O pasado 21 de xuño tivo lugar no ximnasio do noso centro o acto de Graduación e entrega de orlas ao alumnado de 6º curso de Educación Infantil e de 6º curso de Primaria. Estaban convidad@s pais e nais do alumnado homenaxeado e a pesar da calurosa mañá, o ximnasio estaba "a reventar".
Amenizou o acto a Banda Infantil de Barro dirixida por Manuel Fariña e integrada por alumnado do Amor Ruibal.
A continuación podedes ver os vídeos que recollen as imaxes da entrega de orlas en cada etapa.
Aos máis cativos e cativas,
Disfrutade do verán e ... Vémonos en 1º !!
Boa andaina no instituto a todos e todas que nos deixades !!
30 alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Primaria participaron este ano na campaña "Voluntariado de lectura - A" Este programa é o resultado dunha colaboración entre a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de Cultua, Educación e O.U.) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social)
Durante todo o curso escolar dedicaron algún recreo da semana a realizar distintas tarefas na biblioteca tales como préstamo, etiquetado dos libros, revisar a colocación nos andeles, axudar ao alumnado máis cativo, e a que máis gozan de todas: ler e preparar contos para o alumnado de infantil.
Como recompensa por este traballo o último día de biblioteca disfrutaron dunha xornada de convivencia na que realizaron a pé un tramo do camiño de Santiago que vai desde o noso centro hasta o Parque Natural da Barosa (aprox. 5 Km)
Recollemos nun vídeo as imaxes que resumen este traballo.
Así mesmo a Asesoría de Bibliotecas Escolares fixo chegar ao centro unhas camisetas co emblema da campaña e os diplomas que acreditan a súa participación nela.
Repartímolas na biblioteca e amosamos os collages que recollen o momento da entrega.
Todos e todas lucíronas con orgullo e moi agradecidos e agradecidas polo recoñecemento ao seu traballo.
MOITAS, MOITÍSIMAS GRAZAS POR CUMPLIR O VOSO COMPROMISO!
Hoxe repartíuse no cole a nosa revista escolar "Cousas nosas". Xa tedes nos vosos fogares a versión en papel da mesma.
Deixamos aquí a versión dixitalizada para que a poidades ver e ler a toda cor.
Podedes acceder a esta e ás revistas anteriores a través do blog de lecturas e produccións propias, do que tedes enlace na barra da dereita si premedes na imaxe da revista "Cousas Nosas" ou ben premendo no enlace a continuación.
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras da biblioteca para este verán. Unha ampla variedade de títulos para que gocedes cun libro durante as vacacións.
O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria desplazouse a Outeiro de Rei para coñecer "in situ" os lugares máis representativos da infancia de Manuel María e que tan fermosamente plasmou nos seus poemas.
Desde a "Casa Museo Manuel María" Fran Rei (responsable de actividades) e Antón Laxe ("amigo da casa" e o noso guía) prepararon para nós un roteiro para coñecer os arredores da "Casa das hortas" que o poeta ten moi presentes nos seus versos. En cada unha das paradas nós acompañamos coas cantigas dos seus poemas ou coa lectura de outros alusivos ao lugar.
Mirade o vídeo que recolle esta visita que para nós foi moi entrañable.
Para máis información sigue lendo no blog do 3º ciclo premendo no seguinte enlace:
Para conmemorar esta data no colexio, e dado que o autor homenaxeado este ano tiña abundante produción literaria asequible e axeitada para o noso alumnado, decidimos organizar un festival. que chamamos "Arredor das Letras" por celebrarse en datas próximas ao Día das Letras Galegas e que tivo lugar o pasado 20 de maio na nave da Escola-Taller, grazas á colaboración do Concello.
Para a súa organización contactamos con Manuel Fariña e coa Banda Xuvenil de Barro (que colabora frecuentemente con nós) para pedirlles nos acompañasen musicalmente nalgún poema de Manuel María.
Aceptaron gustosos a participación e ofrecéronse a interpretar algúns temas: "Piratas del caribe" banda sonora da película homónima e o pasodobre "Martiñika" de Roxelio Groba baixo a dirección de Alberto Busto.
Decidíuse interpretar conxuntamente o poema de Manuel María "O carro" musicado por Mero Iglesias grazas aos arranxos para banda feitos por Adrián Silva Magdalena. Foi o noso fin de festa.
No colexio aprendimos ademais outros poemas de Manuel María cos que traballamos nas aulas e que logo cantamos no festival.
Coa profe Claudia argallamos coreografías e aprendimos as cancións deses poemas que están recollidas no libro-disco "Canta o cuco" musicado por Uxía Senlle e Magín Blanco: "A roda - roda", "A dorna", "O cuco", "A vaca", "O lar" e "A cidade".
O alumnado de 5º e 6º curso cantou ademais "Galicia" poema musicado por Suso Vaamonde.
@s compañeir@s do IES sumáronse á celebración e prepararon dous poemas de Manuel María "A fala" e "Idioma meu" que eles mesmos musicaron baixo a coordinación de Miro, o seu profe de música. A presentación do festival correu ao seu cargo e foron dous ex-alumnos do noso centro, Martín e Brais os encargados de dar paso a cada actuación.
A continuación ofrecemos dous vídeos que preparamos, un cun resume das actuacións e outro con alguhnas imaxes da festa.
O alumnado de 5º e 6º curso (Axudantes de Biblioteca) foi o encargado de dar comenzo ao proxecto "Menuda Bichería". Fixérono co contacontos que prepararon no 1º trimestre "Un bicho raro" tal como contamos no seu día.
Nas aulas investigaron cunha webquest preparada a tal fin e titulada "Un becho raro", crearon o "Museo de bechos raros" e deixaron tanto en versión dixital como en papel un "Inventario de bichos raros", incluso crearon uns xogos para a biblio .....
Podedes mirar todos os seus traballos no blog do Terceiro ciclo, premendo no enlace:
Con este título desenvolveu o alumnado de Educación Infantil o seu proxecto. Este curso investigaron sobre as características e curiosidades dos insectos.
Fixeron tamén, coa colaboración das familias, unha escolma de textos de tradición oral relacionados cos "bichos" (ditos, refráns, adiviñas, ... Si premedes no seguinte enlace podedes seguir os materiais que elaboraron.
Aquí amosamos o primeiro vídeo no que resumimos a exposición que fixeron os rapaces e rapazas das clases de 5 anos do que aprenderon na biblioteca do colexio.
Presentamos os vídeos da exposición do alumnado de infantil das aulas de 3 e 4 anos.
O alumnado de 3 anos falounos dos ourizos e dos caracois, bichiños dos que aprenderon unha chea de cousas.Gustoulles coller o micro e contarllo aos seus compañeiros e compañeiras.
Mirade que ben o fixeron!
O alumnado de 4 anos presentou unha escolam de refráns, ditos e cantigas que recopilaron ao longo do proxecto.
Este é o título que escolleron para o proxecto "Menuda Bichería!" na clase de 4ºnivel de Primaria. Desenvolvérono principalmente desde a área de Lingua e crearon un libro de pistas do que nos informan no seu blog.
Estes "bichos" ou "seres" da ficción foron os escollidos por 3º curso para a súa investigación.
Investigaron, debuxaron e crearon un libro sobre o que aprenderon. Expuxeron uns grandes murais no corredor de dirección e agasallaron á biblioteca cunhas orixinais cortinas.
Todo esto está recollido no blog do ciclo, premede no enlace para seguilo.
Esta foi a investigación que desenvolveron os máis pequenos da Primaria. O alumnado de 1º e 2º curso investigou sobre diversos peixes, algúns deles do noso litoral, e tamén grandes animais mariños. Ademais crearon o seu acuario para a exposición.
O alumnado de 2º tamén elaborou un libro con textos de diversa tipoloxía con estes animais (receitas, acrósticos, adiviñas, ...)
Podedes mirar todas as súas actividades no blog do Primeiro Ciclo, premendo na imaxe.
A continuación amosamos un vídeo no que se resume a exposición e presentación dos traballos que fixeron na Biblioteca do cole.
Na mañá do luns día 30 de maio tivo lugar o acto de entrega do VIII Premio MIMI que realizamos como ven sendo habitual no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Barro.
Daniel Moreiras, Iván Capón e María Portero son os integrantes da produtora independente "Páramo Pictures" gañadora deste ano. Daniel e Iván estiveron con nós para recoller o trofeo e moi gustosos interpretaron algúns dos famosos temas que versionaron ao galego "ao seu xeito". No escenario estiveron acompañados polo alumnado de 5º curso e responsable deste proxecto ano tras ano.
Amosamos o vídeo a continuación que resume o acto.
Aquí tedes tamén unha presentación de imaxes que tomamos con eles despois da súa actuación.
Non podía faltar nesta entrada o enlace ao blog do 3º ciclo. Ahí tedes toda a información que nos facilita o alumnado de 5º curso do desenvolvemento deste apaixoante proxecto. Botade unha ollada premendo na imaxe.
Como sabedes "MENUDA BICHERÍA" é o proxecto que estamos a desenvolver no centro ao longo deste curso escolar.
As tarefas desenvolvidas foron moi variadas e os distintos niveis agrupáronse para ler, crear textos variados, investigar, ... sempre dentro da temática elexida.
Así Educación Infantil investigou sobre "BICHOS" e a proposta literaria unha recollida de textos de tradición oral (ditos, refráns, adiviñas, ...) sobre os mesmos.
O alumnado de 1º e 2º curso preferíu afondar nos mares e a súa proposta é a de "BICHERÍA DO MAR" desde os peixes máis comúns das nosas costas aos xigantes mariños.
En 3º nivel escolleron investigar e aprender sobre a mitoloxía e o seu proxecto baseouse nos "SERES MITOLÓXICOS"
Pola contra en 4º nivel decantáronse polo mundo do cine, televisión e vídeo-xogo, así o seu proxecto foi para explorar sobre "BICHERÍA AUDIOVISUAL"
Os maiores do cole, 5º e 6º curso decidiron indagar nas rarezas de certos animais e así investigar "BICHOS RAROS"
Resumimos o resultado nesta imaxe que será coa que poidades enlazar na marxe dereita do blog para acceder á documentación que vaiamos achegando de aquí a final do curso.
O pasado venres día 20 de maio o alcalde de Barro, Sr. Abraldes, estivo na biblioteca do noso colexio para facer entrega ao alumnado de Educación Infantil dos agasallos pola participación no concurso de contos: "Cóntame un conto veciño"
Estivo acompañado de Pili, a encargada da Biblioteca Pública e OMIX do concello.
Deron grazas a todos, alumnado e profesorado pola participación neste concurso e entregaron a un representante de cada clase (@ encargad@ do día) o agasallo correspondiente.
Agasalláronnos tamén coa presenza da contacontos "Cristina De Caldas" que fixo rir e gozar a tod@s cos seus contos.
Amosamos un vídeo no que se resume o acontecido nesta actividade.
Un ano máis convocamos desde a Biblioteca do centro e en colaboración co ENDL o concurso de portadas para a nosa revista escolar "Cousas Nosas"
Esta vez pedimos a colaboración das familias para a súa realización na casa. Lede as bases que aparecen publicadas no vídeo que amosamos a continuación.
Animádevos a participar!
A gañadora será portada deste ano
e as finalistas de cada ciclo aparecerán na contraportada.
O pasado luns día 16 de maio tivo lugar no noso centro esta actividade que tanto éxito tivera na edición anterior.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Primaria escolleu un libro, ben entre os da súa casa ou ben da nosa biblioteca, para contárllelo aos seus compañeiros ou acompañeiras máis cativos.
Na hora de ler dese día @s peques estaban agardando impacientes a que chegasen os seus padriños e madriñas para lerlles un conto.
Podedes ver o ben que resultou a actividade si mirades o vídeo que preparamos.
Resultou unha xornada entrañable, daba gusto escoitar os murmurios e o seu goce cos contos.
Unha das actividades que fixemos para celebrar o Día do libro foi a da visita á Biblioteca Públca do concello. Alí Pili e máis Ana tiñan preparados para nós un contacontos.
Gozamos coa historia de "O Grúfalo" escrito por Julia Donaldson e "A vaca que puxo un ovo" de Andy Cutbill , ambos publicados pola editorial Patasdepeixe.
Resolto o concurso de contos convocado polos concellos de Barro e Portas "Cóntame un conto veciño" ofrecemos información do mesmo chegada ao noso centro pola organización.
Os gañadores do noso centro son os seguintes:
Do 1º curso de Primaria, Finalista:
Anxo Couso Alba co relato :
"O val máxico"
Do 3º curso de Primaria, Finalista:
Aitor Fernández Castro co relato: "Os cinco piratas do capitán"
Do 6º curso de Primaria, Mención especial: Elia Puddu Sanmartín co relato: "Cámbiome de escola"
Na categoría adultos, Gañador: Francisco J. Casal Fernández
co relato "A misión"
Elia e Fran deberán ler os seus contos e recoller o seu agasallo no acto que se vai celebrar no auditorio da Azucreira de Portas este domingo día 15 ás 19:15 horas.
Anxo e Aitor recollerán o seu premio e lerán os seus relatos o vindeiro luns, día 16, no acto que se celebrará no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Barro ás 19:00 horas.
O pasado venres día 6 de Maio tivo lugar na Azucreira de Portas a VII edición da Festa da Lingua. Esta celebración está organizada pola Coordinadora Comarcal "Terras do Umia" e reúne nesta data a tódolos centros integrantes para facer entrega dos premios aos gañadores dos concursos convocados por esta Coordinadora: "Concurso de microtextos" e "Son do Umia"
O alumnado de 4º curso foi o seleccionado este ano para acudir a este acto e acompañar á súa compañeira de nivel, Sara Casalderrey Magdalena por ser a vencedora na categoría B2 (3º e 4º curso de Primaria) no apartado de micropoemas.
O seu micropoema:
As babosas andan despacio
non apuran nin un pouquiño,
andan a devagar
e máis non poden apurar.
Nesta convocatoria tamén foi merecedor de premio no noso centro, o micropoema da categoría E (profesorado, persoal non docente e familias) presentado por Rafael Ruibal, o noso director.
O seu micropoema:
Como as pingas de choiva cando escampa
como o silencio ao pe dos beizos
como se fai un diamante
devagar.
Este ano ademais o noso centro aportou unha actuación musical á Festa.
O
alumnado de 4º curso interpretou e coreografiou un poema de Manuel
María musicado por Uxía Senlle e Maxín Blanco " A vaca". A fotografía
amosa un momento da actución.
Foi unha xornada moi intensa, e o fixeron moi, pero que moi ben.