblioteca Pública e o Concello de Barro, na que puideron descubrir fenómenos sorprendentes dun xeito práctico e participativo. Durante a sesión, observaron reaccións químicas, mesturas de substancias e experimentos relacionados coa presión, a aerodinámica... Cada demostración estivo acompañada de explicacións adaptadas á súa idade, favorecendo a comprensión dos conceptos científicos e espertando o seu interese por coñecer mellor o mundo que os rodea.
Sen dúbida, foi unha xornada moi enriquecedora que nos deixa con moitas ganas de seguir explorando e aprendendo. Graciñas á OMIX e ao Concello de Barro pola iniciativa!
5 de xuño de 2026
DÍA INTERNACIONAL DO MEDIOAMBIENTE
Ao longo desta semana, estivemos levando a cabo diferentes tarefas para conmemorar o Día Internacional do Medioambiente.
As horas de ler estiveron adicadas a lecturas relacionadas co monte galego e como previr incendios, plantamos catro cerdeiras donadas polo CIF de Lourizán, traballamos a canción "Verdescente" de Uxía Lambona e a Banda Molona e o venres estivo acompañándonos unha bióloga do CIF de Lourizán.
Mirade o atarefados que estivemos plantando as nosas cerdeiras!!!
Pronto poderemos velo na entrada do cole!!!
Cando pensabamos que o traballo estaba rematado, a maxia, deste día tan importante, quixo facernos un agasallo en forma de dúas árbores. O avó de Raúl de 6º de educación infantil agasallounos con dúas novas árbores que plantaremos a semana que vén. Son dúas nogueiras de Pecán.
MOITAS GRAZAS, CARLOS!
Agradecer, tamén, a María Eugenia Miranda Fontaíña a doazón das cerdeiras e a súa visita. Agradecer ao Concello de Barro a súa disposición absoluta para levar a cabo este proxecto.
1 de xuño de 2026
DÍA MUNDIAL SEN TABACO
Cada ano, o 31 de maio, conmemórase o Día Mundial Sen Tabaco. Con tal motivo, e no marco do Proxecto de Prevención de Condutas Aditivas dos Concellos de Barro, Campolameiro, Cuntis, Moraña e Portas, queremos sumarnos á Organización Mundial da Saúde (OMS), co fin de resaltar os riscos do tabaquismo, para reducir o inicio no seu consumo e fomentar o abandono entre as persoas fumadoras.
O lema e o manifesto deste ano 2026, céntrase en desvelar as tácticas empregadas pola industria tabaqueira para facer que os seus nocivos produtos sexan máis atractivos:
"Desenmascarar o seu atractivo para contrarrestar
a adicción á nicotina e ao tabaco"
21 de maio de 2026
XVII PREMIO MIMI
- Kiko da Silva
- Polo Correo do Vento
- Ledicia Costas
- Fina Casalderrey
- Xosé A. Touriñán
- Pepe Carreiro
Despois das presentacións, tivo lugar unha intensa xornada electoral na que alumnado e profesorado emitíu o seu voto. Unha vez rematado o escrutinio, o alumnado de 5º procedeu á lectura en voz alta da acta co número de votos acadado por cada candidatura anunciando que a gañadora resultou ser:
Xosé A. Touriñán
Moitíííííísimos parabéns!
Graciñas a todas as persoas e entidades colaboradoras que, ano tras ano, ofrecedes as vosas aportacións e apoio para manter vivo este fermosísimo proxecto!!
19 de maio de 2026
FESTA DA LINGUA 2026
LETRAS GALEGAS 2026
Nesta semana do 11 ao 17 de maio, o alumnado do CEIP Amor Ruibal conmemorou a Semana das Letras Galegas. Este ano, dedicado á escritora Begoña Caamaño
Realizáronse multitude de actividades, aquí vai un resumo!!!
13 de maio de 2026
A FESTA DA LINGUA NAS ONDAS!
O venres 15 de maio, no marco da conmemoración das Letras Galegas, terá lugar a Festa da Lingua 2026 ao que asistirá unha representación do noso centro: alumnado de 1º, 5º e 6º.
O evento terá lugar das 10:30 ás 13h no aparcamento da Tafona de Caldas de Reis.
Ademais de estar aberto a toda a Comunidade Educativa e veciñanza, este ano poderase seguir o evento a través de Radio Arosa no programa "Hoy por Hoy" a partir das 12:25h.
Animádevos a asistir, participar e seguirnos nas ondas!
9 de maio de 2026
DÍA DE EUROPA 2026
Cada 9 de maio celebramos o Día de Europa para lembrar a Declaración de Schuman de 1.950, na que o ministro francés Robert Schuman deu os primeiros pasos para crear unha Europa unida. Con tal motivo, as alumnas e alumnos de 6º de Primaria crearon un fermoso mural cos principais símbolos europeos e os valores básicos para unha convivencia pacífica.
O mural quedou exposto no ximnasio e serviu de telón de fondo para os dous marabillosos concertos que estas mozas e mozos ofreceron a todo o alumnado e profesorado do centro. Interpretaron o Himno de Europa, que é o Himno da Alegría de Beethoven, con xilófonos, metalófonos, carillóns, teclado, frauta, clarinetes, saxofón, fagot, peitoque e acordeón.
Fixérono xenial!!!
E recibiron moitos e merecidos aplausos!!!
FELIZ DÍA DE EUROPA!!!
4 de maio de 2026
O noso invernadoiro
Durante o primeiro trimestre o noso invernadoiro sufriu un acto vandálico e houbo que retiralo. A ANPA, que sempre vela por axudarnos a cubrir necesidades, facilitounos un novo. Grazas ao Concello de Barro, témolo instalado dende o inicio deste trimestre.
2 de maio de 2026
2 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o acoso escolar. O Departamento de Orientación, en colaboración cos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, elaborou unha guía con interesantes propostas lectoras e audiovisuais para traballar valores como a tolerancia, a inclusión, o respecto, a empatía... e previr condutas contrarias á convivencia.
Ademais, gustaríanos recordarvos que o "Punto Laranxa" está dispoñible tanto en formato físico como na páxina web do centro.
- Orejas de mariposa, Luisa Aguilar.
- Invisible, Eloy Moreno.
- Wonder, R.J. Palacio.
- Y luego ganas tú, varios autores.
- Elmer y el gran pájaro, David McKee.
- A banda dos insectos, Celtia Figueiras e Iago Araujo.
1 de maio de 2026
SEMANA DO LIBRO 2026
Durante a semana do 23 ao 30 de abril, no CEIP Amor Ruibal conmemoramos a semana do libro facendo moitísimas actividades! Desde a creación de marcapáxinas, actividades con lecturas diferentes ata a asistencia a exposicións e obradoiros a cargo da OMIX.
A semana rematou coa actividade que une a todo o centro: os acompañamentos lectores. O alumnado do 2º e do 3º ciclo de Primaria exerceu como madriñas e padriños para os seus afillados /as de Infantil e 1º ciclo. Para iso, durante toda a semana, as/os maiores estiveron escollendo con moito cariño e dedicacións os contos que ían ler: pensaron nos gustos dos pequenos/as, fixeron unha escolla nos andeis dedicados a cada nivel e ensaiaron o seu mellor recitado!
📚 Parabéns por facer unhas xornadas de lectura tan fermosas! 📚
25 de abril de 2026
FESTA DA LINGUA 2026
O venres 15 de maio, no marco da conmemoración das Letras Galegas, terá lugar a Festa da Lingua 2026 ao que asistirá unha representación do noso centro: alumnado de 1º, 5º e 6º.
Data: 15 de maio, venres. A partir das 10:30 horas
Lugar: aparcamento de A Tafona
Este acto está organizado pola Cordinadora Comarcal de Terras do Umia que representa aos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos da comarca (Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas). Ademais, conta coa colaboración do Concello de Caldas de Reis.
Animádevos a asistir e a participar!
8 de abril de 2026
AS VERBAS QUE CONTAN 2026
Un ano máis, o Concello de Barro convoca, a través da OMIX e da Biblioteca Pública o concurso de creación literaria "AS VERBAS QUE CONTAN" no marco da conmemoración das Letras Galegas.
- Prosa (conto ou microrrelato)
- Verso (acróstico, caligrama, haiku ou poema de formato libre).
Recordade que todos os traballos deben ser orixinais, inéditos e en Lingua Galega. Deben seguir as condicións específicas segundo idade e categoría.
A forma de entrega e identificación consiste en:
- Soportes dispoñibles na OMIX e nos centros educativos.
- Identificación segundo o tipo de obra e iniciais da persoa autora (ademais do curso e nº de orde).
Presentación de traballos:
- Podedes participar presentando na Biblioteca do CEIP Amor Ruibal, un conto e/ou poema con data límite o xoves 30 de abril de 2026.
- Máis información e bases completas na sede electrónica do Concello de Barro (apartado de anuncios):https://barro.sedelectronica.gal/preview-document/c5133836-fd1f-4dd2-92c0-7c34e6b08edc/
7 de abril de 2026
DÍA DA SAÚDE 2026
Hoxe, 7 de abril, conmemórase o Día Mundial da Saúde. Este ano sumámonos á OMS (Organización Mundial da Saúde) para reivindicar a importancia da saúde, dos estilos de vida saudable e da asistencia sanitraria universal.
Para iso, desde o Proxecto de Prevención das Conductas Adictivas dos concellos de Barro, Campolameiro, Cuntis, Moraña e Portas convidamos ás familias á lectura do Manifesto do Día Mundial da Saúde que se achega a continuacióin, así como a coñecer a plataforma SANIDADE MEDIAVERSO, plataforma creada pola Consellería de Sanidade co obxectivo de facilitar o acceso da poboación a contidos de saúde (xogos sobre alimentación saudable, vídeos e aplicacións para o fomento da actividade física, benestar emocional así coma xogos e información sobre a prevención das condutas adictivas)
https://sanidademediaverso.sergas.gal
13 de marzo de 2026
8M. DÍA DA MULLER 2026
Este ano, no noso cole conmemoramos o 8M, Día Internacional da Muller, cunha serie de actividades pensadas para reflexionar sobre a igualdade. Ao longo desta semana, realizamos lecturas de biografías de mulleres importantes na historia, creacións plásticas e pequenos debates nas aulas.
Estas actividades permitíronnos aprender, compartir ideas e lembrar que entre todos e todas podemos construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Queredes ver o proceso e os resultados? Que vos parece?
25 de febreiro de 2026
DÍA DE ROSALIA 2026
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha data moi especial, para poñer en valor á nosa escritora máis universal. Para iso, todas as aulas do cole crearon a súa particular Rosalía na que incluiron os versos dos seus poemas. Que vos parece? Coñeciádelos todos?
FIN DO ENTROIDO 2026: VISITA DE "O CORVO DA CORALIA"
No día de hoxe recibimos a Xosé M. Fernández Abraldes, alcalde de Barro, para presentarnos un ano máis á personaxe que representa ao entroido de Barro.
Todo o alumnado do colexio reuniuse no ximnasio para coñecer de primeira man a súa historia. Esta remóntase aos anos sesenta do século pasado e din que no lugar d'O Curuto en Barro, había un corvo moi popular e falador chamado "O corvo de Coralia" que debe o seu nome a súa dona.
Este ano, ademais, varias persoas do noso concello, reuníronse para falar del. Animámosvos a ver o vídeo do perfil do Concello de Barro. Grazas polo marabilloso traballo o das veciñas e veciños!
🎉 🎭 FELIZ ENTROIDO! 🎭 🎉
Moitas grazas pola vosa colaboración!
CORRIDA DO GALO 2026
Por mor das inclemencias do tempo atmosférico, soamente o alumnado de 2º e 3º de Primaria puido desfrutar das xornadas de demostración da "Corrida do galo" organizadas polo Concello de Barro a través da OMIX. O alumnado nas sesións de EF participou neste xogo tradicional que se celebra cada ano nas distintas parroquias do concello.
O xogo consiste en bater, cos ollos tapados, nunha ristra de laranxas bravas ensertadas nunha vara de vimbio ata tiralas todas.
Un magnífico xogo cooperativo!
18 de febreiro de 2026
ENTROIDO DE CÓMIC 2026
Despois dos tres mandadiños, o do xoves nos invitaba a lucir os disfraces relacionados con noso PDI "NovenArte-BD". Por iso, cada nivel/ciclo caracterizouse seguindo esta temática: viñetas, bocadillos, Pitufos, Policán e superheroes e superheroínas. A chuvia non nos impediu facer un pequeno desfile polo pavillón municipal, onde nos sentimos como grandes estrelas da banda deseñada!
O venres, Mimi invitounos a facer un novo desfile polos corredores e estancias do cole no que puidemos ver os orixinais disfraces dos maiores e pequenos/as do cole. Pasámolo xenial!
🎉 🎭 FELIZ ENTROIDO! 🎭 🎉
Moitas grazas pola vosa colaboración!
12 de febreiro de 2026
MANDADIÑOS DE ENTROIDO 2026
Un ano máis, Mimi, a mascota da biblioteca, invitounos a celebrar o Entroido presentando os tradicionais mandadiños que seguimos con tantísima ilusión. Este ano, as primeiras peticións estiveron relacionadas coa forma de vestir de coñecidas personaxes de banda deseñada: Mafalda, Tintín e Snoopy.
Queredes ver o ben que o recreamos? Estade atent@s que haberá máis! 🎭 🎉
9 de febreiro de 2026
OBRADOIRO SAÚDE E FAMILIA
O Concello de Barro a través do Proxecto de Prevención das Condutas adictivas, realizará o martes 24 de febreiro un obradoiro en liña sobre comunicación familiar positiva: "Mellora da convivencia en familias con adolescentes"
Con este obradoiro búscase informar e dar ferramentas ás familias para promover unha maior e mellor comunicación e convivencia familiar a través da cal fomentar hábitos e estilos de vida saudable.
A sesión será realizada en liña por persoal especializado da UNAF (Unión de Asociacións Familiares).
ANIMÁDEVOS!
A vosa presenza é moi importante.
Onde? En liña
Cando? 24 de febreiro de 18:30 a 20:00 hs
Inscrición: Premendo a continuación ou no cartel en "INSCRÍBETE"
Posteriormente recibiredes un enlace de acceso ao obradoiro (Zoom)
1 de febreiro de 2026
DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2026
Con motivo do PDI deste curso "NovenArte-BD", o Día da Paz e da Non Violencia e o Día da Ilustración (30 de xaneiro) centráronse na creación de murais colaborativos a modo de viñetas nas que o alumnado reflexionou sobre a situación que está a vivir o noso planeta.
A través de dúas tiras de Mafalda, iniciouse a reflexión acerca do que lle ocorre e cales son os problemas que está "a sufrir", o que supuxo reflexionar sobre o significado da non violencia, a empatía, a solidariedade, a cooperación, o compañeirismo, a tolerancia...
Como non podía ser doutro xeito, as nenas e os nenos do CEIP Amor Ruibal propuxeron fermosas mensaxes e bos desexos que van facer deste, un mundo moito mellor!
Aquí tedes o resultado do traballo realizado de maneira conxunta por todo o alumnado do centro 😍


































.jpg)
.jpg)
