2 de abril de 2020

ESPAZO ABALAR _ ABALAR MÓBIL

Abalar móbil é unha aplicación da Xunta de Galicia que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet e que permite ás familias consultar a información de calquera das súas fillas e fillos a través destes dispositivos.
A descarga da aplicacion faise desde Apple Store (sistema IOS) ou desde Play Store (dispositivos Android). Sempre estará asociada ao mesmo número de teléfono do pai, nai ou titor@ legal e á mesma clave independentemente do número de dispositivos no que se instale (5 máximo).


A mensaxería de abalarMóbil é unha funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro educativo e as persoas responsables do alumnado.
Para calquera dúbida ou incidencia podedes chamar ao teléfono do centro: 886151996 ou ben polos correos electrónicos:  ceip.amor.ruibal@edu.xunta.es  e  ceipbarro@gmail.com

Un saúdo.

A dirección

2 DE ABRIL

Hoxe conmemoramos dúas datas importantes:

O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, data do nacemento do escritor Hans Cristian Andersen, co obxectivo de despertar o amor e gusto polos libros na xente miúda.

O Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de dalo a coñecer e mellorar a calidade de vida das persoas que o padecen pois no viven no seu mundo, viven no noso.

Deixamos como recomendación nesta data unha proposta interactiva que agardamos vos guste:


Na esquina arriba á dereita tedes un botón que amosa os puntos interactivos. Picade en cada un deles e atoparedes libros, cine, ...

Agardamos que vos guste!

#euquedonacasa

A MAXIA DOS SENTIDOS

Aínda que non estamos no cole, continuamos aprendendo! A semana pasada o alumnado de 5º apuntouse a poñer a proba os seus sentidos e descubriron que... Non sempre din a verdade! Anímaste a comprobalo? 

Aquí vos deixamos como facer os experimentos e algunhas das fotos e comentarios que nos mandaron os nenos e as nenas de 5º.


1 de abril de 2020

SÓNACHE DE ALGO ?

Propoñemos este pequeno xogo...


#euquedonacasa

NOVAS FIESTRAS: QUE CHE GUSTARÍA MIRAR?

Fermosas creacións artísticas da proposta `Novas Fiestras: Que che gustaría mirar dende a túa fiestra?´.

Moitísimas grazas, artistas!!!

Animádevos a participar e xa sabedes que podedes enviar as vosas creacións ao correo ceipbarro@gmail.com para poder compartilas.

Moitísimo ánimo!!!

#euquedonacasa

ARCOS DA VELLA SOLIDARIOS

Recibimos máis arcos da vella solidarios!!! 

Sodes xeniais!!!   

Moitísimas grazas!!!


Lembrade que podedes enviar as vosas creacións ao correo ceipbarro@gmail.com para poder compartilas.

Ánimo e forza, artistas!!!
Bicos e apertas!!!

#euquedonacasa

CREA O TEU XOGO DE LETRAS A MODO DE "SCRABBLE"

O profe Miguel fainos a proposta, neste vídeo explicativo, para a elaboración dun xogo de letras tipo "scrabble" co que podemos pasar momentos moi entretidos ao tempo que practicamos vocabulario e matemáticas.


Se o facedes para xogar en compañía, moitísimo mellor!

#euquedonacasa

31 de marzo de 2020

YOGA FOR KIDS

We are making... Arts & Crafts today. Follow the instructions, print or copy the stencil and make your creations. You can later send a picture. 




  
Hoxe propoñemos facer... Arts!   Segue as instrucións do vídeo, imprime ou copia a plantilla e fai a túa creación. Logo podes enviar un debuxo.
Ademais... 

Como a actividade indica "Yoga for kids"  propoñemos que adoptes a postura do teu recortable e practiques con outras que podes ver no modelo. Seguro que pasaredes un rato entretido facendo exercicio.
Presentamos tamén unha proposta de conto diferente " El cuento de las mariposas", adopta a postura de "salutation seal"  e escoita o conto ao tempo que practicas "Yoga"



Agardamos que vos guste!!

#euquedonacasa

30 de marzo de 2020

TITORIAL DE ACCESO Á AULA VIRTUAL DO AMOR RUIBAL


A plataforma Webs dinámicas da Consellería de Educación permite a cada centro educativo dispor dunha aula virtual. As aulas virtuais son espazos dixitais de traballo que permiten ao profesorado que as usa dispoñer dun espazo web en liña para organizar as súas unidades didácticas, repositorio de contidos e documentos, espazo de intercambio e comunicación entre profesorado e alumnado, e lugar de realización de tarefas por parte do alumnado, etc.

Dadas as circunstancias excepcionais deste período de cuarentena no noso centro poñemos en marcha para todos os niveles do centro esta nova ferramenta educativa. As aulas de Infantil, as titorías de Primaria (desde 1º ata 4º nivel) e o profesorado especialista incorporará paulatinamente as súas propostas de traballo neste espazo.

Non se contempla, en principio, ás titorías de 5º e 6º de Primaria por dispoñer dun espazo propio de traballo no Proxecto EDIXGAL, pero sí deben prestar atención ás especialidades de Música e Relixión/Valores onde terán acceso dentro desta aula virtual nos vindeiros días.

Deixamos aquí o enlace de acceso á aula virtual :



Podedes acceder desde ese enlace, que estará tamén dispoñible nos distintos blogs dos niveis e na páxina web do centro.

Para poder entrar na maioría de "cursos" da aula virtual o alumnado precisa de un usuario e un contrasinal que obligará a cambiar a primeira vez que entrades. No titorial para o acceso con claves de usuario que ofrecemos a continuación tedes toda a información. 
Lédeo co atención, en caso de atopar dúbidas ou problemas de acceso podedes chamar ao número de teléfono do centro 886.151.996 ou escribir ao correo electrónico do centro: ceip.amor.ruibal@edu.xunta.es




Seguimos en contacto 
Un animoso saúdo

#euquedonacasa



29 de marzo de 2020

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Hoxe vos propoñemos un conto popular ruso adaptado ao galego por Eva Mejuto con ilustracións de Sergio Mora, A casa da mosca chosca.


Engadimos tamén esta proposta de actividades a partir deste simpático conto:

  1. No conto a protagonista, a mosca, fai a súa casiña. Imaxinades un país con casiñas de mosca? Debuxádeo!!. Podedes construír un par de casiñas cunhas caixas pequenas…
  2.  A mosca Chosca prepara unha rica merenda para invitar aos seus amigos. Como prepararías ti unha rica merenda para invitar aos teus amigos? Podemos debuxalo, escribilo…ou mellor, preparala e merendar todos os que estades na casa!!
  3. No conto cada visita fai a súa presentación de xeito simpático utilizando a rima, Imaxina que podes ir a merendar coa mosca Chosca, como te presentarías? Fai unha rima simpática co teu nome.
  4. As personaxes do conto son moi simpática, proba a debuxar os sete comensales…despois usarémonos para outra actividade.
  5. Actividades lóxico-matemáticas:
  • Fabrica unha tarta con pezas de construcción, e tenta repartila de xeito equitativo entre sete pratos…
  • Unha vez que a tes repartida, xunta nun mesmo prato a porción doutro prato…Compara as construccións que hai entre o prato que acabas de encher e outro prato que só tiña a porción que repartiches ao principio. Canto hai? O dobre?, e no prato con menos tarta… a metade?
  • A mosca Chosca preparou sete banquetas. Ordea as personaxes que fixeches antes, do primeiro que apareceu ao último. Escribe o ordinal correspondente debaixo.
Un saúdo 

#euquedonacasa.





27 de marzo de 2020

ARCOS DA VELLA SOLIDARIOS

Recibimos máis arcos da vella solidarios!!! 

Sodes xeniais!!!   

Moitísimas grazas!!!


Lembrade que podedes seguir enviando os vosos arcos da vella solidarios ao correo ceipbarro@gmail.com para poder compartilos.

Ánimo e forza, artistas!!!
Bicos e apertas!!!

#euquedonacasa


NOVAS FIESTRAS. QUE CHE GUSTARÍA MIRAR?

As mestras e mestres do centro estivemos ocupados participando con moita ilusión na proposta que agora vos achegamos.
A partir dunha actividade, que xa foi realizada antes nalgún nivel, pensamos en darlle un novo enfoque. Mirade este pequeno vídeo que elaboramos con todo o noso cariño, atendede á pregunta que vos fai MIMI e convidámosvos a participar esta semana con esta nova actividade.




Animádevos e enviade as vosas creacións a : ceipbarro@gmail.com e así poder compartilas.

 #euquedonacasa

ARCOS DA VELLA SOLIDARIOS

Nova entrega de arcos da vella solidarios!!! 

Sodes incribles!!!   

Moitísimas grazas!!!







Lembrade que podedes enviar as vosas creacións ao correo ceipbarro@gmail.com para poder compartilas.

Moitísimo ánimo e forza, artistas!!!
Unha morea de bicos e apertas!!!

#euquedonacasa

26 de marzo de 2020

COELLIÑO BRANCO

Podedes escoitar esta versión do conto e tamén facer as actividades que propón sobre a historia a mestra Belén Junquera neste Libro LIM.
(Se vos da erro igual necesitades descargar Adobe flash no teu ordenador,  Preme aqui para descarga.)

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/coellinho2/coellinho.html

Tamén podedes escoitar e cantar a canción deste popular conto.




Como escoitastes, este é un conto que ten partes rimadas e que dá xeito para botar unhas risas polo tipo de linguaxe que usa.  Algunhas propostas poden ser:
  • Xogamos a inventarlles nomes aos personaxes, seguindo o modelo da “Cabra Cabre-sa”. Podemos buscar nomes graciosos  simplemente, ou nomes que rimen, como o do exemplo.
  • Reinventamos o conto. P ex: “O coelliño fíxose forte e...”,  ”O coelliño púxose de cor... E...”
  • Bailamos imitando o movemento dos animais que saen no conto ou doutros que nos apeteza.
  • Escribimos ou debuxamos os ingredientes do caldo de coles que comeron o coelliño e a formiga. (Tamén podemos  axudar a pápá e a mamá a anotar as cousas que imos usar hoxe para facer a comida)
  • Podemos facer un comic: escoller as escenas que máis nos gustan e anotar algunhas palabras significativas (Mamá, papá, os irmáns... tamén poden axudar)
  • Falamos sobre sentimentos: “Como te sentirías se un día chegases á casa e non pui-deses entrar?”
Un saúdo

#euquedonacasa 


PEQUENOS GRANDES CIENTÍFICOS, cociñando experimentos

Non todo van ser contos...
Hoxe propoñemos a elaboración de experimentos e tamén algunha receita. Para iso podes consultar nestes manuais e ver si podes facer algunha das propostas con materiais que teñas na casa. 
Preme nas imaxes para acceder aos cadernos e demais explicacións.

Importante: Non esquezas pedir axuda a un adulto.

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/blog/cuaderno-experimentos-ninos

https://www.scribd.com/presentation/453344890/Recetario-Divertido

Moito ánimo e ... a explorar!

#euquedonacasa
 

ARCOS DA VELLA SOLIDARIOS

Recibimos máis arcos da vella solidarios!!! 

Sodes xeniais!!!   

Moitísimas grazas!!!




Lembrade que podedes enviar as vosas creacións ao correo ceipbarro@gmail.com para poder compartilas.

Ánimo e forza, artistas!!!
Bicos e apertas!!!

#euquedonacasa

25 de marzo de 2020

ARCOS DA VELLA SOLIDARIOS

Hoxe compartimos outros tres arcos da vella solidarios aportados polo noso alumnado.

Moitísimas grazas!!!


Xa sabedes que podedes enviar as vosas creacións ao correo ceipbarro@gmail.com para poder compartilas.

Moitísimo ánimo, artistas!!!

#euquedonacasa

24 de marzo de 2020