Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía na Biblioteca do centro cun animado recital poético, que contou coa participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria.
A meirande parte dos poemas eran creacións propias do alumnado coas que participan no concurso convocado pola Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega `Terras do Umia´. Todas, do máis orixinal; algunhas, emotivas e outras, divertidas.
Bravísimo, poetas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario