22 de novembro de 2015

Novembro, mes da tradición oral. "IDENTIDADES"


Xustificación do proxecto

 "IDENTIDADES" é o nome do proxecto que con motivo da Semana da Tradición Oral puxo en marcha e dirixe a Biblioteca Pública e no que estamos colaborando xunto co IES de Barro.
Este proxecto trata de recopilar e plasmar nun mapa dun xeito gráfico e textual a localización de parcelas, camiños, ou zonas que non están todavía nos mapas pero que os nosos maiores coñecen e poden contar e trasmitir.
 Se premedes na imaxe superior, accederedes á paxina web.
Sheila e Begoña, monitoras da Biblioteca Pública e responsables do proxecto, viñeron á biblioteca do cole o pasado venres para amosarnos como se está desenvolvendo o proxecto, amosarnos a web e tamén como podemos colaborar.


Na pestana de "INICIO" desta web podemos explorar no mapa e buscar entre as "chinchetas" o nome das distintas parcelas que van introducindo na aplicación e van localizando.
Aparecen tamén en distinta cores aportacións de cursos anteriores coas recopilacións de refráns, ditos, contos ...
Na pestana "COLABORA" ofrece a posibilidade de cubrir direcatmente os datos nunha ficha coa nosa aportación. 
Sheila díxonos que o número da Referencia Catastral que nos piden, só se usa para poder localizar as parcelas no mapa. Non ten uso máis alá que para este fin.

Amosamos algunhas fotografías tomadas durante a súa visita.













Foi moi interesante!    Grazas Sheila!    Grazas Begoña!
E a todos/as  veciños e veciñas de Barro,...    Animádevos a colaborar!!

Un saúdo.
MIMI.