Amosando publicacións coa etiqueta Dinamización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dinamización. Amosar todas as publicacións

23 de xuño de 2026

GRADUACIÓNS 2026

O pasado martes celebramos os actos de Graduación e Entrega de Orlas ao alumnado que neste curso 2025/26 rematou as etapas de Infantil e Primaria.

O primeiro acto, ás 10:30 horas, foi para o alumnado de Infantil. Contaron coa compañía dos seus compañeiros e compañeiras de etapa ademais de familiares.  

Despois de mirar un emotivo vídeo no que recordaron a seu paso por esta etapa, as persoas titoras fixeron entrega da Orla conmemorativa.







Con vestimentas das súas "personaxes de conto" favoritas, quixeron agasallar ás persoas asistentes cantando e bailando unha fermosa coreografía ao ritmo de "De ellos aprendí" de David Rees, canción coa que rematou o acto.


 

Ás 12:30 hs comenzou o acto de Primaria no que recibiron de man das súas titoras un diploma e a Orla conmemorativa.

 

  



Despedíronse cantando unha versión adaptada ás súas alegrías, medos, inquedanzas... da coñecida "Superestrella" de Aitana.



Moitísimos Parabéns!!

Boa andaina na nova etapa!!

Feliz Verán!! 



16 de xuño de 2026

A MAXIA NA CIENCIA

Este luns, o alumnado do CEIP Amor Ruibal participou nunha actividade, organizada pola Biblioteca Pública e o Concello de Barro, na que puideron descubrir fenómenos sorprendentes dun xeito práctico e participativo. Durante a sesión, observaron reaccións químicas, mesturas de substancias e experimentos relacionados coa presión, a aerodinámica... Cada demostración estivo acompañada de explicacións adaptadas á súa idade, favorecendo a comprensión dos conceptos científicos e espertando o seu interese por coñecer mellor o mundo que os rodea.


Sen dúbida, foi unha xornada moi enriquecedora que nos deixa con moitas ganas de seguir explorando e aprendendo. Graciñas á OMIX e ao Concello de Barro pola iniciativa!


1 de xuño de 2026

DÍA MUNDIAL SEN TABACO

 

 Cada ano, o 31 de maio, conmemórase o Día Mundial Sen Tabaco. Con tal motivo, e no marco do Proxecto de Prevención de Condutas Aditivas dos Concellos de Barro, Campolameiro, Cuntis, Moraña e Portas, queremos sumarnos á Organización Mundial da Saúde (OMS), co fin de resaltar os riscos do tabaquismo, para reducir o inicio no seu consumo e fomentar o abandono entre as persoas fumadoras.

O lema e o manifesto deste ano 2026, céntrase en desvelar as tácticas empregadas pola industria tabaqueira para facer que os seus nocivos produtos sexan máis atractivos:

"Desenmascarar o seu atractivo para contrarrestar 

a adicción á nicotina e ao tabaco"


 




21 de maio de 2026

XVII PREMIO MIMI

A semana pasada, o alumando de 5º de Primaria presentaron na Biblioteca ante todo o alumnado e profesorado as candidaturas recibidas este ano para o XViI Premio MIMI. Este premio, que concede o noso centro, busca homenaxear a persoas ou entidades usan, defenden e dan difusión á Lngua Galega nos ámbitos da cultura.



Este ano, as candidaturas recibidas foron as seguintes:

  1. Kiko da Silva
  2. Polo Correo do Vento
  3. Ledicia Costas
  4. Fina Casalderrey
  5. Xosé A. Touriñán
  6. Pepe Carreiro 

Despois das presentacións, tivo lugar unha intensa xornada electoral na que alumnado e profesorado emitíu o seu voto. Unha vez rematado o escrutinio, o alumnado de 5º procedeu á lectura en voz alta da acta co número de votos acadado por cada candidatura anunciando que a gañadora resultou ser:

                                       Xosé A. Touriñán

 Moitíííííísimos parabéns!  

Graciñas a todas as persoas e entidades colaboradoras que, ano tras ano, ofrecedes as vosas aportacións e apoio para manter vivo este fermosísimo proxecto!!


19 de maio de 2026

FESTA DA LINGUA 2026

No marco da celebración das Letras Galegas, O venres 15 de maio, o alumnado de 1º, 5º e 6º acudiu á Tafona de Caldas de Reis para asistir á Festa da Lingua. Nela gozamos de recitados de micropoemas e microrelatos, espectáculos musicais e monólogos en directo na nosa fermosa lingua.

O momentazo estelar chegou coa actuación de "The Rapants" que amenizaron unha xornada na que celebramos todas e todos xuntos o Día das Letras Galegas! Cantaron varias cancións coas que conseguiron vencer á chuvia e facer bailar a todos os asistentes (mesmo houbo unha mención especial aos nenos e ás nenas de Barro polo que estaban gozando).



Encantounos a experiencia e oxalá a poidamos repetila moitas veces máis! 

Como non, debemos dar as grazas ao Concello de Caldas e á Secretaría de Política Lingüística por patrocinar o evento e, como non podía ser doutro xeito, ao Concello de Barro por facer posible que puidésemos acudir de forma gratuíta! Graciñas a todas polo voso bo facer! 

💙🤍 Viva a nosa lingua! Viva a Lingua Galega! 💙🤍

LETRAS GALEGAS 2026

Nesta semana do 11 ao 17 de maio, o alumnado do CEIP Amor Ruibal conmemorou a Semana das Letras Galegas. Este ano, dedicado á escritora Begoña Caamaño

Realizáronse multitude de actividades, aquí vai un resumo!!!



9 de maio de 2026

DÍA DE EUROPA 2026

Cada 9 de maio celebramos o Día de Europa para lembrar a Declaración de Schuman de 1.950, na que o ministro francés Robert Schuman deu os primeiros pasos para crear unha Europa unida. Con tal motivo, as alumnas e alumnos de 6º de Primaria crearon un fermoso mural cos principais símbolos europeos e os valores básicos para unha convivencia pacífica.

O mural quedou exposto no ximnasio e serviu de telón de fondo para os dous marabillosos concertos que estas mozas e mozos ofreceron a todo o alumnado e profesorado do centro. Interpretaron o Himno de Europa, que é o Himno da Alegría de Beethoven, con xilófonos, metalófonos, carillóns, teclado, frauta, clarinetes, saxofón, fagot, peitoque e acordeón. 

Fixérono xenial!!!

 E recibiron moitos e merecidos aplausos!!!

FELIZ DÍA DE EUROPA!!!


2 de maio de 2026

2 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o acoso escolar. O Departamento de Orientación, en colaboración cos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, elaborou unha guía con interesantes propostas lectoras e audiovisuais para traballar valores como a tolerancia, a inclusión, o respecto, a empatía... e previr condutas contrarias á convivencia.  

 

Ademais, gustaríanos recordarvos que o "Punto Laranxa" está dispoñible tanto en formato físico como na páxina web do centro.

Propostas lectoras para o "Día contra o acoso escolar"

  • Orejas de mariposa, Luisa Aguilar.
  • Invisible, Eloy Moreno.
  • Wonder, R.J. Palacio.
  • Y luego ganas tú, varios autores.
  • Elmer y el gran pájaro, David McKee.
  • A banda dos insectos, Celtia Figueiras e Iago Araujo.


Propostas audiovisuais para o "Día contra o acoso escolar"

8 de abril de 2026

AS VERBAS QUE CONTAN 2026

Un ano máis, o Concello de Barro convoca, a través da OMIX e da Biblioteca Pública o concurso de creación literaria "AS VERBAS QUE CONTAN" no marco da conmemoración das Letras Galegas.

verbas que contan 2026


As modalidades de participación segundo o tipo de texto son: 

  • Prosa (conto ou microrrelato)
  • Verso (acróstico, caligrama, haiku ou poema de formato libre).

Recordade que todos os traballos deben ser orixinais, inéditos e en Lingua Galega. Deben seguir as condicións específicas segundo idade e categoría.

A forma de entrega e identificación consiste en:

  • Soportes dispoñibles na OMIX e nos centros educativos.
  • Identificación segundo o tipo de obra e iniciais da persoa autora (ademais do curso e nº de orde).

Presentación de traballos:


📕Animádevos a participar! 📕

7 de abril de 2026

DÍA DA SAÚDE 2026

 Hoxe, 7 de abril, conmemórase o Día Mundial da Saúde. Este ano sumámonos á OMS (Organización Mundial da Saúde) para reivindicar a importancia da saúde, dos estilos de vida saudable e da asistencia sanitraria universal. 


Para iso, desde o Proxecto de Prevención das Conductas Adictivas dos concellos de Barro, Campolameiro, Cuntis, Moraña e Portas convidamos ás familias á lectura do Manifesto do Día Mundial da Saúde que se achega a continuacióin, así como a coñecer a plataforma SANIDADE MEDIAVERSO, plataforma creada pola Consellería de Sanidade co obxectivo de facilitar o acceso da poboación a contidos de saúde (xogos sobre alimentación saudable, vídeos e aplicacións para o fomento da actividade física, benestar emocional así coma xogos  e información sobre a prevención das condutas adictivas)


https://sanidademediaverso.sergas.gal


22 de decembro de 2025

FESTA DE FIN DE ANO 2025

O último día lectivo deste ano 2025 quixemos celebralo por todo o alto! Para iso, alumnado e profesorado reunímonos no ximnasio do cole para gozar dun programa especial no que recollemos as mellores vivencias deste ano que remata proximamente. A continuación, provistos de ricos "gusanitos" e ao son das doce badaladas, celebramos a entrada anticipada do 2026.

O alumnado de Educación Infantil, abriu o Baile de Fin de Ano con dúas pezas musiciais que invitaron a maiores e pequenos/as a cantar e bailar. Queredes ver o ben que o pasamos? Preme no vídeo!

Felices festas e Feliz Ano 2026!!

 

20 de decembro de 2025

RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL

O Concello de Barro vén de publicar a resolución do Concurso de Felicitacións de Nadal, que contou un ano máis cunha grandísima participación.


As postais gañadoras de alumnado do noso centro son:


Categoría B - 1º e 2º de Primaria:

Gañadora:
 
 
Alma Segade Méndez  (2º A)
 

Finalistas:   

Saúl Ucha Tilve  (2º A)

 

 Martina Güimil Babarro  (1º A) 

 

 Vega Fontán Ríos  (1º A) 

 

Categoría C - 3º e 4º de Primaria:

 Gañadora:

 Iria Castro Oubiña  (4º A) 

 

 Finalistas:  

 Eileen Chan Rincón  (3º A)

 

 Carla Fontán Ríos  (4º A)

 

 Carla Chamadoira Franco  (3º A) 


Categoría D - 5º e 6º de Primaria: 

Gañadora:

 Sara Landín Castiñeira  (6º A) 

 

 Finalistas:

 Letizia Maquieira Carballal  (6º A)

 

 Lara Fernández Cancela  (6º B)

 

 Teo Orge Ferreiro  (6º A) 

 

 Categoría G (equipo):

 Gañadora:

  

Pablo Catro Oubiña  (5º A)  e  Elisa Oubiña Romero  (nai )

 

 Finalista: 

 Martín Naveiro Ramos (5º A)  e  Sandra Ramos Pereira  (nai )


Moitísimos Parabéns!!!

Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!!!



A entrega de agasallos terá lugar despois da Cabalgata de Reis, 

o día 5 de xaneiro na Nave da Música.


MOI BOAS FESTAS!!!

FELIZ  ANINOVO 2026!!!


10 de decembro de 2025

XXV CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Un ano máis ven de facerse pública a convocatoria do tradicional Concurso de Tarxetas de felicitación no Nadal do Concello de Barro no que habitualmente colaboramos.

 


PRAZOS

  • A data límite de entrega no centro será o luns, 15 de decembro de 2025. 
  • As entregas na OMIX serán antes do 17 de decembro, ás 14:00 horas.


CATEGORÍAS:

  • Categoría A: Infantil (só para os centros escolares, recibirán un pequeno detalle por participar)
  • Categoría B: 1º e 2º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría C: 3º e 4º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría D: 5º e 6º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría E: 1º e 2º da ESO (traballo individual)
  • Categoría F: 3º e 4º da ESO (traballo individual)
  • Categoría G: En equipo, que pode estar formado por nenos e familiares ou amizades, cun máximo de tres persoas.

 

PARTICIPANTES: 

Cada participante poderá entregar un máximo de dúas postais. 

 

 PRESENTACIÓN: (No formato facilitado polo Concello)

  • TAMAÑO: Medio folio DIN-A4 podendo ser en blanco e negro ou en cor.
  • TEMA: Un mundo mellor (solidariedade, respecto, tolerancia e empatía) .
  • IDIOMA: Empregarase o galego.


Bases completas no tablón de anuncios da sede electrónica do Concello de Barro:

https://barro.sedelectronica.gal/preview-document/8dc4a371-f1e5-4c8b-aa68-3d6fd85f76c0/ 

Animádevos a participar!

 

26 de setembro de 2025

CONCERTO INICIO CURSO ESCOLAR

O noso alumnado de Primaria gozou hoxe do tradicional concerto didáctico de inicio do curso escolar a cargo da Banda - Escola de Música de Barro. As nenas e nenos escoitaron con moita atención, cantaron e tiveron a grandísima oportunidade de probar os instrumentos. 

Pasárono xenial!!!

Moitísimas grazas!!!












Canto talento musical hai en Barro!!!

Moitísimos Parabéns!!!


23 de xuño de 2025

GRADUACIÓN 2025

 O pasado martes celebramos os actos de Graduación e Entrega de Orlas ao alumnado que neste curso 2024/25 rematou as etapas de Infantil e Primaria.

O primeiro acto, ás 10:00 horas, foi para o alumnado de Infantil. Contaron coa compañía dos seus compañeiros e compañeiras de etapa ademais de familiares.  


 Despois de mirar un emotivo vídeo no que recordaron a seu paso por esta etapa, comezaron bailando con moito ritmo a canción "Greased lightning" que prepararon con moita ilusión. A continuación recibiron cadansúa Orla e posaron coas súas mestras.

 


Ás 12:30 hs comenzou o acto de Primaria no que recibiron de man das súas titoras un diploma e a Orla conmemorativa. 

 

  

  

  

 


A continuación Yaniri Domínguez, Alba Fontenla, Iria Martiñán e Sabela Carrera en representación das súas compañeiras e compañeiros falaron do seu paso polo centro e tiveron unhas palabras de agarimo e recordo para o profesorado.


 

Despedíronse cantando "Flipante!", unha orixinal e divertida versión do afamado tema da película Grease: "Greased Lightning"

 

Moitísimos Parabéns!!

Boa andaina na nova etapa!!

Feliz Verán!!